Economía de Burkina Faso
| Economía de Burkina Faso | ||
|---|---|---|
| Moeda | Franco CFA | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 17,82 mil millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 128ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 4,5% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 1200 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 29,1%, industria 19,9%, comercio e servizos 51% (2008) | |
| Inflación anual | 7,3% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 46,4% (2004) | |
| Total da forza de traballo | 5 millóns (2003) | |
| % traballadores por sector | agricultura 90%, industria %, comercio e servizos 10% (2000) | |
| Desemprego | 77% (2004) | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 809 millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais produtos exportados | algodón, animais vivos, ouro | |
| Principais mercados | República Popular da China 29,6%Singapur 5,7%, Tailandia 7,2%, Ghana 6,4%, Níxer 4,8% (2007) | |
| Importacións (US$) | 1 665 millóns (2008) | |
| Principais produtos importados | bens de capital, alimentos, petróleo | |
| Principais parceiros | Costa do Marfil 25,8%, Francia 20,6%, Togo 7,1% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 1,33 mil millóns (2007) | |
| Receitas (US$) | 1 799 millóns | |
| Despesas (US$) | 2 337 millóns (2008) | |
| Axuda económica recibida (US$) | 659,6 millóns[3] (2005) | |
Un dos países máis pobres do mundo, o Burkina Faso ten poucos recursos naturais e unha fraca industria. Cun PIB per cápita de US$ 1200 é a 27ª nación máis pobre do mundo, xunto con países como a República do Congo e o Tadjiikistán[4].
O 90% da poboación vive da agricultura, que é vulnerable ás secas.[1] O seu alto índice de crecemento de poboación xunto coa aridez do seu chan son factores que inflúen en forma relevante no seu índice de pobreza. A agricultura representa o 32% do seu produto bruto interno e dá traballo ao 92% da súa poboación traballadora. Destácase o coidado do gando, e especialmente no sur e o suroeste o cultivo de sorgo, feixón, millo, cacahuete, arroz e algodón.
A falta de traballo causa unha moi alta taxa de emigración: por exemplo, hai tres millóns de persoas nativas de Burkina Faso que viven en Costa do Marfil. De acordo a información do Banco Central dos Estados da África Occidental, estes emigrantes envían por ano varias decenas de miles de millóns de francos CFA a Burkina Faso. Desde que se produciu unha expulsión de inmigrantes de Ghana en 1967, esta situación provocou tensións nos países receptores de migrantes. A crise máis recente ocorreu no 2003 en Costa do Marfil, e deu lugar ao regreso de 300.000 emigrantes.
Unha gran proporción da actividade económica do país esta financiada por axuda internacional. A Unión Europea (UE) é o principal socio comercial de Burkina Faso.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Africa :: Burkina Faso". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2019. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2009.
- ↑ http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=81®ionID=5[Ligazón morta]
- ↑ "The World Factbook — Central Intelligence Agency". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2013. Consultado o 2020-02-07.
| A Galipedia ten un portal sobre: Burkina Faso |
