Alberto Aguilera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alberto Aguilera
Alberto Aguilera, de Christian Franzen, en Nuevo Mundo (cropped).jpg
Nacemento 7 de maio de 1842
  Valencia
Falecemento 25 de decembro de 1913
  Magdalena street
Nacionalidade España
Educado en Universidade Complutense de Madrid
Ocupación político e avogado
editar datos en Wikidata ]

Alberto Aguilera y Velasco, nado en Valencia o 7 de agosto de 1842[1] e finado en Madrid o 25 de decembro de 1913, foi un avogado xornalista e político español, deputado, senador, ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e alcalde de Madrid en varias ocasións entre 1901 e 1910.[2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Retrato de Alberto Aguilera

Fillo de Pablo Aguilera, natural de Almadén (Cidade Real) e de María Soledad Velasco y Jiménez, natural de Albuñol (Selecta), estudou na Universidade de Madrid, licenciándose en Dereito e ingresando na carreira xudicial ós vinte e oito anos de idade.[3] Ocupou os cargos de oficial da Asesoría de Facenda e avogado fiscal da Audiencia de Zaragoza.

Gobernador civil[editar | editar a fonte]

Reinando Amadeo I, e sendo presidente do Consello de Ministros Manuel Ruiz Zorrilla, foi sucesivamente gobernador civil de Cidade Real, Oviedo (12-4-1871), Toledo (28-8-1871 a 15-10-1871), Murcia (20-6-1872), Sevilla (12-10-1872 a 19-2-1873 e de novo a partir do 26-7-1873). Posteriormente, durante a Rexencia de María Cristina, cos gobernos de Posada Herrera e Sagasta, tamén o foi de Madrid en varias ocasións: 20-10-1883 a 9-1-1884; 6-7-1888 a 8-7-1890; 13-12-1892 e 6-10-1897, manexando difíciles situacións previas e posteriores ó desastre do 98.[4]

Deputado e senador[editar | editar a fonte]

Membro do Partido Liberal, foi elixido deputado a Cortes polo distrito granadino de Albuñol nas sucesivas eleccións celebradas entre 1886 e 1903, aínda que renunciaría a esta última acta de deputado para pasar ó Senado ó ser nomeado senador vitalicio o 23 de decembro de 1903.[5]

Subsecretario e ministro[editar | editar a fonte]

Foi subsecretario do Ministerio da Gobernación dende o 17 de outubro de 1883, con Segismundo Moret, do Ministerio de Facenda dende o 8 de agosto de 1886, con Joaquín López Puigcerver.

Ocupou o cargo de ministro da Gobernación entre o 12 de marzo e o 4 de novembro de 1894 nun goberno presidido por Sagasta.

Alcaldía de Madrid[editar | editar a fonte]

Foi alcalde de Madrid entre o 7 de marzo de 1901 e o 10 de decembro de 1902, entre o 15 de xuño de 1906 e o 28 de xaneiro de 1907 e entre o 23 de outubro de 1909 e o 10 de febreiro de 1910.[6]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Morreu na súa casa da rúa da Magdalena, en Madrid, o 25 de decembro de 1913.[7]

Está enterrado no Cemiterio da Almudena de Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. También hay discrepancia entre los biógrafos de Alberto Aguilera al consignar su fecha de nacimiento, que unos establecen el 7 de agosto de 1840 (García 1989: 11), otros el 7 de mayo de 1841 (Pascual, Pedro. El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la restauración canovista. Ediciones de la Torre. ISBN 84-7960-247-3. 
  2. Aunque nacido Valencia, según consta en su expediente universitario (AHN: UNIVERSIDADES,6307,EXP.4 y UNIVERSIDADES,3530,EXP.15), en su partida de matrimonio (Fernández 1995: 400) y en muchas publicaciones (Muerte de un gran patricio 1913: 1; Enciclopedia universal ilustrada 1980: 638; Montoliú 2002: 276), se le ha atribuido erróneamente Albuñol (Granada) como lugar de nacimiento (García 1989: 11; Muerte de D. Alberto Aguilera 1913: 1; "Aguilera y Velasco, Alberto; Datos biográficos". 
  3. Fernández 1995: 400.
  4. Se han indicado, cuando se conocen, las fechas de publicación en la Gaceta de Madrid de los respectivos nombramientos y ceses o dimisiones.
  5. "Don Alberto Aguilera". ISSN 2171-0244. 
  6. "Los madrileños eligen al alcalde número 245 de la historia del Ayuntamiento" (PDF). 
  7. María Isabel Gea (ed.). Las calles de Madrid. Ediciones La Librería. ISBN 9788487290909.