Sabadelle, O Pereiro de Aguiar
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sabadelle.
Sabadelle | |
---|---|
![]() Igrexa de San Martiño de Sabadelle. | |
Concello | O Pereiro de Aguiar[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 449 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Sabadelle é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 430 habitantes, deles 219 eran homes e 211 eran mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 428 habitantes.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A igrexa de San Martiño de Sabadelle é románica bastante reformada. Conserva a portada occidental e gran parte dos muros da nave cos canzorros. No interior mantense o arco triunfal que da paso ao presbiterio moderno e parte dun artesoado mudéxar.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Sabadelle[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Sabadelle no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense) | |
---|---|
Lagocios | Parada | Sabadelle | San Benito da Veiga | Seoane | Vilaboa | Xubande |