Década de 1490
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XV | |||||
| |||||
|
1490
- Artigo principal: 1490.
África
- O rei do Manicongo, Nzinga Nkuvu, convértese ao catolicismo. Fai construír a primeira igrexa na súa capital Mbanza. Os portugueses fundan a primeira misión da África negra.
Arte e cultura
- Mantegna pinta o Cristo xacente.
1491
- Artigo principal: 1491.
Ciencia e tecnoloxía
1492
- Artigo principal: 1492.
- 2 de xaneiro, Os Reis Católicos Fernando e Isabel entran en Granada.
- 15 de xaneiro, O navegante xenovés Cristovo Colón encóntrase cos reis Fernando e Isabel no Alcázar de los Reyes Cristianos en Córdoba, España, e recibe soporte para a súa viaxe polo océano Atlántico, na tentativa de atopar unha nova ruta cara á India.
- 12 de outubro, Cristovo Colón chega a América.
- 31 de marzo, os reis Fernando e Isabel asinan o Decreto da Alhambra, expulsando todos os xudeus de España a menos que se convertan ó catolicismo.
- 17 de abril, As Capitulacións de Santa Fe son asinadas entre Cristovo Colón e a Castela, acordando os preparativos para a expedición.
- 31 de xullo, Os xudeus son expulsados de España.
- 3 de agosto, Cristovo Colón sae con tres barcos de Palos de la Frontera ó servizo de Castela, pretendendo chegar a Asia.
- 10 de agosto, Último prazo para o xudeus saíren de España. A data coincide con 10 de av de 5252.
- 11 de agosto, O Papa Alexandre VI sucede ó Papa Inocencio VIII como o 214º pontífice romano.
- 11 de outubro, Varios membros das tripulacións da frota de Cristovo Colón albiscan unha luz insólita.
- 12 de outubro, Cristovo Colón recala en augas americanas, no Caribe, e aterra en Guanahani.
- 28 de outubro, Cristovo Colón chega a Cuba.
- 5 de decembro, Cristovo Colón tórnase o primeiro europeo coñecido a poñer os pés na illa de Hispaniola.
1493
- Artigo principal: 1493.
África
- Álvaro Caminha inicia, so concesión da coroa portuguesa, a colonización da illa de San Tomé, no golfo de Guinea, con xudeus sefardís, expulsados dos reinos españois.
América
- 4 de xaneiro, Cristovo Colón abandona América, deixando na illa da Española, unha gornición no forte Navidad, a mando de Diego de Arana.
- 19 de novembro - Xa na segunda viaxe a América, Colón descobre a illa de Porto Rico, que el denominará illa de San Xoán Bautista.
- No Imperio Inca sobe ao trono Huaina Capac (até 1527), sucedendo a Tupac Yupanqi.
Europa
- 1 de marzo - Martín Alonso Pinzón, a bordo da Pinta, arriba a Baiona, en Galiza, trala primeira viaxe a América.
- 4 de marzo - Cristovo Colón arriba en Lisboa, de regreso da súa primeira viaxe a América, informando ao monarca portugués, Xoán II de Portugal, de ter chegado ás illas de Cipango e de Antilla.
- 15 de marzo - Colón arriba ao porto de Palos de la Frontera, de onde saíra cara América. Na tarde dese mesmo día chega Pinzón e a "Niña" ao porto de Palos.
- 3 de abril - Colón rende informe da súa viaxe, en Barcelona, aos Reis Católicos.
- 25 de setembro - Colón parte de Cádiz, na súa segunda viaxe a América. A expedición consta de 17 embarcacións e uns 1.500 homes.
- Carlos VIII de Francia recoñece ó Franco Condado e ó Artois. Comeza a loita secular entre Francia e os Habsburgo motivado pola herdanza dos duques de Borgoña.
- Tratado de Barcelona: Fernando II de Aragón adquire os condados de Rosellón e de Sardeña.
- Os xudeus son expulsados de Sicilia.
Ciencia e tecnoloxía
- Colón introduce a cana de azucre na illa da Española.
1494
- Artigo principal: 1494.
América
- 5 de maio - Cristovo Colón descobre a illa de Xamaica, á que impón o nome de Santiago. Porén o nome indíxena, que el transcribe Jamayca, perdurará.
Europa
- 29 de maio - O reino de Castela sofre a derrota no Barranco de Acentejo, Taoro - Achineche (Tenerife), a Matanza de Acentejo.
- 7 de xuño - Tratado de Tordesillas entre España e Portugal, afectando á colonización do Brasil.
- 9 de novembro: Rusia suprime o depósito da Hansa en Novgorod, dando orixe á Guerra ruso-sueca de 1495-1497.
- 19 de novembro - Creación do Consello Supremo de Aragón, chancelería máxima para os reinos da Coroa de Aragón.
- Catarina I é coroada en Pamplona como raíña de Navarra.
- A sífilis esténdese por Europa.
1495
- Artigo principal: 1495.
América
- Cristovo Colón funda a cidade de Concepción de la Vega, hoxe na República Dominicana.
Europa
- 12 de abril - Orde dos Reis Católicos para que varios centenares de indios, procedentes de América, sexan vendidos en Andalucía.
- 4 de setembro - Lopo Gómez de Marzoa funda o Estudio de Gramática no Convento de San Paio de Antealtares, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela.
- Carlos VIII toma Nápoles. Venecia, Milán, o papa, o emperador e os Reis Católicos forman unha liga contra el e obrígano a retirarse.
Ciencia e tecnoloxía
1496
- Artigo principal: 1496.
- 3 de xaneiro - Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora.
- 25 de xullo - Remata a conquista de Tenerife por parte dos casteláns.
1497
- Artigo principal: 1497.
- Cristovo Colón fai testamento. En abril, comeza os preparativos para outra expedición.
- Ante as dificultades para enrolar mariñeiros, soldados e campesiños, os reis de España ordenan que se recruten delincuentes condenados a morte.
- 24 de xuño, John Cabot desembarca en Norteamérica.
- 8 de xullo, a frota de Vasco da Gama, 2 naos máis unha carabela, parte desde Restelo, ao pé de Lisboa. No ano seguinte arribará á India.
- 17 de setembro, Pedro de Estopiñán toma Melilla en nome dos Duques de Medina Sidonia para a Coroa de Castela.
Ciencia e tecnoloxía
1498
- Artigo principal: 1498.
África
- 2 de marzo, Vasco da Gama chega a Mozambique, onde se encontra, por vez primeira, cos musulmáns que navegan no océano Índico e posúen asentamentos en África oriental.
Asia
- 20 de maio, Vasco da Gama chega a Calicut (India).
- 29 de agosto, Vasco da Gama abandona Calicut en singladura de regreso para Portugal.
América
- Cristovo Colón chega ao continente suramericano.
- 31 de xullo, Cristovo Colón descobre a illa de Trindade.
- Graves inundacións asolagan a cidade de Tenochtitlán.
Europa
- 23 de maio, Girolamo Savonarola, gobernante de Florencia, é executado por criticar ó papa Alexandre VI.
Ciencia e tecnoloxía
- Vasco da Gama, abre por oriente a ruta marítima á India.
1499
- Artigo principal: 1499.
- 13 de xuño - Bula pola que se autoriza a creación da Universidade Complutense, que será efectiva oito anos despois.
- 22 de setembro - Paz de Basilea - Independencia de Suíza do Imperio alemán.
- 18 de setembro - Vasco da Gama entra triunfalmente en Lisboa, onde é recibido pola corte, no regreso da súa viaxe á India.
Arte e cultura
- Francisco de Colonia remata a decoración escultórica da fachada de San Pablo de Valladolid, iniciada por seu pai Juan de Colonia en 1486.