Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións
m paréntese |
→Carreira eclesiástica: caixa de sucesión |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
Iniciou os seus estudos de [[bacharelato]] no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na [[Universidade Pontificia de Comillas]] onde obtivo a licenciatura en Filosofía ([[1941]]) e Teoloxía ([[1945]]). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de [[1945]]. Trasladado como crego a [[Ourense]], foi profesor de [[Teoloxía]] no [[seminario]] desa cidade e [[reitor]] del entre [[1956]] a [[1966]]. |
Iniciou os seus estudos de [[bacharelato]] no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na [[Universidade Pontificia de Comillas]] onde obtivo a licenciatura en Filosofía ([[1941]]) e Teoloxía ([[1945]]). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de [[1945]]. Trasladado como crego a [[Ourense]], foi profesor de [[Teoloxía]] no [[seminario]] desa cidade e [[reitor]] del entre [[1956]] a [[1966]]. |
||
O [[6 de setembro]] de [[1970]] foi ordenado [[bispo]] da [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]], nunha cerimonia presidida polo [[cardeal]] de [[arquidiocese de Santiago de Compostela|Santiago]], [[Fernando Quiroga Palacios]]. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na [[catedral de Ourense]], e por primeira vez na historia da [[igrexa católica|igrexa]] galega, en [[lingua galega|galego]]. O día 13 dese mes entrou oficialmente na [[catedral de Mondoñedo]]. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros [[Amador Niebla]] e [[Daniel Rey]], mortos en enfrontamentos coa policía, |
O [[6 de setembro]] de [[1970]] foi ordenado [[bispo]] da [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]], nunha cerimonia presidida polo [[cardeal]] de [[arquidiocese de Santiago de Compostela|Santiago]], [[Fernando Quiroga Palacios]]. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na [[catedral de Ourense]], e por primeira vez na historia da [[igrexa católica|igrexa]] galega, en [[lingua galega|galego]]. O día 13 dese mes entrou oficialmente na [[catedral de Mondoñedo]]. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros [[Amador Niebla]] e [[Daniel Rey]], mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En [[1985]] a [[Santa Sé]] concedeulle a xubilación anticipada. |
||
{{Start box}} |
|||
{{Succession box| título=[[Ficheiro:Bishopcoa.png|40px|center]] [[diocese de Mondoñedo|Bispo de Mondoñedo - Ferrol]] |período=1970-1987|predecesor=[[Jacinto Argaya Goicoechea]]|sucesor=[[José Gea Escolano]]}} |
|||
{{End box}} |
|||
===Escritor e tradutor=== |
===Escritor e tradutor=== |
Revisión como estaba o 15 de outubro de 2011 ás 16:51
Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Traxectoria
Carreira eclesiástica
Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea |
Bispo de Mondoñedo - Ferrol 1970-1987 |
Sucesor: José Gea Escolano |
Escritor e tradutor
Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.
Entre as súas obras destacan:
- A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975)
- Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987)
- Palabras para os amigos (1989)
- Escritos pastorais (1990)
- Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil
- Memoria de vida (1993)
- Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996).
Premios e honras
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |