Esox (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esox americanus
Esox cisalpinus
Esox masquinongy
Esox niger
Esox reichertii
Esox fósil

Esox é un xénero de peixes osteíctios da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos esócidos.

As súas especies coñécense con nome vulgar xenérico de lucios.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Esox é un termo do latín científico derivado do latín, e este do grego antigo isox, nome dun peixe, tirado dun nome céltico.[3]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xéner coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Segundo o GBIF:[4]
    • Kenoza Jordan & Evermann, 1896
    • Luccius Rafinesque, 1810
    • Lucius Garsault, 1764
    • Lucius Geoffroy, 1767
    • Lucius Klein, 1776
    • Lucius Rafinesque, 1810
    • LuciusWalbaum, 1792
    • Mascalongus Jordan, 1878
    • Picorellus Rafinesque, 1820
    • Trematina Trautschold, 1884
  • Segundo o WoRMS:[1]
    • Luccius Rafinesque, 1810 (erro ortográfico)
    • Lucius Garsault, 1764
    • Lucius Rafinesque, 1810
    • Lucius Klein, 1776
    • Trematina Trautschold, 1884

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade, segundo o WoRMS, recoñécense no xénero as seguintes sete especies:[1]

Historia[editar | editar a fonte]

As especies ancestrais de Esox estiveron presentes en Laurentia (que máis tarde se convertería en América do Norte) e en Eurasia desde o Paleóxeno. As especies modernas son orixinarias do paleártico e o neártico, abarcando América do Norte e desde a Europa occidental até Siberia no norte de Asia.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Os lucios teñen a forma alongada, semellante a un torpedo, típica dos peixes depredadores, con cabezas acabadas en punta e dentes afiados. A súa cor adoita ser gris-verdosa, moteada ou con raias ao longo das súas costas, que lles subministran camuflaxe entre as herbas submarinas, e cada patrón de cada lucio é único. Poden medrar até unha lonxitude máxima rexistrada de 1,83 m, alcanzando un peso máximo rexistrado de 35 kg.[5]

O seu fociño é parecido ao dun pato. A aleta caudal e bifurcada; os raios das aletas caudais oscilan entren 40 e 50, xeralmente con 17 raios ramificados; sen espiñas. O corpo está cuberto por numerosos pequenas escamas cicloides. A súa liña lateral é completa. Presentan polo menos 8 poros na canle infraorbitaria. A columna vertebral está formada por de 43 a 67 vértebras.[5]

Os lucios son depredadores voraces, alimentándose dunha gran variedade de peixes e outros vertebrados.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Esox Linnaeus, 758 no WoRMS. Consultado o 31 de xullo de 3022.
  2. Esox Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 31 de xullo de 2022.
  3. Esox no Merriam-Webster Ditionary.
  4. Esox Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 31 de xullo de 2022.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): "Esocidae" Arquivado 31 de xullo de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]