Organización Mundial do Comercio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "OMC")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
World Trade Organization
Organisation mondiale du commerce
Organización Mundial del Comercio
Bandeira da Organización Mundial do Comercio
Bandeira
Escudo da Organización Mundial do Comercio
Escudo
 
Situación de OMC
 
Sede Xenebra
Idioma oficial Inglés, francés e castelán[1]
Forma de goberno
Roberto Azevedo
Fundación 1 de xaneiro de 1995
Sitio web www.wto.org
Mapa con países-membros da OMC no ano de 2005

A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un grande número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.[Nota 1]

A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.[2][3]

O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos.[4] Reúne todo os membros da OMC e pode tomar decisións sobre calquera asunto baixo algún dos acordos de comercio. Algunhas das conferencias, como a inaugural de Singapur (1996) e a de Cancún (2003)[5] provocaron discusións entre economías desenvolvidas e subdesenvolvidas, mentres outras, como a de Seattle (1999) deron lugar a grandes manifestacións.

Historia[editar | editar a fonte]

Conferencia de Ministros da Organización Muncial do Comercio en 1998, no Palacio da Nación (Xenebra, Suíza).

Foi creada en 1995 baixo a forma dun secretariado para administrar o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), un tratado comercial que criou moita da fundación para a OMC. A súa sede localízase en Xenebra, Suíza..

Os membros da OMC son obrigados a concederse entre si o estatuto de nación máis favorecida.

No final dos anos 90, a OMC transformouse no albo principal dos protestas do movemento anti-globalización.

Organización[editar | editar a fonte]

Membros e observadores[editar | editar a fonte]

A OMC agrupa 164 membros e 22 gobernos observadores.[6][7] Liberia converteuse no membro 163 o 14 de xullo de 2016 e Afganistán no 164 o 29 de xullo de 2016.[8][9] Ademais dos estados, a Unión Europea e cada un dos países que a compoñen son membros de dereito.[10]

Os membros da OMC non teñen que ser estados completamente independentes, senón que abonda que sexan territorios aduaneiros con total autonomía en canto ás súas relacións comerciais exteriores. Así, Hong Kong é membro dende 1995 (dende 1997 como "Hong Kong, China"), antes da China, que se uniu en 2001 tras 15 anos de negociacións. A república da China (Taiwan) ingresou en 2002 como "Territorios aduaneiros separados de Taiwan, Penghu, Kinmen e Matsu", a pesar do seu status.[11] A secretaría da OMC omite os títulos oficiais dos membros da misión permanente deste teritorio na OMC, excepto os de representante permanente e vicerrepresentante permanente.[12]

Sede[editar | editar a fonte]

A sede da OMC está localizada en Xenebra (Suíza).[Nota 2] O órgano superior é a Conferencia Ministerial, que se reúne periodicamente. O principal órgano permanente é o Consello Xeral, no que están representados todos os membros. De el dependen numerosos Consellos e Comités. A Secretaría conta cuns 640 funcionarios, encabezados polo Director Xeral. Dende 2013 o titular deste posto é o brasileiro Roberto Azevedo. A OMC tivo en 2011 un orzamento de 196 millones de francos suízos.[6]

Acordos: o «todo único»[editar | editar a fonte]

A OMC administra 160 acuerdos.[13]

O sistema organizado na OMC impón a todos os seus membros a adhesión á totalidade dos seus acordos, e os países non poden optar por aceptar só algúns.[Nota 3] Isto explica a enorme complexidade das negociacións sobre a súa modificación, porque involucran forzosamente todos os acirdos. As vantaxes que cada país obtén ou os prexuízos que sofre poden compensarse en temas diferentes, e a negociación ten que buscar un consenso xeral con equilibrios de extrema complexidade.

Despacho do director xeral[editar | editar a fonte]

Sede da OMC en Xenebra

O procedemento para o nomeamento do director xeral foi publicado en xaneiro de 2003.[14] Ademais, en 2013, había catro subdirectores xerais: Yi Xiaozhun da China, Karl-Ernst Brauner de Alemaña, Yonov Frederick Agah de Nixeria e David Shark dos Estados Unidos.[15]

Listaxe de directores xerais[editar | editar a fonte]

Fonte: Páxina oficial[16]

(Xefes da organización predecesora, GATT):

Notas[editar | editar a fonte]

  1. General Information on Recruitment in the World Trade Organization, World Trade Organization
  2. [1]
  3. World Trade Organization – UNDERSTANDING THE WTO: BASICS
  4. [2]
  5. "Five Years of China WTO Membership. EU and US Perspectives about China's Compliance with Transparency Commitments and the Transitional Review Mechanism". Papers.ssrn.com. SSRN 916768.  Falta a |url= (Axuda);
  6. "Members and Observers". World Trade Organization. 24-8-2012. 
  7. Miembros y Observadores.
  8. "Liberia clears last hurdle to WTO accession | International Centre for Trade and Sustainable Development". www.ictsd.org. Consultado o 25-6-2016. 
  9. "Afghanistan to become 164th WTO member on 29 July 2016". Consultado o 1-7-2016. 
  10. "The European Union and the WTO". World Trade Organization. Consultado o 2-8-2016. 
  11. Jackson, J. H. Sovereignty, 109
  12. ROC Government Publication
  13. [3]
  14. "WT/L/509". WTO. Consultado o 18-2-2013. 
  15. "Director-General Elect Azevêdo announces his four Deputy Directors-General". 17-8-2013. Consultado o 2-9-2013. 
  16. "Previous GATT and WTO Directors-General". WTO. Consultado o 21-5-2011. 
Referencias
  1. A OMC ten acordos co Banco Mundial e o FMI. Foron concertados en cumprimento dunha "Decisión sobre o logro dunha maior coherencia na formulación da política económica a escala mundial", incluída na Acta Final da Ronda Uruguai.
  2. O edificio que lle serve de sede, o "Centro William Rappard", ten importancia histórica. Foi a primeira sede da Oficina Internacional do Traballo dende 1926. Dende 2008 foi obxecto de importantes obras de ampliación e renovación.
  3. A OMC tamén administra algúns acordos cualificados como "acordos plurilaterais" que escapan a esta regra. Só participan neles os países interesados en facelo. Os principais refírense ao comercio de aeronaves civís ([4]) e á contratación pública ([5]).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]