Campo de concentración de Monowitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monowitz»)
Modelo:Xeografía políticaCampo de concentración de Monowitz
KZ Auschwitz III Monowitz (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 50°01′52″N 19°17′29″L / 50.031101, 19.2915Coordenadas: 50°01′52″N 19°17′29″L / 50.031101, 19.2915
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato da Pequena Polonia
PowiatCondado de Oświęcim (pt) Traducir
Município urbano da Polónia (pt) TraducirOświęcim (pt) Traducir
DzielnicaMonowice (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de

Auschwitz III Monowitz foi o maior dos campos de traballo auxiliares instalados no complexo de Auschwitz, estreitamente relacionados coa industria alemá, principalmente nas areas militar, metalúrxica e mineira. Iniciou as súas operacións en maio de 1942. A intervalos regulares facíanse revisións sanitarias por parte do persoal médico de Auschwitz II, co gallo de enviar enfermos e débiles ás cámaras de gas de Birkenau: para isto, os nazis construíron este terceiro campo de concentración, tamén coñecido como "Auschwitz III" ou "Auschwitz-Monowitz".

O complexo que funcionaba en torno de Auschwitz estaba composto por un grupo de campos de concentración, con diferentes graos de importancia, todos subordinados ao Campo Central de Auschwitz I, o principal, situado aproximadamente a 4 quilómetros da localidade de Auschwitz (Oswieciem en polaco, de aí a orixe do nome). Foi erguido e constantemente ampliado a partir dunha antiga instalación militar, nun punto xeográfico que, antes da primeira guerra mundial, marcaba os límites do Imperio Austro-Húngaro, da Rusia e da propia Alemaña: por esta razón era coñecido naqueles tempos como esquina dos tres imperios, traducindo ao pé da letra do alemán.

Baixo a xurisdición de Auschwitz I estaban Birkenau (Auschwitz II), Monowitz (Auschwitz III) e outros próximos, menores, como Gleiwitz, Katowice, Zator, por citar algúns. Destinado na súa orixe a presos políticos polacos, a localización central foi un dos motivos que o converteu en pouco tempo no principal e maior complexo de exterminio dos nazis. A estrutura de funcionamento de Auschwitz obedecía a criterios xerárquicos que, tanto do lado da SS e Gestapo, coma do lado das vítimas, contribuían para evitar calquera tipo de resistencia. Daban soporte e reforzaban o control total dos prisoneiros. Tadeusz describe a xerarquia que sustentaba aquel sistema, que tanto podía favorecer como diminuír as oportunidades de supervivencia cada un:

"Tódolos prisoeiros eran divididos en grupos, os chamados "comandos", cuxas tarefas, en réxime de traballo escravo, ían dende a limpeza do campo até ao "Comando Especial", encargado dos traballos nas cámaras de gas e crematorios. Os grupos deste tipo eran chamados "Comandos Internos". Os outros grupos, denominados "Comandos Externos", facían traballos forzosos en numerosas empresas e fábricas establecidas e que foran instalarse na rexión, co obxectivo de emprega-la man de obra, ou en traballos de infraestrutura coma construción de rúas, estradas etc."[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]