Río Huécar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Huécar
El Huécar en Cuenca.JPG
O Huécar en Cuenca
País España
Nacemento Palomera (Cuenca)
Lonxitude 15 km
Desembocadura Río Xúcar

O Huécar é un pequeno río do leste de España, afluente do río Xúcar. Ten unha lonxitude de 15 km polos concellos de Palomera, Buenache de la Sierra e Cuenca, todos eles na provincia de Cuenca, en Castela-A Mancha.

Percorrido e caudal[editar | editar a fonte]

Ao seu paso pola cidade de Cuenca e practicamente ao longo de todo o seu curso formou a chamada Foz do Huécar, garganta duns 100 metros de profundidade sobre a que se sitúan as Casas Colgadas. A principios do século XX provocou varios desbordamentos, polo que a mediados deste se procedeu a canalizar o seu último quilómetro, xa que é o que discorre dentro da cidade de Cuenca.

A súa última enchente importante tivo lugar en 1972, inundando as hortas próximas á capital. Dende o inverno de 1994 a 1995, cando se tivo que activar a alerta por posible desbordamento das súas augas, non volveu ameazar con superar a devandita canle, chegando mesmo a producirse unha acusada estiaxe nos meses de verán. É por isto que para manter con auga o seu percorrido urbano fose utilizado un túnel escavado en rocha calcaria e que cruza baixo o casco histórico da cidade para transvasar auga dende o río Xúcar, ao cal a devolve na súa desembocadura un quilómetro máis adiante. O túnel verte as augas mediante unha fervenza aritificial situada baixo as Casas Colgadas. En 2009 permaneceu seco, exceptuando o tramo mantido artificialmente, dende finais de primavera ata os últimos días do ano. En 2010 mantívose con auga durante todo o verán, algo que non sucedía dende había máis dun lustro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]