Ana Palacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Palacio
Ana Palacio 2004 (cropped).jpg
Nome completoAna Isabel de Palacio y del Valle Lersundi
Nacemento22 de xullo de 1948
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica, diplomática e avogada
PaiLuis María de Palacio y Palacio
NaiLuisa Mariana del Valle-Lersundi y del Valle
IrmánsLoyola de Palacio
PremiosMedalla da Orde do mérito constitucional
Na rede
IMDB: nm1775845 Twitter: anapalacio Dialnet: 1617743 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ana Isabel de Palacio y del Valle Lersundi, nada en Madrid o 22 de xullo de 1948, é unha política española que desempeñou o cargo de ministra de Asuntos Exteriores do Goberno de España entre 2002 e 2004. Foi tamén deputada no Parlamento Europeo (1994-2002) e no Congreso dos Deputados (2004-2006), electa dentro das listas do Partido Popular (PP).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Filla de Luis María de Palacio y de Palacio, marqués de Matonte, e de Luisa del Valle Lersundi, é a segunda de sete irmáns (entre eles Loyola de Palacio).[1] Licenciada en socioloxía, ciencias políticas e dereito, en 1981 foi profesora da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid (UCM). En 1984 incorporouse á Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) ata que en 1992 pasou a realizar tarefas docentes en universidades privadas.

Desde 1994 a 2002 foi deputada no Parlamento Europeo polas listas do Partido Popular (PP).

Ministra[editar | editar a fonte]

Palacio xunto a Donald Rumsfeld (xaneiro de 2004)

En 2002 foi nomeada ministra de Asuntos Exteriores. Como ministra tivo o problema da illa Perejil de 2002, conflito que mantivo os embaixadores de España e de Marrocos retirados das súas sedes durante dous anos.

No Consello de Seguridad das Nacións Unidas mantivo as posicións do goberno de España, próximas á política levada a cabo polos Estados Unidos e o Reino Unido, en particular sobre a invasión de Iraq de 2003.

Cesou como ministra en abril de 2004 coa formación dun novo goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero tralas elecciones xerais de marzo de 2004.

Actividade posterior[editar | editar a fonte]

Elixida deputada por Toledo en 2004, renunciou ao seu escano en 2006. O 16 de xuño de 2006 foi nomeada vicepresidenta do Banco Mundial e avogada xeral polo entón presidente. Presentou a renuncia ao cargo o 4 de marzo de 2008, que foi efectiva o 15 de abril seguinte, segundo anunciou o presidente Bob Zoellick, nun comunicado interno.[2][3]

En marzo de 2008 abandonou o seu posto no Banco Mundial e posteriormente, en xuño do mesmo ano, foi nomeada vicepresidenta do grupo público francés de tecnoloxía nuclear Areva.[4] Por Real Decreto 562/2012, de 23 de marzo, foi nomeada conselleira electiva do Consello de Estado, cargo do que tomou posesión o 12 de abril de 2012.[5] Permaneceu no Consello de Estado ata o seu cesamento por expiración de mandato en outubro de 2018.[6]

En 2014, foi representante do ex primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]