Alan II da Bretaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 910 (Gregoriano) |
Morte | 952 (Gregoriano) (41/42 anos) Nantes, Francia |
Lugar de sepultura | Nantes |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Cónxuxe | Roscille of Anjou (943 (Gregoriano)–) |
Parella | Judith, concubine of Alan II |
Fillos | Gerberge of Nantes () Guerech da Bretaña () Judith, concubine of Alan II Hoël I da Bretaña () Judith, concubine of Alan II Drogón da Bretaña () Adelaide of Blois |
Pais | Mathuedoi de Poher e NN de Bretagne |
Alan II da Bretaña, coñecido como Barbetorte (Barbatorta) e como al louarn (o raposo, en bretón), nado en 910[1] e finado en Nantes en 952,[1] foi un nobre bretón que foi conde de Nantes, de Vannes e de Poher, e duque da Bretaña.
Orixe
[editar | editar a fonte]Alan era fillo de Mathuedoi de Poher e de Havoise, ou Hawise, de Vannes.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Refuxiado co seu pai, conde de Poher, na corte do rei de Inglaterra Eduardo o Vello, desembarcou no continente, a instancias do abade Xoán de Landévennec, que dirixía unha colonia bretoa en Montreuil.[3] Coa axuda do rei inglés Athelstan, en Dol, no campo de Péran, nas proximidades de Saint-Brieuc, no ano 936,[4] reconquistou aos viquingos o estuario do río Loira e a maioría das cidades bretoas en 937 (Batalla de Kerlouan) e logrou facerse nomear Brittonum dux en 938.[5] A liberación culmina o 1 de agosto de 939, coa vitoria na batalla de Trans sobre os normandos. Ese día converteríase posteriormente na festa nacional bretoa.
Tivo que reninciar ao Cotentín, Avranchin e Mayenne, pero Lois IV de Francia recoñece, como contrapartida, que
A Bretaña non formara parte nunca do seu reino
Estableceu alianzas co carolinxio Lois IV de Francia, ao que conocera durante o seu exilio en Inglaterra, e co conde de Chartres Teobaldo I de Blois.
Está enterrado na basílica da Nosa Señora de Nantes,[1] cidade que elixira como capital do seu ducado.
Familia
[editar | editar a fonte]Alan II da Bretaña contraeu matrimonio, antes de 949, con Gueberga de Blois, irmá de Teobaldo I, e despois, con outra irmá, Roscilla de Blois.[1] Da unión con Guegberga naceu, contra 950:[1]
Dunha relación cunha dama nobre de nome Xudite tivo outros dos fillos ilexítimos:
Os tres fillos chegaron a ser duques da Bretaña.
Predecesor: Gourmaelon |
Duque da Bretaña (938-952) |
Sucesor: Drogón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Alain II, duc de Bretagne en genealogie.quebec.
- ↑ Hawise Vannes en Árbores Familiares de MyHeritage.
- ↑ Web con datos biográficos de Alan II.
- ↑ Esta expedición de 936 aparece na discutíbel Chronique de Nantes, escrita no século XI, segundo Jean-Christophe Cassard.
- ↑ Pode afirmarse que foi recoñecido polos seus iguais como digno herdeiro de Alan I, entre 936 e 938. As lagoas existentes no cartulario de Landévennec non permiten asegurar as datas. Porén, o cartulario menciona algunhas cesións de bens de Alan II, o que podería significar que as efectuou en tanto que duque dos bretóns.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan II da Bretaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cassard, Jean-Christophe (1996): Le siècle des Vikings en Bretagne. Quintin, Côtes-d'Armor, Francia: Editions Jean-Paul Gisserot. ISBN 978-2-8774-7214-2.
- Chédeville, André & Noël-Yves Tonnerre (1987): La Bretagne féodale XIe-XIIIe siècle. Ouest-France: Université Rennes. ISBN 27-373-0014-2.
- Quaghebeur, Joëlle (2002): La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire , pouvoirs, noblesse. Rennes: Presses Universitaires de Rennes. ISBN 2-8684-7743-7.
- Tonnerre, Noël-Yves (1994): Naissance de la Bretagne. Géographie historique et structures sociales de la Bretagne méridionale (Nantais et Vannetais) de la fin du VIIIe à la fin du XIIe siècle Angers: Presses de l'Université d'Angers. ISBN 2-9030-7558-9.