Sakana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Sakana.

Sakana (en castelán: Barranca) é unha comarca de Navarra, dentro da meiriñado de Pamplona que engloba 3 vales (Arakil, Ergoiena e Burunda) e 15 concellos. Ten unha extensión de 305,5 quilómetros cadrados e unha poboación de 20 028 habitantes. Está delimitada polo norte pola serra de Aralar e polo sur polas serras de Andia e Urbasa. Aínda que a comarca está dividida en 3 vales, tamén é chamada Val de Sakana.