Auschwitz-Birkenau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: als:KZ Auschwitz-Birkenau
m r2.7.3) (Bot: Engado: gv:Sleih-champ Auschwitz
Liña 170: Liña 170:
[[fur:Auschwitz]]
[[fur:Auschwitz]]
[[fy:Auschwitz]]
[[fy:Auschwitz]]
[[gv:Sleih-champ Auschwitz]]
[[he:אושוויץ]]
[[he:אושוויץ]]
[[hr:Sabirni logor Auschwitz]]
[[hr:Sabirni logor Auschwitz]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2013 ás 08:11

Entrada para Auschwitz II (Birkenau), o campamento de exterminación principal. Foto de 2002.

Auschwitz-Birkenau (en alemán De-Konzentrationslager Auschwitz.ogg Konzentrationslager Auschwitz-Birkenau , en polaco Oswiecim-Brezinka) é o nome dun grupo de campos de concentración localizados no sur de Polonia, símbolos do Holocausto perpetrado polo nazismo. A partir de 1940 o goberno alemán comandado por Adolf Hitler construíu varios campos de concentración e un campo de exterminio nesta área, na Polonia daquela ocupada. Houbo tres campos principais e trinta e nove campos auxiliares, converténdoo no maior campo de concentración dos nazis.

Os campos localizábanse no territorio dos municipios de Auschwitz e Birkenau, versións en lingua alemá para os nomes polacos de Oświęcim e Brzezinka, respectivamente. Esta área dista cerca de sesenta quilómetros da cidade de Cracovia, capital da rexión da Pequena Polonia.

En 1979, Auschwitz foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Os tres campos principais:

Forno crematorio
  • Auschwitz I - Campo de concentración orixinal que servía de centro administrativo para todo o complexo. Neste campo morreron preto de 70.000 intelectuais polacos e prisioneiros de guerra soviéticos.
  • Auschwitz II (Birkenau) - Era un campo de exterminio onde morreron aproximadamente un millón de xudeus e preto de 19.000 xitanos.
  • Auschwitz III (Monowitz) - Foi utilizado como campo de traballo escravo para a empresa IG Farben.

O número total de mortes producidas en Auschwitz-Birkenau está aínda en debate, mais se estima que entre un millón e un millón e medio de persoas morreron alí.

Historia

Vista aérea

A Alemaña nazi construíu a partir de 1940 varios campos de concentración e un campo de exterminio en Auschwitz, que, do mesmo xeito que todos os demais campos de concentración, estaban dirixidos pola Schutzstaffel (SS) comandada por Heinrich Himmler. Os comandantes do campo foron Rudolf Höß (ás veces escrito "Hoess") até o verán de 1943, ao que lle seguiron Artur Leibehenschel e Richard Baer.

Höß deu unha descrición detallada do funcionamento do campo durante o seu interrogatorio nos Xuízos de Nuremberg, detalles que complementou na súa autobiografía. Höß foi executado en 1947 en fronte da entrada ao crematorio de Auschwitz I.

O 17 de xaneiro de 1945 o persoal nazi iniciou a evacuación de Auschwitz. A maioría dos prisioneiros deberon marchar cara ao oeste. Aqueles demasiado febles para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros foron liberados polo exército Vermello o 27 de xaneiro de 1945.

Durante os anos de operación do campo, preto de 700 prisioneiros intentaron escapar do campo, dos cales 300 tiveron éxito. A pena aplicada por intento de fuga era, xeralmente, a morte por inanición. Xeralmente, as familias dos escapados eran arrestadas e internadas en Auschwitz para ser exhibidas como advertencia a outros prisioneiros.

Auschwitz I

Artigo principal: Auschwitz I.
Entrada de Auschwitz I: Arbeit macht frei ("o traballo liberta")
Auschwitz I. Foto tirada no 2001.

Auschwitz I foi o centro administrativo de todo o complexo. Foi aberto o 20 de maio de 1940, a partir de barracas de ladrillo do exército polaco. Os primeiros prisioneiros do campo foron 728 prisioneiros políticos polacos de Tarnów. Inicialmente, o campo foi utilizado para internar membros da resistencia e intelectuais poloneses, mais adiante levaron alí tamén prisioneiros de guerra da Unión Soviética, prisioneiros comúns alemáns, elementos anti-sociais e homosexuais. Do primeiro momento chegaron tamén prisioneiros xudeus. Xeralmente o campo albergaba entre trece e dezaseis mil prisioneiros, alcanzando a cantidade de vinte mil en 1942.

A entrada de Auschwitz I tiña (e aínda hoxe as ten) as palabras "Arbeit macht frei" (o traballo liberta). Os prisioneiros do campo saían a traballar durante o día para as construcións do campo con música de marcha tocada por unha orquestra.

As SS xeralmente seleccionaban prisioneiros, chamados kapos, para supervisar o resto. Todos os prisioneiros do campo realizaban traballos e, excepto nas fábricas de armas, o domingo se reservaba para limpeza con duchas e non había traballo. As fortes condicións de traballo unido á desnutrición e pouca hixiene facían que a taxa de mortalidade entre os prisioneiros fora moi grande.

O bloque 11 de Auschwitz I era a prisión dentro da prisión e alí se aplicábanse os castigos. Algúns deles consistían no confinamento por varios días nunha cela moi pequena para sentarse. Outros eran executados, pendurados ou deixados morrer de fame.

En setembro de 1941, a SS realizaron no bloque 11 as probas do gas Zyklon B nas que morreron 850 prisioneiros polacos e rusos. As probas foron consideradas un éxitos e en consecuencia construíronse unha cámara de gas e un crematorio. Esta cámara de gas foi utilizada entre 1941 e 1942 para logo ser convertida nun refuxio anti-aéreo.

A primeira muller chegou ao campo o 26 de marzo de 1942. Entre abril de 1943 e maio de 1944 se levaron a cabo experimentos de esterilización sobre mulleres xudías no bloque 10 de Auschwitz I. O obxectivo era o desenvolvemento dun método sinxelo que funcionase cunha simple inxección para ser utilizado coa poboación eslava. O doutor Josef Mengele experimentou con xemelgos neste mesmo complexo. Cando un prisioneiro non se recuperaba rapidamente, xeralmente era executado aplicándolle unha inxección letal de fenol.

O campo bordel, creado no verán de 1943 por ordes de Himmler, estaba localizado no bloque 24 e se utilizaba para premiar os prisioneiros privilexiados. Os gardas seleccionaban prisioneiras para este campo, mais tamén aceptaban voluntarias atraídas polas mellores condicións alimenticias.

Auschwitz II (Birkenau)

Campo de concentración de Auschwitz-Birkenau en 2001.

Auschwitz II (Birkenau) é o campo que a maior parte das persoas coñece como Auschwitz. Alí se encerraron centenas de millares de xudeus e alí tamén se executaron mais dun millón de xudeus e xitanos.

O campo está localizado en Brzezinka (Birkenau), a 3 km de Auschwitz I. A construción se iniciou en 1941 como parte da Endlösung der Judenfrage (solución final). O campo tiña unha extensión de 2,5 km por 2 km e estaba dividido en varias seccións, cada unha delas separadas en campos. Os campos, como todo o complexo enteiro estaban cercados e rodeados de arame farpados e cercas eléctricas (algúns prisioneiros utilizaron o cerco eléctrico para se suicidar). O campo albergou até 100.000 prisioneiros en momentos dados.

O obxectivo principal do campo, non era de manter prisioneiros como forza traballadora (como era o caso de Auschwitz I e III) senón o seu exterminio. Para cumprir con este obxectivo, equipouse o campo con catro crematorios con cámaras de gas. Cada cámara de gas podía recibir até 2.500 prisioneiros por quenda. O exterminio a grande escala comezou na primavera de 1942.


Zyklon B

A maioría dos prisioneiros chegaba ao campo por tren, com frecuencia despois dunha terrible viaxe en vagóns de carga que duraba varios días. A partir de 1944 estendeuse a liña do tren para que chegase directamente ao campo. Algunhas veces, ao chegar o tren, os prisioneiros eran pasados directamente para as cámaras de gas. Noutras ocasións, os nazis seleccionaban algúns prisioneiros para supervisión de Josef Mengele, para ser enviados a campos de traballo, ou para realizar experimentos. Xeralmente os meniños, os anciáns e os doentes eran enviados directamente para as cámaras de gas.

Cando un prisioneiro pasaba a selección inicial, era enviado a pasar un período de corentena e logo lle atribuían unha tarefa ou era enviado a traballar nalgún dos campos de traballo anexos.

Aqueles que eran seleccionados para exterminación eran enviados a un dos grandes complexos de cámaras de gas/crematorio para os extremos do campo. Dous dos crematorios (Krema II e Krema III) tiñan instalacións subterráneas, unha sala para espir e unha cámara de gas con capacidade para millares de persoas. Para evitar o pánico, informábase ás vítimas que recibirían alí unha ducha e un tratamento desinfectante. A cámara de gas inclusive tiña tubulacións para duchas, aínda que nunca foron conectadas co servizo de auga. Ordenábase ás vítimas que se espisen e deixasen os seus enseres no vestiario, onde supostamente as poderían recuperar ao final do tratamento, de maneira que debían recordar o número da localización das súas pertenzas. Unha vez selada a entrada, descargábase o axente tóxico Zyklon B polas aberturas no teito. As cámaras de gas nos crematorios IV e V tiñan instalacións na superficie e o Zyklon B se introducía por xanelas especiais nas paredes. Logo, despois de mortos, os corpos eran levados a unha sala de fornos anexa por prisioneiros seleccionados, chamados Sonderkommando, onde eran incinerados.

Alemaña invadiu Hungría en marzo de 1944; entre maio e xullo de 1944, preto de 438.000 xudeus da Hungría foron deportados para Auschwitz-Birkenau e a maioría foron executados alí. Había días nos que os fornos non daban abasto e se tiñan que queimar os corpos en fogueiras ao ar libre.

Famílias enteiras de xitanos foron encerrados nunha sección especial do campo. Foron pasados polas cámaras de gas en xullo de 1944, e o 10 de outubro dese ano se procedeu á exterminación dos nenos xitanos restantes en Birkenau.

O 7 de outubro de 1944, os Sonderkommandos xudeus, que eran mantidos afastados do restante dos prisioneiros e que traballaban na operación das cámaras de gas e fornos crematorios, organizaron un levantamento. As prisioneiras conseguiran extraer explosivos dunha fábrica de armas e os utilizaron para destruír parcialmente o crematorio IV e tratar de escapar na confusión. Os 250 prisioneiros foron capturados e inmediatamente executados.

Visión de Auschwitz no inverno.

Auschwitz III e os campos subalternos

Artigo principal: Monowitz.

Os campos subalternos de traballo instalados no complexo de Auschwitz estaban estreitamente relacionados coa industria alemá, principalmente nas áreas militar, metalúrxica e mineira. O maior campo de traballo era Auschwitz III Monowitz, que iniciou as súas operacións en maio de 1942. Este campo estaba asociado coa empresa IG Farben e producía combustibles líquidos e goma sintética. A intervalos regulares, facíanse revisións sanitarias por parte do persoal médico de Auschwitz II, a fin de enviar enfermos e febles ás cámaras de gas de Birkenau.

Mulleres en Auschwitz

As primeiras prisioneiras así como as primeiras vixiantes chegaron ao campo en marzo de 1942 trasladadas do campo de Ravensbrück de Alemaña. O campo feminino foi mudado a Auschwitz-Birkenau en outubro de 1942, e María Mendel foi nomeada xefe da vixiancia. Preto dun total de 1.000 homes e 200 mulleres da SS serviron como supervisores en todo o complexo de Auschwitz.


O coñecemento dos aliados

Dende 1940, Witold Pilecki, un soldado da Armia Krajowa (organización de resistencia polaca á ocupación nazi) foi voluntario para ser levado como prisioneiro a Auschwitz e obtivo unha considerable cantidade de información que foi levada a Varsovia e de alí a Londres. Por outra banda, os aliados tiñan información aérea detallada dos campos dende maio de 1944. Dous prisioneiros fuxidos (Rudolph Vrba e Alfred Wetzler) reuniran descricións precisas e mapas que chegaron aos aliados durante o verán de 1944. O 13 de setembro de 1944, bombardeiros dos Estados Unidos atacaron a fábrica de Buna Werke asociada con Auschwitz III, destruíndoa parcialmente.

Evacuación e liberación

As cámaras de gas de Birkenau foron destruídas polos nazis en novembro de 1944 coa intención de esconder as actividades do campo das tropas soviéticas. O 17 de xaneiro de 1945 os nazis iniciaron unha evacuación do campo. A maioría dos prisioneiros deberían partir para o oeste. Aqueles moi fracos para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros (ou 3.000 segundo outras fontes) pesando entre 23 e 35 kg, foron liberados polo Exército Vermello o 27 de xaneiro de 1945.

Algúns prisioneiros coñecidos

Criminais de guerra

Preto de 6.500 membros das SS serviron en Auschwitz realizando pequenas ou grandes tarefas co obxectivo de lograr a solución final ao problema xudeu. A maioría deles sobreviviron á guerra. Coas primeiras prisioneiras, chegaron tamén as primeiras vixiantes ao campo en marzo de 1942 trasladadas desde o campo de Ravensbruck en Alemaña. O campo feminino foi mudado a Auschwitz-Birkenau en outubro de 1942, e María Mendel foi nomeada xefa de vixilancia. Preto dun total de 1.000 homes e 200 mulleres das SS serviron como supervisores de vixilancia en todo o complexo de Auschwitz. De entre todos os funcionarios, soamente 750 foron levados a xuízo, case todos en relación con crimes contra a poboación polaca.

Negacionismo

Ruínas de Auschwitz. Fai parte do patrimonio da humanidade.

Dende a fin da Segunda Guerra Mundial houbo intentos por negar o propósito dos campos de exterminio ou a súa magnitude. Afirmouse que sería imposible queimar un tal número de corpos ou que as instalacións que poden ser visitadas na actualidade foron reconstruídas logo da guerra para que estivesen en concordancia co que se contou sobre Auschwitz dende o final do conflito.

En 2005, Oskar Gröning, un ex-funcionario nazi, decidiu dar testemuño. Gröning foi membro das mocidades Hitlerianas, de alí pasou a ser membro do partido nazi e máis tarde enrolouse nas Waffen SS á idade de 20 anos. Logo de dous anos de traballo administrativo para as SS, foi asignado a Auschwitz en 1942. Inicialmente Gröning cría que este era un campo de concentración normal, pero inmediatamente observou, como parte da súa inducción ao traballo do campo, a chegada dun primeiro convoi de prisioneiros, a selección por parte do persoal médico das SS, onde só o 20% dos recentemente chegados foi escollido para traballar nos campos. Os enfermos eran transportados por camilleiros que utilizaban os símbolos da Cruz Vermella para dar unha ilusión de normalidade. Logo acompañou ao grupo que levou aos non seleccionados para o traballo e aos enfermos até as cámaras de gas, disfrazadas como duchas e finalmente presenciou a queima dos corpos nos fornos crematorios e a organización dos bens para a súa posterior clasificación. Gröning solicitou ser transferido a unha unidade de combate, pero os seus servizos como persoal administrativo eran requiridos alí, de maneira que pasou preto de dous anos levando as contas dos bens recuperados das pertenzas dos prisioneiros, axudado polo abundante alcol dispoñible no campo. Ao final da guerra foi feito prisioneiro (estivo en cautiverio até 1948) pero omitiu mencionar o seu período en Auschwitz nos interrogatorios. Anos despois saíu a relucir o seu pasado, pero nunca se formularon cargos na súa contra.

Notas

  • Y. Gutman and M. Berenbaum, eds., Anatomy of the Auschwitz Death Camp, Indiana University Press, 1994, ISBN 0-253-32684-2, reprinted in 1998, ISBN 0-253-20884-X
  • Konstanty Piekarski, Escaping Hell: the Story of a Polish Underground Officer in Auschwitz and Buchenwald, Dundurn Press Ltd., 1990. ISBN 1-55002-071-4.
  • Jadwiga Bezwinska, Danuta Czech, Amidst a Nightmare of Crime: Manuscripts of Prisoners in Crematorium Squads Found at Auschwitz, Fertig, Howard, Incorporated, 1992, ISBN 0-86527-404-5
  • Jozef Garlinski, Fighting Auschwitz: The Resistance Movement in the Concentration Camp, Fawcett, 1975, ISBN 0-449-22599-2, reprinted by Time Life Education, 1993, ISBN 0-8094-8925-2
  • John Castle, The Password Is Courage , Souvenir Press Ltd, 1954, ISBN B0000CIZDC, reprinted in 2001, ISBN 0-285-63587-5
  • John Wiernicki, War in the Shadow of Auschwitz: Memoirs of a Polish Resistance Fighter and Survivor of the Death Camps, Syracuse University Press, 2001, ISBN 0-8156-0722-9
  • Tadeusz Debski, A Battlefield of Ideas: Nazi Concentration Camps and Their Polish Prisoners , Columbia University Press 2002, ISBN 0-88033-478-9
  • Inside the Concentration Camps, Praeger Paperbac, 1996, ISBN 0-275-95447-1
  • Otto Friedrich, The Kingdom of Auschwitz : 1940-1945, Perennial, 1994, ISBN 0-06-097640-3
  • Antoni Jakubski, Organizacja Niemieckich Obozów Koncentracyjnych [ORGANIZATION OF GERMAN CONCENTRATION CAMPS], Niepodleglosc (Independence) vol. III/1948, Pilsudski’ Institute, NY 1948- pp. 173-217)
  • Dziura-Dziurski, Major, Freedom Fighter, Dewar, Portland, Australia 1983,
  • Nyiszli, M.Dr., A Doctor's Eywitness Account, Arcade, NY 1993,
  • J. Ptakowski, Oświęcim bez cenzury i bez legend, [Auschwitz without censorship and legends], NY 1985
  • Kalendarium - Kalenndarz Wydarzen w KL Auschwitz, PMO, 1992
  • Art Spiegelman, Maus: A Survivor's Tale, Pantheon Books, Random House, Inc. NY 1973.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA