Lista de personaxes de Harry Potter: Diferenzas entre revisións
Desfíxose a edición 2777134 de 201.2.126.148 (conversa) |
m {{DISPLAYTITLE:Personaxes nos libros de ''Harry Potter''}} |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
A continuación |
{{DISPLAYTITLE:Personaxes nos libros de ''Harry Potter''}} |
||
A continuación móstrase unha lista cos '''personaxes máis importantes''' que saen nos libros da saga '''''[[Harry Potter]]''''', creados pola escritora británica [[J. K. Rowling]]. |
|||
== Principais == |
== Principais == |
Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2013 ás 23:03
A continuación móstrase unha lista cos personaxes máis importantes que saen nos libros da saga Harry Potter, creados pola escritora británica J. K. Rowling.
Principais
Trío protagonista
Harry Potter
- Artigo principal: Harry James Potter.
É o protagonista principal dos libros, e arredor de quen xiran os sucesos que ocorren no libro. Naceu o 31 de xullo de 1980. Vive cos seus tíos desde que tiña 1 ano de idade debido a que seus pais, Lily e James Potter, foron asasinados por lord Voldemort. É a única persoa que sobreviviu a unha maldición Avada Kedavra (esconxuro que produce a morte instantánea); mentres que a única marca visible que lle quedou foi unha cicatriz con forma de raio na fronte. Isto foi o que o levou a recibir os alcumes de "O neno que viviu" e "O elixido". O seus amigos máis cercanos en Howarts son Ron e Hermione, pero tamén ten unha relación moi cercana con Hagrid, o gardabosques de Hogwarts e con Albus Dumbledore, o director do colexio. Ademais, no colexio, pertence á casa Gryffindor, coñecida por pertencer a ela alumnos con valor.
Ron Weasley
- Artigo principal: Ron Weasley.
Naceu o 1 de marzo de 1980. É o mellor amigo de Harry dende que ámbolos dous entraron como alumnos no seu primeiro ano en Hogwarts. Todos os membros da familia son meigos de vello. Ten 5 irmáns maiores e unha irmá menor. A pesar de que polo xeral sempre está con Harry cando este vive unha aventura, Ron sempre é relegado a un segundo plano pola fama do seu amigo. Como el, tamén pertence á casa Gryffindor.
Hermione Granger
- Artigo principal: Hermione Granger.
Naceu o 19 de setembro de 1979. É a mellor amiga de Harry e Ron. É filla de muggles, e a mellor estudante do curso no que están en Hogwarts. Encántalle ler e opina que todo o que vale a pena saber, pódese ler nun libro. É un ano maior que Harry e Ron. Coma eles, tamén forma parte da casa Gryffindor.
Outros principais
Albus Dumbledore
- Artigo principal: Albus Dumbledore.
É o director de Hogwarts e o mago máis poderoso da súa época. Durante os seus últimos anos de vida ocupouse, indirectamente, da educación de Harry Potter e de ensinarlle a única forma de vencer a Voldemort. Foi asasinado por Severus Snape), o Príncipe Mestizo, no sexto libro. Ademais, foi o único mago ao que Voldemort temeu. Trala súa morte, o mundo máxico entristece, e ao longo do sétimo libro Harry descobre que non ten un pasado tan brillante como el cría.
Lord Voldemort
- Artigo principal: Lord Voldemort.
É o antagonista da saga. O seu verdadeiro nome é Tom Morlov Riddle (Tom Marvolo Riddle nas edicións en inglés). Trátase do mago escuro máis grande de tódolos tempos. Ademais, é a persoa que máis avanzou en cuestión das artes escuras e a única capaz de alcanzar a inmortalidade. É o líder dos devoradores da morte, aos que utiliza para levar acabo as tarefas que el mesmo non quere (ou pode) realizar. É descendente directo de Salazar Slytherin, e herdou del a súa habilidade para falar coas serpes (a lingua pársel). Perdeu o seu corpo ao intentar, sen éxito, matar a Harry Potter, e logo intentou recuperalo. Logrou volverse xerar no cuarto libro grazas ó sangue de Harry e de maxia escura, axudado por Rabeleiro e dende entón está a desenvolver novos proxectos. Creou seis Horcrux, dividindo a súa alma en sete partes, para intentar ser inmortal, e así, poder acabar con Harry.
Severus Snape
- Artigo principal: Severus Snape.
É un profesor de Hogwarts, ten con Harry Potter un profundo sentimento de odio mutuo. Nos seus días de mocidade sufría as burlas e ataques do pai de Harry e os seus amigos. É un mago moi poderoso con grandes habilidades escuras, ademais de enormes coñecementos acerca de pocións, legeremancia e oclumancia. Foi devorador da morte durante un tempo, pero logo entrou ao servizo de Dumbledore como espía. Máis adiante, porén, convírtese nun dobre espía ao servizo de Dumbledore e Voldemort, e non está claro de que lado está realmente. No sexto libro, descóbrese que segue sendo devorador da morte tras asasinar a Dumbledore coa maldición imperdoable Avada Kedavra. Non obstante, no sétimo libro compróbase que non é tan malo como parece, xa que, en realidade, amou dende pequeno á nai de Harry, Lily Evans.
Minerva McGonagall
- Artigo principal: Minerva McGonagall.
É a subdirectora de Hogwarts e xefa da casa Gryffindor, que trala morte de Dumbledore pasa a ser a directora do colexio. Está sempre disposta a axudar no que sexa aos alumnos que a precisen. Como profesora, imparte a clase de Transformacións.
Draco Malfoy
- Artigo principal: Draco Malfoy.
Naceu o 5 de xuño. É inimigo de Harry Potter e de case tódolos seus amigos. A familia é de meigos de vello. É fillo de devoradores da morte e a partir do sexto libro el mesmo se converte nun. Pertence á casa Slytherin e despreza aos fillos de lameiro.
Sirius Black
- Artigo principal: Sirius Black.
É o padriño de Harry Potter. Era o mellor amigo do pai de Harry, James Potter. Foi levado a Azkaban, (o cárcere do mundo máxico) por un crime que non cometeu. No terceiro libro, porén, logra escapar e poñerse en contacto con Harry, para logo fuxir. Ademais, é un animeigo; pode transformarse nun can. Morreu no quinto libro ás mans da súa curmá Bellatrix Lestrange.
Rubeus Hagrid
- Artigo principal: Rubeus Hagrid.
É o gardabosques de Hogwarts. Foi o que entregou a Harry aos seus tíos por orde de Dumbledore, e tamén o que o foi buscar para que comezara as súas clases no colexio. El e Harry son grandes amigos case dende que se coñeceron. No terceiro libro consegue un posto como profesor impartindo a materia de Coidado das criaturas máxicas na que ensina como familiarizarse con moi diversas criaturas. No cuarto libro, revélase que Hagrid é un semixigante (de nai xigante e pai mago).
Secundarios
- Lucius Malfoy
- Bellatrix Lestrange
- Ginny Weasley
- Fred e George Weasley
- Molly Weasley
- Arthur Weasley
- Luna Lovegood
- Narcissa Malfoy
- Remus Lupin
- Peter Pettigrew
- Neville Longbottom
- Os Dursleys
- Charlie Weasley
- Bill Weasley
- Fleur Delacour