Saltar ao contido

Witold Pilecki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWitold Pilecki

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1901 Editar o valor en Wikidata
Olonets Editar o valor en Wikidata
Morte25 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Varsovia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, execución por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Powązki (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDruh
Witold
T-IV Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vilnius Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego, oficial, membro da resistencia, soldado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeSegunda República Polaca Editar o valor en Wikidata
Rama militarCavalry of Second Polish Republic (en) Traducir, Secret Polish Army (en) Traducir e Armia Krajowa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente de segunda
Rittmeister (pt) Traducir
Tenente
coronel Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoPrimeira Guerra Mundial
Guerra polaco-soviética
Segunda Guerra Mundial (Invasión de Polonia, Revolta de Varsóvia (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Participou en
movimento de resistência polonês na Segunda Guerra Mundial (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
FamiliaHouse of Pilecki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Pilecka Editar o valor en Wikidata
Condenado porespionaxe Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePolski Słownik Biograficzny Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6156654 WikiTree: Pilecki-1 Find a Grave: 140947690 Editar o valor en Wikidata

Witold Pilecki,[a] nado en Olonets (Karelia, Rusia) o 13 de maio de 1901 e finado en Varsovia o 25 de maio de 1948, foi un militar, axente de intelixencia e líder do movemento de resistencia polaco. Serviu como oficial de cabalería no exército polaco durante a guerra polaco-soviética e a segunda guerra mundial. Foi o autor do coñecido como Informe de Witold, o primeiro informe de intelixencia exhaustivo sobre o sucedido no campo de concentración de Auschwitz.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rittmeister da cabalaría polaca durante a Segunda República Polaca, fundador do Exército Secreto Polaco (Tajna Armia Polska), un grupo de resistencia na Polonia ocupada pola Alemaña nazi en novembro de 1939, e membro do exército Armia Krajowa formado en febreiro de 1942. Foi o autor do Informe Witold, o primeiro informe de intelixencia sobre o campo de concentración de Auschwitz.

Durante a segunda guerra mundial, foi voluntario para unha operación da resistencia polaca na que sería encarcerado no campo de concentración de Auschwitz para recadar información e escapar posteriormente. Estando no campo Pilecki organizou un movemento de resistencia en 1941 e proporcionou información aos Aliados sobre os crimes de guerra que acontecían en Auschwitz. Escapou do campo de concentración en 1943 tras permanecer prisioneiro durante dous anos e medio. Pilecki tomou parte no Alzamento de Varsovia en agosto de 1944.[2] Permaneceu leal ao goberno polaco no exilio en Londres, e foi executado en 1948 pola policía secreta Urząd Bezpieczeństwa baixo cargos de traballar para o "imperialismo estranxeiro", considerado un eufemismo do MI6.[3] Ata 1989, a información sobre a súa contribución e execución estaba censurada pola República Popular de Polonia.[3][4]

Coma resultado das súas accións durante a guerra, é considerado por moitos coma "un dos maiores heroes da guerra".[2][5][6]

  1. [ˈvitɔlt piˈlɛt͡skʲi]
Referencias
  1. Marco Patricelli, Il volontario, Laterza, Roma 2010, ISBN 9788842091882
  2. 1 2 Timothy Snyder (22 de xuño de 2012). "Were We All People?". The New York Times (en inglés).
  3. 1 2 Tchorek, Kamil (2009-03-12). "Double life of Witold Pilecki, the Auschwitz volunteer who uncovered Holocaust secrets". www.thetimes.com (en inglés). Consultado o 2025-01-18.
  4. Piekarski 1990, p. 249
  5. "Remembering Unsung Heroes Of The Holocaust". The Jewish Week (en inglés). 1 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2015.
  6. "Auschwitz inmate Pilecki – 'diamond among heroes'". Thenews.pl (en inglés). 28 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]