Cuenca, España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q15098
Liña 38: Liña 38:
'''Cuenca''' é unha [[cidade]] de [[España]], pertencente á [[comunidade autónoma]] de [[Castela-A Mancha]]. É a capital da [[provincia de Cuenca]] e está situada na confluencia dos ríos [[Río Xúcar|Xúcar]] e [[río Huécar|Huécar]], que forman profundos canóns. En [[2008]] a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de [[Castela-A Mancha]].
'''Cuenca''' é unha [[cidade]] de [[España]], pertencente á [[comunidade autónoma]] de [[Castela-A Mancha]]. É a capital da [[provincia de Cuenca]] e está situada na confluencia dos ríos [[Río Xúcar|Xúcar]] e [[río Huécar|Huécar]], que forman profundos canóns. En [[2008]] a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de [[Castela-A Mancha]].


[[Ficheiro:Cuenca Catedral de Cuenca.jpg|miniatura|dereita|277px|Catedral de Cuenca]]
[[Ficheiro:A Black and White Photo of the Cuenca Cathedral in Spain.jpeg|miniatura|dereita|277px|Catedral de Cuenca]]


== Xeografía ==
== Xeografía ==
Liña 69: Liña 71:


== Lugares de interese ==
== Lugares de interese ==

[[Ficheiro:Cuenca Catedral de Cuenca.jpg|miniatura|dereita|250px|Catedral de Cuenca]]
A parte amurallada de Cuenca foi declarada [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]]. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:
A parte amurallada de Cuenca foi declarada [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[UNESCO]]. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:
* [[Catedral de Cuenca|Catedral]],
* [[Catedral de Cuenca|Catedral]],

Revisión como estaba o 3 de abril de 2013 ás 18:25

Coordenadas: 40°4′N 2°9′O / 40.067, -2.150 Modelo:Cidade


Cuenca é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.

Catedral de Cuenca
Catedral de Cuenca

Xeografía

Localización

Panorámica de Cuenca, ponte de San Pablo, Casas Colgadas e Catedral.

A cidade divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a cidade antiga, situada sobre un cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao Norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, desembocando este último no primeiro na parte baixa da cidade antiga, pouco antes do chamado Ponte de San Antón. Ao Oeste e Sur da cidade antiga, e separada polo río Huécar, esténdese a cidade nova en dirección Norte-Sur. A altitude da cidade oscila entre os 920 metros da cidade nova e os pouco máis de 1.000 da parte máis alta da cidade antiga.

Casa do Século XV en Cuenca.

Clima

Climograma de Cuenca
Climograma de Cuenca

O clima de Cuenca é mediterráneo continental, con temperaturas frías no inverno e suaves no verán, cunha importante oscilación térmica diaria durante todo o ano, máis acusada nos meses de máis calor. As precipitacións son máis abundantes que na súa contorna debida á orografía montañosa da Serranía de Cuenca, polo que se superan os 500 mm. presentando un mínimo de choivas nos meses de verán.

Observatorio de Cuenca[1]
1971?2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 9,4 11,4 14,2 15,7 20,1 25,9 30,7 30,3 25,5 18,6 13,1 10,0 18,8
Temp. mínima (°C) -0,7 0,2 1,7 3,9 7,6 11,7 14,7 14,8 11,3 6,8 2,7 0,7 6,3
Precipitacións (mm) 45 41 32 56 60 44 15 17 37 53 49 58 507

As marcas de temperatura rexistrados no Observatorio de Cuenca son os 39,6° do 30 de xullo de 1981 e os -17,8° do 3 de xaneiro de 1971.

Historia

Non se coñece con precisión a orixe histórica da cidade. No século IX d.C., existía unha fortaleza árabe, denominada Conca, e dependente do emirato de Valencia, xa na época dos reinos taifas, e que, posteriormente pasou ao poder do rei sevillano Al-Maramit. Logo caeu dentro do dominio almorábide. Foi tomada por Afonso VIII en 1177. Foi Afonso X « o Sabio » quen concedeu o título de cidade a Cuenca.

Durante a Guerra de Independencia española foi asediada e saqueada polas tropas francesas; sorte que tamén correu durante a Terceira Guerra Carlista en 1874.

Lugares de interese

A parte amurallada de Cuenca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade:

Entre os varios edificios relixiosos pódense salientar: o Seminario - a igrexa de San Pedro - ruínas da Igrexa de San Pantaleón - ruínas do castelo co Arco de Bezudo - Convento de San Pablo, hoxe Parador nacional - igrexa de Santa Cruz - igrexa de San Felipe Neri - igrexa de San Andrés - igrexa do Salvador - igrexa de San Antón - igrexa de San Nicolás.

Festas

  • Festas de San Mateo, do 18 ao 21 de setembro (declarada de interese turístico rexional). Son as festas que rememoran a conquista de Cuenca por Afonso VIII de Castela. Nestes días as penas enchen as rúas de casco antigo da cidade de colorido, música e a tradicional "zurra", unha bebida feita a base de viño, froitas e outros segredos. Tamén corren vaquillas na Praza Maior.
  • Semana Santa de Cuenca[2][3], declarada de Interese Turístico Internacional.
  • Feira e festas de San Xián, a finais de agosto.

Cidades irmás

Notas

Ligazóns externas

Modelo:Link FA