Teodoro de Cirene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeodoro de Cirene
Biografía
Nacemento(grc) Θεόδωρος Editar o valor em Wikidata
465 a. C. Editar o valor em Wikidata
Cirene Editar o valor em Wikidata
Morte398 a. C. Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Cirene Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático Editar o valor em Wikidata
AlumnosPlatón, Teeteto e Leodamas of Thasos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Este artigo trata sobre o matemático, para o filósofo da escola cirenaica vexa Teodoro o Ateo.

Teodoro de Cirene, (465 a.C.-398 a.C.) foi un filósofo e matemático grego, nado en Cirene (hoxe en día Shahhat, Libia), desenvolvedor da teoría dos números irracionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alumno de Protágoras e un dos profesores de Teeteto e Platón, viviu a maior parte da súa vida en Atenas, onde tivo contactos con Platón, quen lle consagrou o seu diálogo Teeteto (Teeteto era discípulo de Teodoro), e Sócrates. Traballou en campos tan diversos como a filosofía, a astronomía, a aritmética, a música e a educación.

Os primeiros pasos da espiral de Teodoro de Cirene.

Pitagórico, cría que a alegría e o xuízo eran a base para chegar á felicidade. É coñecido sobre todo polo seu traballo matemático, onde probou a irracionalidade das raíces dos números enteiros non cadrados (2, 3, 5...) polo menos até 17 a base do método tradicional pitagórico de usar a redución ao absurdo e chegar a unha inconsistencia relacionada con pares e impares.[1] Tamén desenvolveu a espiral que leva o seu nome usando o Teorema de Pitágoras e engadindo perpendicularmente a un segmento unha unidade o que forma triángulos cunhas hipotenusas que son as sucesivas raíces graficamente.[2] Faleceu en Cirene.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. James R. Choike (1980). "Theodorus' Irrationality Proofs". The Two-Year College Mathematics Journal. 
  2. James Gow (1884). University press, ed. A Short History of Greek Mathematics. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]