Maximiliano I de México
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
| Maximiliano I de México | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xullo de 1832 |
| Palácio de Schönbrunn | |
| Falecemento | 19 de xuño de 1867 |
| Santiago de Querétaro | |
| Causa | Fusilamento |
| Soterrado | Cripta Imperial de Viena |
| Nacionalidade | Imperio austríaco e Segundo Império Mexicano |
| Relixión | Igrexa católica e catolicismo |
| Ocupación | político |
| Pai | Francisco Carlos da Áustria |
| Nai | Sofia da Baviera |
| Cónxuxe | Carlota de México |
| Fillos | Agustín de Iturbide y Green |
| Irmáns | Archduchess Maria Anna of Austria, Arquiduque Francisco Xosé, Carlos Luís da Áustria e Luís Vítor da Áustria |
| Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Knight first class of the Order of Saint Anne, Order of the White Eagle, Order of Saint Stanislaus, 1st class, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Order of Saint Stephen of Hungary, Orde de Malta, Ordem Equestre do Santo Sepulcro de Jerusalém, Orde da Aguia Negra, Order of Saint Hubert, Real Ordem Guélfica, Order of Philip the Magnanimous, Order of the Rue Crown, House Order of Fidelity, Lexión de Honra, Order of Saint-Charles, Order of the Netherlands Lion, Ordem de Leopoldo, Ordem do Serafim, Orde do Elefante, Ordem da Anunciação, Ordem dos Santos Maurício e Lázaro, Ordem de São Januário, Ordem de São Fernando e do Mérito, grand cross of the Order of Saint Joseph, Order of the Redeemer, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul, Ordem Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, Ordem da Águia Vermelha, 1.ª classe e knight of the Order of Saints Maurice and Lazarus |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen, nado o 6 de xullo de 1832 en Viena e finado o 19 de xuño de 1867 en Santiago de Querétaro, foi arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia, mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador Maximiliano I de México, quen encabezou o Segundo Imperio Mexicano, entre 1863 e 1867.
Era irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e curmán de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do Imperio Mexicano acabado de fundar (1864-1867).
A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.
Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.
Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide.