Conchita Badía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conchita Badía.
Conxita Badia - concert 1939.jpg
Nome completo Concepció Badia Millàs.
Naceu 14 de novembro de 1897.
Orixe Barcelona, Cataluña.
Morreu 2 de maio de 1975.
Ocupación (s) Cantante e profesora.
Xénero Ópera e outros.
Instrumento(s) Voz, piano e violín.
Tipo de voz Soprano.
Relacionado con Enrique Granados, Manuel de Falla, Pau Casals e Montserrat Caballé.
Tempo en activo 19131968.

Conchita Badía, nada en Barcelona o 14 de novembro de 1897 e finada na mesma cidade o 2 de maio de 1975, foi unha soprano, profesora de canto, pianista e violinista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Practicou varios xéneros, ópera, música de cámara, lieder e canción popular entre eles.

Foi discípula de Enrique Granados na súa academia de Barcelona e de Pau Casals. Durante os años trinta participou en moitos recitais e concertos, en España, Londres, París e Viena.

Co gallo da Guerra Civil Española exiliouse coas súas fillas a París, logo a Río de Xaneiro e finalmente á Arxentina en 1937, onde se lles uniu o marido ó ano seguinte. Alí coincidiu con Manuel de Falla co que traballou e chegou a establecer unha grande amizade.

De volta a España, en 1946, foi profesora de canto tendo entre os seus alumnos no Conservatori Superior de Música del Liceu a Montserrat Caballé.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]