Saltar ao contido

Gobernadores do Milanesado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Península itálica.O Milanesado, en cor clara

Despois da morte sen herdeiros de Francisco II Sforza, en 1535, o emperador Carlos V e o rei Francisco I de Francia enfrontáronse na guerra italiana de 1536-1538 polo control do Milanesado, estado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico, até entón en poder das familias Visconti e Sforza.

En 1538, con Milán ocupado polas forzas imperiais, ambos os contendentes asinaron a tregua de Niza. A partir deste momento Milán quedaría en poder de España, até 1706, cando Filipe V o perdeu en favor do Sacro Imperio durante a guerra de sucesión española.

A diferenza doutros territorios da Monarquía Hispánica, o Estado de Milán, ao igual que os Países Baixos, estivo administrado por un gobernador que á súa vez era capitán xeneral. Este cargo tiña as mesmas atribucións que as de vicerrei, pero a súa titulación non foi esta, dado que historicamente Milán e os Países Baixos nunca foran reinos, como Sicilia, Nápoles ou Sardeña, senón ducados.

A continuación dáse unha lista das personalidades que gobernaron o ducado:[1]

Gobernadores de Milán

[editar | editar a fonte]

Período español

[editar | editar a fonte]
Inicio do mandatoGobernadorNotas
Novembro de 1535Antonio de Leyva, príncipe de ÁscoliMorreu en campaña durante o seu mandato.
Setembro de 1536Marino Caracciolo, cardealMorreu no cargo.
Febreiro de 1538Alonso de Ávalos, marqués do VastoMorreu no cargo.Desde 1540 é duque Filipe II.
Abril de 1546Álvaro de Luna, castelán de MilánInterino.
Outubro de 1546Ferrante Gonzaga, príncipe de Molfetta
Xuño de 1555Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba
Decembro de 1556Cristoforo Madruzzo, cardeal e bispo de Trento
Agosto de 1557Juan de FigueroaInterino.
Xullo de 1558Gonzalo Fernández de Córdoba, duque de SessaEn 1559 Francia renunciou ao ducado mediante a Paz de Cateau-Cambrésis.
Febreiro de 1560Francisco Fernando de Ávalos, marqués de Pescara
Marzo de 1563Gonzalo Fernández de Córdoba, duque de Sessa2ª vez.
Abril de 1564Gabriel de la Cueva y Girón, duque de AlburquerqueMorreu no cargo.
Agosto de 1571Alonso Pimentel, do Consello SecretoInterino.
Setembro de 1571Álvaro de Sande, marqués de PioveraInterino.
Abril de 1572Luís de Zúñiga y RequesensPasou a gobernador dos Países Baixos.
Setembro de 1573Antonio de Zúñiga y Sotomayor, marqués de Ayamonte.
Xullo de 1580Sancho de Guevara y Padilla, do Consello Secreto
Marzo de 1583Carlos de Aragón y Tagliavia, duque de Terranova
Decembro de 1592Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías1ª vez.
Marzo de 1595Pedro de Padilla, castelán de MilánInterino en ausencia do anterior.
Novembro de 1595Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías2ª vez.Desde 1598 é duque Filipe III.
Outubro de 1600Pedro Enríquez de Acevedo, conde de FuentesMorreu no cargo.
Xullo de 1610Diego de Portugal, conde de GelvesInterino.
Decembro de 1610Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías3ª vez.
Xullo de 1612Juan de Mendoza y Velasco, marqués de La Hinojosa
Agosto de 1614Sancho de Luna y RojasInterino en ausencia do anterior.
Novembro de 1614Juan de Mendoza y Velasco, marqués de Hinojosa
Xaneiro de 1616Pedro Álvarez de Toledo y Colonna, duque de Fernandina
Agosto de 1618Gomes Suárez de Figueroa y Córdoba, duque de Feria1ª vez.Desde 1621 é duque Filipe IV.
Maio de 1626Gonzalo Fernández de Córdoba, príncipe de Maratra
Agosto de 1629Ambrosio Spinola, marqués de los BalbasesMorreu no cargo.
Decembro de 1630Álvaro de Bazán y Benavides, marqués de Santa Cruz
Marzo de 1631Gomes IV Suárez de Figueroa y Córdoba, duque de Feria2ª vez.
Maio de 1633Fernando de Austria, cardeal e infante de España
Xullo de 1634Gil de Albornoz, cardeal e arcebispo de Tarento
Novembro de 1635Diego Mexía Felípez de Guzmán, marqués de Leganés1ª vez.
Abril de 1636Fernando Afán de Ribera, duque de Alcalá
Xuño de 1636Diego Mexía Felípez de Guzmán, marqués de Leganés2ª vez.
Febreiro de 1641Juan Velasco de la Cueva, conde de Siruela
Agosto de 1643Antonio Sancho Dávila de Toledo, marqués de Velada
Febreiro de 1646Bernardino Fernández de Velasco y Tovar, duque de FríasFillo de Juan Fdez. de Velasco, gobernador en 1592.
Novembro de 1647Íñigo Melchor Fernández de Velasco, conde de HaroFillo do anterior, substituíuno durante a súa enfermidade.
Xuño de 1648Luís de Benavides Carrillo, marqués de Caracena
Abril de 1656Teodoro Trivulzio, cardealMorreu no cargo.
Setembro de 1656Alonso Pérez de Vivero y Menchaca, conde de Fuensaldaña
Maio de 1660Francesco Gaetano, duque de Sermoneta
Xuño de 1662Luís de Guzmán Ponce de León, conde de VillaverdeNeto de Pedro de Toledo, gob. en 1616.Desde 1665 é duque Carlos II.
Abril de 1668Pablo Spínola Doria, marqués de los Balbases1ª vez. Neto de Ambrosio Spínola, gobernador en 1629.
Setembro de 1668Francisco de Orozco, marqués de Olías y de Mortara
Marzo de 1669Pablo Spínola Doria, marqués de los Balbases2ª vez.
Maio de 1670Gaspar Téllez-Girón y Sandoval, duque de Osuna
Xullo de 1674Claude Lamoral, príncipe de Ligne
Novembro de 1678Xoán Tomé Enríquez de Cabrera, conde de Melgar
Abril de 1686Antonio de Velasco y Ayala, conde de Fuensalida
Maio de 1691Diego Felípez de Guzmán, marqués de LeganésNeto de Diego Felípez, gobernador en 1636.
Maio de 1698Carlos Henrique de Lorena, príncipe de VaudemontDesde 1700 é duque Filipe V.

En setembro de 1706 Uxío de Savoia conquistou militarmente o ducado de Milán para o Sacro Imperio Romano Xermánico durante a Guerra de Sucesión Española, comezando así o período de goberno austríaco.

Período austríaco

[editar | editar a fonte]
Inicio do mandatoGobernadorNotas
Setembro de 1706Uxío de SavoiaO goberno español trasládase a Cremona.Duque Carlos de Austria.
Abril de 1707Piero Visconti (poder civil)
Annibale Visconti (mando militar)
Irmáns. Rexeron en ausencia do anterior. En 1714 fírmase o tratado de Rastatt, polo que España recoñece a soberanía austríaca de Milán.
Xaneiro de 1717Maximilian Karl zu Löwenstein-Wertheim-RochefortMorreu no cargo.
Xaneiro de 1719Girolamo di Colloredo-Mels und Wallsee
Decembro de 1725Wirich Philipp von Daun
Outubro de 1733Ocupación franco-piemontesa.
Carlos Manuel III de Sardeña ocupou militarmente o ducado durante a guerra de sucesión polaca. En 1734 nomeou unha xunta de rexencia.[2]
Decembro de 1736Otto Ferdinand, conde de Abensberg-TraunMilán únese con Mantua formando a Lombardía austríaca.Desde 1741 é duquesa María Tareixa de Austria.
Agosto de 1743Johann Georg Christian von Lobkowitz
Marzo de 1745Gian Luca PallaviciniMinistro plenipotenciario e comandante xeral.
Decembro de 1745Ocupación española.
Filipe I de Parma ocupou militarmente o ducado, conferindo o seu goberno aos comandantes militares Juan Gregorio Muniain e José de la Torre.
Agosto de 1746Gian Luca Pallavicini
Setembro de 1747Ferdinand Bonaventura von Harrach
Setembro de 1750Gian Luca Pallavicini
Xaneiro de 1754Leopoldo de Habsburgo-LorenaGobernador titular. Menor de idade.
* Francisco III de EsteNombrado Serenissimo Amministratore durante a minoría do anterior.
* * Beltramo CristianiMinistro plenipotenciario do anterior, gobernador de facto. Morreu no cargo.
Xullo de 1758* * Karl Joseph von FirmianPlenipotenciario de Francisco de Este, gobernador de facto.
Outubro de 1771Fernando de Habsburgo-EsteGobernador titular. Firmian foi confirmado no seu posto.
Xuño de 1782* Johann Joseph WilczekPlenipotenciario do anterior, gobernador de facto.

En maio de 1796 as tropas de Napoleón Bonaparte conquistaron militarmente o ducado, decretando o final do sistema feudal en Milán e instaurando en novembro a República Transpadana que, no ano seguinte se uniu coa República Cispadana para formaren a República Cisalpina.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]