Avalon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos}}{{Sen referencias}}
{{Outros homónimos}}{{Sen referencias}}
[[Ficheiro:Burne-Jones Last Sleep of Arthur in Avalon v2.jpg|miniatura|dereita|520px|"O último soño de Artur en Avalon". [[Edward Burne-Jones]].]]
[[Ficheiro:Burne-Jones Last Sleep of Arthur in Avalon v2.jpg|miniatura|dereita|520px|"O último soño de Artur en Avalon". [[Edward Burne-Jones]].]]
'''Avalon''' é o nome dunha illa lendaria da [[mitoloxía celta]] nalgún lugar das [[illas Británicas]]<ref name="Manwaring2008">{{Cita libro|autor=Kevan Manwaring|título=Lost islands: inventing Avalon, destroying Eden|url=http://books.google.cat/books?id=vF8qAQAAIAAJ&q=Avalon+island&dq=Avalon+island&hl=ca&sa=X&ei=rhkRUeyUIMSLhQeC8oDADQ&ved=0CDQQ6AEwAA|dataacceso= 5 de febreiro de 2013|data= maio de 2008|editorial=Heart of Albion|isbn=978-1-905646-07-4}}</ref> onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas [[Morgana]]. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta ''abala'', mazá.
'''Avalon''' (en {{lang-la|Insula Avallonis}}, en francés antigo ''Avalon'', en {{lang-cy|Ynys Afallon, Ynys Afallach}}; que quere dicir literalmente "a illa das froiteiras [or maceiras]") é o nome dunha illa lendaria da [[mitoloxía celta]] nalgún lugar das [[illas Británicas]]<ref name="Manwaring2008">{{Cita libro|autor=Kevan Manwaring|título=Lost islands: inventing Avalon, destroying Eden|url=http://books.google.cat/books?id=vF8qAQAAIAAJ&q=Avalon+island&dq=Avalon+island&hl=ca&sa=X&ei=rhkRUeyUIMSLhQeC8oDADQ&ved=0CDQQ6AEwAA|dataacceso= 5 de febreiro de 2013|data= maio de 2008|editorial=Heart of Albion|isbn=978-1-905646-07-4}}</ref> onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas [[Morgana]]. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta ''abala'', mazá.


Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta ''[[Annwyn]]'' ou ''[[Annuvin]]'', que designa o lendario reino das [[fada]]s, pero, xa no século XII, [[Geoffrey de Monmouth]] pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na [[lingua bretoa]], mazá dise ''aval'', e en [[lingua galesa]] dise ''afal'' (coa pronunciación do "f" como "v").
Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta ''[[Annwyn]]'' ou ''[[Annuvin]]'', que designa o lendario reino das [[fada]]s, pero, xa no século XII, [[Geoffrey de Monmouth]] pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na [[lingua bretoa]], mazá dise ''aval'', e en [[lingua galesa]] dise ''afal'' (coa pronunciación do "f" como "v").

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2018 ás 09:46

"O último soño de Artur en Avalon". Edward Burne-Jones.

Avalon (en latín: Insula Avallonis, en francés antigo Avalon, en galés: Ynys Afallon, Ynys Afallach; que quere dicir literalmente "a illa das froiteiras [or maceiras]") é o nome dunha illa lendaria da mitoloxía celta nalgún lugar das illas Británicas[1] onde, segundo a lenda, as maciñeiras dan saborosas froitas durante todo o ano e habitan nove raíñas fadas, entre elas Morgana. O mesmo nome do lugar derivaría da palabra celta abala, mazá.

Dise que a palabra Ávalon é unha adaptación da palabra celta Annwyn ou Annuvin, que designa o lendario reino das fadas, pero, xa no século XII, Geoffrey de Monmouth pensaba que o nome deriva da tradución de "illa das mazás". Isto é moi probábel, debido a que, na lingua bretoa, mazá dise aval, e en lingua galesa dise afal (coa pronunciación do "f" como "v").

Avalon tamén foi chamada Ynys Witrin, que significa Illa de Cristal.

Localización

A lenda sitúa Avalon nalgún lugar non especificado das Illas británicas, aínda que xa a principios do século XI algunhas das tradicións artúricas indican que este lugar pode estar situado en Glastonbury, onde antes de que a zona da chaira de Somerset fose dragada, existía un outeiro (Glastonbury Tor) que se elevaba como unha illa no medio dos pantanos. Segundo o cronista medieval Giraldus de Cambrai, durante o reinado de Henrique II, o abade Hernry de Blois patrocinou unha busca na zona, o cal levou ao descubrimento dun enorme ataúde de carballo cunha inscrición que rezaba Hic iacet sepultus inclitus rex Arthurus in insula Avalonia. ("Aquí, na illa de Avalón, xace o Rei Artur"). De Cambrai conta como os restos foron trasladados nunha gran cerimonia á que asistiron o Rei Eduardo I e a súa consorte, e, segundo el, agora estarían no altar maior da abadía de Glastonbury, sitio que se converteu nun foco de peregrinación até a reforma anglicana.

En calquera caso, actualmente considérase que a asociación de Glastonbury e Avalón é unha fraude. Os motivos son varios, entre eles a propia inscrición, que parecería máis adecuada ao estilo do século X, moi lonxe dos séculos V e VI nos cales presuntamente Artur viviu e morreu. Ademais, non existen referencias contemporáneas ao descubrimento, feito que non podería ter pasado desapercibido. Todo isto fai pensar que a historia foi creada pola mesma abadía para aumentar a súa reputación.

Algúns estudosos das lendas artúricas situaron Avalon na Ile Aval, na costa da Bretaña, mentres que outros situárona en Burgh-by-Sands, en Cumberland, xunto á muralla de Hadriano, onde se levantou o forte romano de Aballava, e outros máis cerca de Camboglanna, no que agora se chama Castlesteads.

Notas

  1. Kevan Manwaring (maio de 2008). Lost islands: inventing Avalon, destroying Eden. Heart of Albion. ISBN 978-1-905646-07-4. Consultado o 5 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas