En España, a Administración Estatal ou Administración central é unha das tres administracións territoriais do Estado, que exerce as competencias do artigo 149.1 da Constitución española de 1978 sobre todo o Estado Español.
O seu ámbito territorial é, por tanto, todo o territorio nacional.
O seu ámbito competencial exclusivo ven definido positivamente polo citado artigo 149.1 da constitución:
1ª) A regulación das condicións básicas que garantan a igualdade de todos os españois no exercicio dos dereitos e no cumprimento dos deberes constitucionais.
6ª) Lexislación mercantil, penal e penitenciaria; lexislación procesual, sen prexuízo das necesarias especialidades que nesta orde se deriven das particularidades do dereito substantivo das Comunidades Autónomas.
7ª) Lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das Comunidades Autónomas.
8ª) Lexislación civil, sen prexuízo da conservación, modificación e desenvolvemento polas Comunidades Autónomas dos dereitos civís, forais ou especiais, alí onde existan. En todo caso, as regras relativas á aplicación e eficacia das normas xurídicas, relacións xurídico-civís relativas ás formas de matrimonio, ordenación dos rexistros e instrumentos públicos, bases das obrigacións contractuais, normas para resolver os conflitos de leis e determinación das fontes do dereito, con respecto, neste último caso, ás normas de dereito foral ou especial.
15ª) Fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica.
16ª) Sanidade exterior. Bases e coordinación xeral da sanidade. Lexislación sobre produtos farmacéuticos.
17ª) Lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da execución dos seus servizos polas Comunidades Autónomas.
18ª) As bases do réxime xurídico das Administracións públicas e do réxime estatutario dos funcionarios que, en todo caso, garantirán aos administrados un tratamento común ante elas; o procedemento administrativo común, sen prexuízo das especialidades derivadas da organización propia das Comunidades Autónomas; lexislación sobre expropiación forzosa; lexislación básica sobre contratos e concesións administrativas e o sistema de responsabilidade de todas as Administracións públicas.
19ª) Pesca marítima, sen prexuízo das competencias que na ordenación do sector se atribúan ás Comunidades Autónomas.
20ª) Mariña mercante e abandeiramento de buques; iluminación de costas e sinais marítimas; portos de interese xeral; aeroportos de interese xeral; control do espazo aéreo, tránsito e transporte aéreo, servizo meteorolóxico e matriculación de aeronaves.
21ª) Ferrocarrís e transportes terrestres que transcorran polo territorio de máis dunha Comunidade Autónoma; réxime xeral de comunicacións; tráfico e circulación de vehículos a motor; correos e telecomunicacións; cables aéreos, submarinos e radiocomunicación.
22ª) A lexislación, ordenación e concesión de recursos e aproveitamentos hidráulicos cando as augas discorran por máis dunha Comunidade Autónoma, e a autorización das instalacións eléctricas cando o seu aproveitamento afecte a outra Comunidade ou o transporte de enerxía saia do seu ámbito territorial.
23ª) Lexislación básica sobre protección do medio ambiente, sen prexuízo das facultades das Comunidades Autónomas de establecer normas adicionais de protección. A lexislación básica sobre montes, aproveitamentos forestais e vías pecuarias.
24ª) Obras públicas de interese xeral ou cuxa realización afecte a máis dunha Comunidade Autónoma.
25ª) Bases do réxime mineiro e enerxético.
26ª) Réxime de produción, comercio, tenza e uso de armas e explosivos.
27ª) Normas básicas do réxime de prensa, radio e televisión e, en xeral, de todos os medios de comunicación social, sen prexuízo das facultades que no seu desenvolvemento e execución correspondan ás Comunidades Autónomas.
28ª) Defensa do patrimonio cultural, artístico e monumental español contra a exportación e a espoliación; museos, bibliotecas e arquivos de titularidade estatal, sen prexuízo da súa xestión por parte das Comunidades Autónomas.
29ª) Seguridade pública, sen prexuízo da posibilidade de creación de policías polas Comunidades Autónomas na forma que se estableza nos respectivos Estatutos no marco do que dispoña unha lei orgánica.
30ª) Regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución, a fin de garantir o cumprimento das obrigacións dos poderes públicos nesta materia.