Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (España): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios + cda
Liña 109: Liña 109:


=== Ministros de Asuntos Exteriores e de Cooperación ===
=== Ministros de Asuntos Exteriores e de Cooperación ===
{{Desactualizado}}

* '''VIII Lexislatura (2004 - 2008)'''
* '''VIII Lexislatura (2004 - 2008)'''
** ([[2004]] - [[2008]]): [[Miguel Ángel Moratinos]] ([[PSOE]])
** ([[2004]] - [[2008]]): [[Miguel Ángel Moratinos]] ([[PSOE]])
Liña 117: Liña 117:
* '''X Lexislatura (2011 - )'''
* '''X Lexislatura (2011 - )'''
** ([[2011]] - ): [[José Manuel García-Margallo]] ([[PP]])
** ([[2011]] - ): [[José Manuel García-Margallo]] ([[PP]])
* '''XI Lexislatura (2016)'''
** ([[2016]]):
* '''XII Lexislatura (2016 - 2018)'''
** ([[2016]] - [[2018]])


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 1 de xuño de 2018 ás 18:36

Pazo de Santa Cruz, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:

  • Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España.
  • Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais.
  • Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España.
  • Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería.
  • Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.

Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECI) e do Instituto Cervantes.

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España é, en xaneiro de 2012, José Manuel García-Margallo.

Estrutura orgánica (xaneiro de 2012)

Órganos superiores

Os órganos superiores do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, dependentes directamente do ministro son[1]:

  • Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e de Cooperación
  • Secretaría de Estado para a Unión Europea
  • Secretaría de Estado para Iberoamérica
  • Subsecretaría de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Estrutura orgánica básica

A estrutura orgánica básica[1] é: (en cursiva indícanse os organismos autónomos)

Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación: José Manuel García-Margallo.

Lista cronolóxica dos ministros de Asuntos Exteriores de España

Ministros de Estado

Ministros de Asuntos Exteriores

Ministros de Asuntos Exteriores e de Cooperación

Notas

  1. 1,0 1,1 Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas