Saltar ao contido

Carlos Nuevo Cal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Nuevo Cal
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, catedrático, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1684884 BUSC: nuevo-cal-carlos-1958

Carlos Nuevo Cal, nado en Viveiro o 17 de novembro de 1958, é un historiador e escritor galego. É cronista oficial de Viveiro dende o ano 2005.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1977 comezou a formar parte do movemento asociativo de base e participou como socio, directivo e vicepresidente da Agrupación Cultural Sementeira. Na década de 1980 presidiu a Asociación para a Defensa da Ría e dende a súa fundación en 1994 preside o Seminario de Estudos Terra de Viveiro.[2] Foi coordinador da revista cultural e informativa Viveiro en Vivo e formou parte do consello de redacción da desaparecida revista de pensamento Enclave na súa etapa como membro da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista, movemento ao que estivo ligado durante 18 anos. Tamén, membro fundador da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico de Sargadelos[3] e numerario da Real Asociación de Cronistas dende 2008.

Participou na emisión do programa radiofónico Vellas sombras. Novos Cantos, e dirixiu o programa cultural de Cadena SER para A Mariña Retallos da Terra, durante o período 1995-96, participando asiduamente nas tertulias de RadioVoz para a provincia de Lugo. Ten colaborado igualmente coa TVG e TVE na emisión de diferentes programas sobre historia, economía, etnografía, gastronomía e tradicións viveiresas e mariñás.

Articulista habitual do Heraldo de Vivero e La Voz de Galicia (A Mariña) colaborou tamén coas actividades e publicacións do Consello da Cultura Galega e da Asociación da Prensa da Coruña. Ademais ten publicado diversos artigos noutros medios como El Progreso, A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Badal, Lucensia, Beiramar, Tempos Novos ou Sermos Galiza, por exemplo.

Igualmente, actuou como membro do xurado do 19 Premio Literario Ánxel Fole sobre N. Pastor Díaz (2011), así como nas edicións de 2018 e 2019 do Premio de Novela Antón Vilar Ponte.

Foi pregoeiro das Festas Patronais de Viveiro (1988), do Entroido (1988), do Nadal (2003), da Semana Santa (2009) e da apertura da Porta de San Fernando en Lugo nas Festas do San Froilán.

Ten escrito distintos artigos e ensaios sobre Nicomendes Pastor Díaz, os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Lois Tobío, Maruxa Mallo, Manuel Bujados ou Urbano Bedia de la Caballería.

Foi comisario das exposicións antolóxicas “Bicentenario do afundimento da fragata Magdalena e do bergantín Palomo (1810-2010)”[4], “Douscentos anos de Nicomedes Pastor Díaz (1811-2011)” e “Centenario do Heraldo de Vivero (1912-2012), a imprenta en Viveiro”.

Así mesmo, na década dos 80 dirixiu os primeiros cursos de guía turístico de ACIAM- Viveiro e publicou distintos folletos de promoción do seu patrimonio artístico e cultural, recibindo o Diploma de honor e a insignia de ouro da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga) e da Federación Luso Galaica[5]. Dende 2007 a 2017 recreou ao emperador Carlos V na Feira Renacentista de Viveiro, encargándose da redacción e lectura do pregón da mesma. Tamén impartiu diferentes cursos como os da UNED-Viveiro sobre a historia económica da Mariña luguesa, a emigración ultramarina, o Entroido e as festas anuais, entre outros.

Na actualidade mantén na rede o blog Viveiro Cronista[6], onde publica frecuentemente.

  • 2003, O Primeiro Antón Villar Ponte. Coautor con Emilio Ínsua. A Coruña: Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-8495491855
  • 2004, Viveiro: unha historia en fotografías, 1888-1930. Viveiro: Seminario de Estudos Terra de Viveiro. ISBN 978-8492180455
  • 2008, A Mariña Luguesa. As Mariñas. Coautor con Miguel Mato Fondo. ISBN: 978-84-93459-5-9
  • 2009, O Naseiro, de onte a hoxe (paseo pola historia dunha romaría única). Viveiro: Seminario de Estudos Terra de Viveiro. ISBN 978-84-921804-7-9
  • 2010, Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal. Coautor con Emilio Ínsua. ISBN 978-84-96982-50-5
  • 2018, Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro. Coautor con Vicente Míguez. ISBN 978-84-09-04260-9
  • 2019, Cafeterías, tabernas, ultramarinos e bares de Viveiro. Viveiro: Seminario de Estudos Terra de Viveiro. ISBN 978-84-09-13414-4

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • 1992, Os conquistadores modernos. Movemento obreiro na Galicia de Anteguerra. A Nosa Terra. ISBN 84-604-4316-7
  • 1996, Catálogo de Cruceiros e Cruces da Terra de Viveiro. Seminario de Estudos Terra de Viveiro. ISBN 978-8492180400
  • 2001, Homenaxes a Lois Tobío. Madrid: Edicións do Castro. ISBN 978-8484850120
  • 2003, A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria. D.L.: C-998/2004
  • 2005, A segunda República e a guerra civil. Actas do II Congreso da Memoria Culleredo. D.L.: C-2868-2006
  • 2005, Gráficas Lar, 25 aniversario. D. L.: LU-237-05
  • 2006, Empresarios de Galicia. Fundación Galicia Empresa/Fundación Caixa Galicia. Centro de Investigación Económica y Financiera. ISBN 84-96494-83-7
  • 2008, La Semana Santa en Galicia. Hércules de Ediciones. ISBN 978-84-96311-74-0
  • 2010, Xornalista con opinión 2. Vol. I e Vol. II, Consello da Cultura Galega/Ed. Galaxia. ISBN 987-84-9865-338-0 e 987-84-986-339-7
  • 2012, El asociacionismo y la promoción escolar de los emigrantes del Norte Peninsular “América”. Ayuntamiento de Boal. ISBN 978-84-8053-676-9
  • 2012, A guerrilla antifranquista en Galicia. Actas do Congreso. CRMH, Coruña. ISBN.: 10:84-615-7335-8 e 13: 978-84-615-7335-6
  • 2017, Repensar Galicia, as Irmandades da Fala. Xunta de Galicia/Museo do Pobo Galego. ISBN 978-84-88508-59-1
  • 2017, Os nomes do terror. Sermos. ISBN 978-84-697-4726-1

Prologuista

[editar | editar a fonte]
  • 1999, Viveiro. Memoria fotográfica de medio século, de Remigio Mestre.
  • 2000, Anécdotas e personaxes dun Viveiro que se foi, de José Nistal López.
  • 2003, Homenaxe a Viveiro. Homenage to Viveiro, de María Donapetry Camacho.
  • 2003, O Vicedo e as súas xentes, de José Manuel Moreno Moreno.
  • 2005, Dibuxos, de Ramón Pernas.
  • 2006, A nova vida, de Lois Tobío.
  • 2009, Viveiro historia en comic, de Manuel Rajal.
  • 2009, Senderos para el viajero.
  • 2010, Historias de nunca jamás.
  • 2012, Vicente Abadín García, Un empresario de Viveiro en la Habana, de José Manuel Prieto.
  • 2014, Libro dos alcumes de Celeiro, de José Antonio Abella Albo.
  • 2016, Ramón Barro, obra pictórica, de Soledad Pérez-Abadín Barro.
  • 2017, Tabernas. Parroquias de Viveiro, de Andrés Díaz Ferro e Vicente Míguez.
  • 2018, Islas San Cyprianus: orgullo y patrimonio, de Pablo Mosquera Mata.

Relatorios

[editar | editar a fonte]
  • “Leiras Pulpeiro e Noriega Varela” (Congreso Manuel Leiras Pulpeiro e o seu Tempo, Mondoñedo, 1998).
  • “A pesca en Viveiro. Auxe e decadencia da industria salazoneira, 1850-1912” (Pesca e Historia. Xuntanza Internacional de historia económica e social do sector pesqueiro, USC, 1999).
  • “A emigración viveiresa en Cuba e no Plata” (Congreso da USC sobre A emigración ultramarina dende a cornixa cantábrica, 1850-1950. Cervo, 2002)
  • “Ramón Villar Ponte e o galeguismo en Viveiro (1917-1936)” (Congreso Ramón Vilar Ponte (1890-1953), Facultad de Humanidades, Lugo, 2003, USC).

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Gañador en 2009 do Premio Literario Ánxel Fole, con Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal (Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveiresa entre 1902-1936)[3].


Predecesor:
Modesto Pérez Rodríguez
 Cronista de Viveiro 
2004 - actualidade
Sucesor:
No cargo