Joaquín Díaz de Rábago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Joaquín Díaz de Rábago
Nacemento 6 de maio de 1837
  Muros
Falecemento 29 de xullo de 1898
  A Pobra do Caramiñal
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación economista
Fillos Antonio Díaz de Rábago
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Antonio Díaz de Rábago Díaz de Mier, nado en Muros o 6 de maio de 1837 e finado na Pobra do Caramiñal o 29 de xullo de 1898, foi un xurista, sociólogo e economista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Joaquín Díaz de Rábago Gutiérrez de Terán, coronel do Batallón Literario. Aos dez anos trasladouse a Compostela. Licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Lingua Hebrea e secretario da Facultade de Filosofía e Letras (1860). Residiu en Santiago de Compostela, onde foi director do Banco de España (1886), delegado rexio da Escola de Artes e Oficios de Santiago (1887) e director da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1887-1890).

Foi un dos primeiros pensadores en estudar o cooperativismo nos ensaios Historia y situación actual de la cooperación en España e Bases especiales de una ley sobre las sociedades cooperativas. Participou no IV Congreso de Crédito Popular en Lyon (1892) co estudo Bases essentielles d’une loi sur les Sociétés cooperatives. Foi un dos artífices do traslado dos restos de Rosalía de Castro ao Panteón de Galegos Ilustres.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los foros en Galicia.
  • Historia de la Real Sociedad Económica de Amigos del País.
  • La industria de la pesca en Galicia, 1885.
  • El crédito agrícola, 1883.
  • La institución del salvamento de naúfragos, 1885.
  • La jornada internacional de ocho horas, 1890.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de la Concepción Aguiar e foi pai de Antonio Díaz de Rábago Aguiar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]