Salazar Slytherin
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Salazar Slytherin | |
---|---|
Tipo | mago do universo Harry Potter, personaxe literario e sangue puro ![]() |
Parte de | Fundadores de Hogwarts (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Universo ficticio | Universo de Harry Potter ![]() |
Franquía | Wizarding World ![]() |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Linguas faladas | lingua inglesa e pársel ![]() |
Superpoder | maxia en Harry Potter ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre e fundador ![]() |
Empregador/a | Hogwarts ![]() |
Membro de
| |
Familia | |
Parente | Lord Voldemort ![]() |
[ Wikidata ] |
Salazar Slytherin é un personaxe da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling. É un dos catro membros fundadores do Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, ademais de ser o fundador da casa deste colexio que leva o seu nome. É antepasado de Tom Morlov Riddle, posteriormente coñecido como Lord Voldemort. O nome do personaxe débese ao ditador portugués António de Oliveira Salazar. Rowling viviu en Porto, Portugal, onde ensinou inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Salazar Slytherin ten a habilidade de falar pársel, a lingua das serpes. En canto á política educativa de Hogwarts, tiña moi en conta a pureza de sangue e opinaba que unicamente os meigos de vello eran dignos de estudar maxia. Esta maneira de pensar sementou a discordia entre os catro magos, especialmente con Godric Gryffindor, inimizade que levou a Slytherin a abandonar o castelo. Non obstante, antes de marchar creou, ás costas dos outros, a Cámara dos Segredos, lugar onde encerrou un basilisco encargado de facer prevalecer a súa maneira de ve-la ensinanza e que posteriormente podería ser aberta por un descendente seu para levar a cabo esta vinganza.
Slytherin posuíu un medallón que se converteu nunha reliquia familiar que foi pasando pola súa liña xenealóxica, os Gaunt; máis tarde Voldemort convertería o medallón nun dos seus Horcrux.