Miguel Ángel Moratinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Ángel Moratinos
Miguel Ángel Moratinos Cuyaubé
Datos persoais
Nacemento8 de xuño de 1951
 Madrid
OrganizaciónPartido Socialista Obrero Español
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Lycée Français de Madrid
ProfesiónDiplomático
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Moratinos Cuyaubé, nado en Madrid o 8 de xuño de 1951, é un político e diplomático español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras estudar no Liceo Francés de Madrid, licenciouse en Dereito e en Ciencias Políticas. Fala español, francés, inglés, ruso e serbio. Ingresou na carreira diplomática, traballando no Ministerio de Asuntos Exteriores desde 1974 a 1979 como Director para Europa do Leste. Despois estivo destinado na Embaixada de España en Iugoslavia ata 1984, desde onde pasou á de Marrocos ata 1987, momento no que foi nomeado Subdirector Xeral para África do Norte. En 1991 dirixe o Instituto para a Cooperación co Mundo Árabe, converténdose nun especialista en Oriente Próximo, moi respectado tanto por árabes como por israelís,[Cómpre referencia] sendo nomeado Director Xeral de Política Exterior para África Subsahariana e Oriente Medio en 1993, e trala chegada do PP, Embaixador en Israel en 1996 ata que ese mesmo ano, a Unión Europea lle confiou a alta representación da mesma no proceso de paz árabe-israelí, cargo que desenvolveu ata 2003.

En 2004 foi elixido Deputado ó Congreso polo PSOE e foi nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero, Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España, sendo unha das súas primeiras misións a retirada española da Guerra de Iraq, o que lle causa suspicacias co goberno dos Estados Unidos de América.[Cómpre referencia] Cesou do seu posto como ministro en outubro de 2010, ao ser substituído por Trinidad Jiménez.

No 2007 Moratinos foi o Presidente da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.

Distincións[editar | editar a fonte]

Entre as honras máis destacadas que recibiu encóntranse as de:


Predecesor:
Ana Palacio
 
Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España
 
2004 - 2010
Sucesor:
Trinidad Jiménez