Sonderkommando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonderkommandos xudeus ó carón dunha máquina trituradora de ósos.

Os Sonderkommandos foron unidades de traballo formadas polos prisioneiros dos campos de exterminio da Alemaña nazi. Estaban compostas por prisioneiros, polo xeral xudeus, que foron forzados baixo ameaza de morte, a axudar na eliminación das vítimas das cámaras de gas durante o Holocausto.[1][2] Os Sonderkommandos dos campos de exterminio, que foron sempre reclusos, non deben ser confundidos cos SS-Sonderkommandos que foron unidades ad hoc formadas por membros das SS entre 1938 e 1945.

O termo en alemán quere dicir "unidade especial", e forma parte da vaga e eufemista linguaxe que os nazis empregaron para facer referencia ós aspectos da Solución final.

Traballo, condicións de vida e morte[editar | editar a fonte]

Crematorio de Dachau, o primeiro campo de concentración creado en 1933, Alemaña.

Os membros do Sonderkommando non participaron directamente no asasinato de prisioneiros, esa responsabilidade estaba reservada ós gardas. A principal responsabilidade dos Sonderkommandos era facerse cargo dos corpos.[3] Na maioría dos casos foron escollidos inmediatamente despois de chegar ó campamento e foron forzados baixo ameaza de morte. Non se lles daba aviso previo das tarefas que terían que realizar. Para o seu horror, ás veces os Sonderkommando descubrían membros da súa propia familia no medio dos corpos.[4] Non tiñan xeito de negarse ou rexeitar o traballo a non ser co suicidio.[5] Nalgúns lugares e ambientes, os Sonderkommandos poden ser chamados eufemisticamente como Arbeitsjuden (xudeus de traballo).[6] Noutros tempos, Sonderkommandos foron chamados Hilflinge (axudantes).[7] En Birkenau, os Sonderkommandos acadaron as 400 persoas polo ano 1943, e cando os xudeus húngaros foron deportados alí en 1944, o seu número medrou até as 900 persons para dar acollida ás crecentes roldas de asasinato e exterminio.[8]

Por mor de que os alemáns precisaban que mantivesen a súa capacidade física para o traballo, outorgáronselles condicións de vida moito menos sórdidas que outros reclusos: durmían no seus propios cuarteis e permitíaselles conservar e usar diversos bens como comida, menciñas e tabaco traídos ó campamento polos que eran enviados ás cámaras de gas. A diferenza dos reclusos ordinarios, non eran normalmente sometidos a matanzas arbitrarias e aleatorias polos gardas. O seu sustento e utilidade viñan determinados pola eficiencia coa que podían manter en funcionamento a fábrica da morte nazi.[9] As a result, Sonderkommando members tended to survive longer than other inmates of the death camps — but few survived the war.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Friedländer (2009). Nazi Germany and the Jews, 1933-1945, pp. 355-356.
  2. Shirer (1990). The Rise and Fall of the Third Reich, p. 970.
  3. Sofsky 1996, p. 267.
  4. Sofsky 1996, p. 269.
  5. Sofsky 1996, p. 271.
  6. Sofsky 1996, p. 283.
  7. Michael & Doerr (2002). Nazi-Deutsch/Nazi-German: An English Lexicon of the Language of the Third Reich, p. 209.
  8. Wachsmann & Caplan, eds. (2010) Concentration Camps in Nazi Germany: The New Histories, p. 73.
  9. Sofsky 1996, p. 271-273.