Douglas Aircraft Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas Aircraft Company
Fundación 1921
Localización Santa Monica, California Flag of the United States.svg
Fundador Donald Wills Douglas, Sr.
Industria aeroespacial

Douglas Aircraft Company foi un fabricante aeroespacial estadounidense baseado en Long Beach, California. A compañía fundouna en 1921 Donald Wills Douglas, Sr. e posteriormente fusionouse con McDonnell Aircraft en 1967 para formar McDonnell Douglas. Douglas Aircraft Company funcionou en gran medida como unha división de McDonnell Douglas tras a fusión. Esta última fusionaríase posteriormente con Boeing en 1997.

Historia[editar | editar a fonte]

Anos 20[editar | editar a fonte]

A Douglas Aircraft Company fundouna Donald Wills Douglas, Sr. o 22 de xullo de 1921 en Santa Monica, California, tras a disolución da Davis-Douglas Company.[1] Un dos primeiros reclamos que lle deron fama foi a primeira circunnavegación ao mundo por aire con avións Douglas en 1924. En 1923 o Servizo Aéreo do Exército dos Estados Unidos interesouse en levar a cabo unha misión de circunnavegación da Terra por ver primeira cun avión, chamándolle ao programa "World Flight".[2] Donald Douglas propuxo un Douglas DT modificado para satisfacer as necesidades do Exército.[3] O torpedeiro bombardeiro DT, un biplano bipraza con cabina aberta, fora anteriormente producido para a Armada estadounidense. Os DTs foron collidos das liñas de montaxe nas fábricas da compañía de Rock Island, Illinois e Dayton, Ohio para ser modificados.[4]

O avión modificado foi coñecido como o Douglas World Cruiser (DWC). Tamén foi o primeiro gran proxecto para Jack Northrop, que deseñou o sistema de comustible para a serie.[5] Despois de que o prototipo fose entregado en novembro de 1923, tras rematar exitosamente as probas o día 19 dese mes, upon the successful completion of tests on 19 November, o Exército encargoulle a Douglas catro exemplares de produción. Debido á esixencia da expedición, escolléronse pezas de reposto, incluídos 15 motores Liberty L-12 e 14 xogos de pontóns adicionais, ademais de repostos suficientes da fuselaxe para dous avións máis. Estas pezas foron enviadas a aeroportos situados ao longo da ruta. O derradeiro destes exemplares foi entregado o día 11 de marzo de 1924.

Tras o éxito do World Cruiser, o Servizo Aéreo o Exército pedíu seis avións semellantes para misións de observación.[6][7] O éxito do situou á Douglas Aircraft Company entre as principais compañías aeronáuticas do mundo e permitíulle adoptar o lema "First Around the World - First the World Around".[8]

Douglas adoptou un logo que amosaba avións circundando un globo, substituíndo ao orixinal corazón alado. O logo evolucionou cara un avión, un foguete e un globo. Posteriormente foi adoptado pola corporación McDonnell Douglas, e posteriormente foi a base do actual logotipo de Boeing tras a súa fusión en 1997.

Preguerra[editar | editar a fonte]

A compañía é principalmente famosa pola serie "DC" ("Douglas Commercial") de avións comerciais, incluído o que adoita a ser considerado como o avión de transporte máis significativo nunca fabricado: o Douglas DC-3, que tamén foi producido como un transporte militar coñecido como C-47 Skytrain ou "Dakota" no servizo británico. Moitos avións Douglas tiveron longas vidas de servizo.

Douglas Aircraft deseñou e fabricou unha gran variedade de aparellos para os distintos corpos das forzas armadas estadounidenses. A compañía inicialmente fabricou torpedeiros para a Armada, pero desenvolveu varios versións deses modelos, incluídos avións de recoñecemento e avións de correo. En cinco anos Douglas estaba construíndo ao redor das 100 unidades anuais. Entre os seus primeiros empregados estiveron Ed Heinemann, "Dutch" Kindelberger, e Jack Northrop, que posteriormente fundou a Northrop Corporation.[9]

A compañía mantivo o seu mercado militar e espandíuse cara os avións anfibios a finais dos anos 20, tamén trasladando as súas instalacións de Clover Field a Santa Monica, California. O complexo de Santa Monica era tan grande que as rapazas que repartían as cartas usaban patíns para entregar o correo interno da compañía. Cara finais da Segunda Guerra Mundial Douglas tiña instalacións en Santa Monica, El Segundo, Long Beach e Torrance (en California), Tulsa e Midwest City (en Oklahoma) e Chicago (Illinois).[10]

En 1934 Douglas fabricou un avión de trnsporte comercial bimotor, o Douglas DC-2, ao que lle seguiu o famoso DC-3 en 1936. O amplo abano de aparellos producidos pola compañía incluían avións de pasaxeiros, bombardeiros lixeiros e medios, cazas, transportes, avións de recoñecemento e avións experimentais.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Mulleres traballando nun bombardeiro en 1942

Durante a Segunda Guerra Mundial Douglas uníuse ao consorcio BVD (Boeing-Vega-Douglas) para producir o B-17 Flying Fortress. Tras a guerra Douglas fabricou outro deseño de Boeing baixo licenza, o bombardeiro B-47 Stratojet, usando unha fábrica propiedade do goberno en Marietta, Georgia.

A Segunda Guerra Mundial foi un gran pulo para a compañía. Douglas ocupou o quinto posto entre as corporacións estadounidenses no valor dos contratos durante o conflito.[11] A compañía fabricou case 30.000 avións dende 1942 ata 1945, e a súa fora de traballo chegou aos 160.000 empregados. Douglas fabricou gran cantidade de modelos como o C-47 Skytrain, o DB-7 (coñecido como A-20, Havoc ou Boston), o SBD Dauntless ou o A-26 Invader.[12][13][14]

Posguerra[editar | editar a fonte]

Douglas Aircraft sufriu recortes ao final da guerra debido ao remate de pedidos de avións por parte do goberno e a un superávit de aparellos. Foi preciso desfacerse de gran parte da súa forza de traballo, despedindo a preto de 100.000 traballadores.

A Forza Aérea dos Estados Unidos creou o "Proxecto RAND" (de Research ANd Development, investigación e desenvolvemento)[15] co obxectivo de planificar a longo prazo futuras armas.[16] En marzo de 1946 á Douglas Aircraft Company concedéuselle o contrato sobre a guerra intercontinental. O proxecto RAND posteriormente convertiríase na RAND Corporation.

Douglas continuou desenvolvendo novos avións, incluído o exitoso catrimotor Douglas DC-6 (1946) e o seu derradeiro avión comercial de hélices, o Douglas DC-7 (1953). A compañía entrou na propulsión a reacción producindo o seu primeiro modelo deste tipo para a Armada dos Estados Unidos, o avión de á recta F3D Skyknight en 1948 e posteriormente o F4D Skyray en 1951 cun estilo máis moderno. Douglas tamén fabricou reactores comerciais, producindo o Douglas DC-8 en 1958 para competir co novo Boeing 707.

Douglas foi pioneira en campos relacionados, como en asentos exectables, mísiles aire-aire, terra-aire e aire-terra, foguetes de lanzamento ou bombas.

A compañía estaba preparada para entrar no novo negocio dos mísiles durante os anos 50. Douglas pasou de fabricar foguetes aire-aire e mísiles a sistemas de mísiles completos baixo o programa Nike de 1956, converténdose no principal contratista para o programas do mísiles balísticos Skybolt e Thor. Douglas tamén gañou contratos para a NASA, destacando os deseños para a etapa S-IVB dos foguetes Saturn IB e Saturn V.

Fusións[editar | editar a fonte]

En 1967 a compañía esforzouse por aumentar a produción para satsfacer a demanda polos aviosn de pasaxeiros DC-8 e DC-9 e o avión de ataque A-4 Skyhawk. Problemas de calidade e liquidez e os custos de desenvolvemento do DC-10, xunto con escaseza por mor da guerra do Vietnam, levaron a Douglas a aceptar unha fusión con McDonnell Aircraft Corporation para formar McDonnell Douglas. A Douglas Aircraft Company continuou como unha subsidiaria propiedade na súa totalidade de McDonnell Douglas, pero a súa división espacial e de mísiles pasaría a formar parte dunha nova subsidiaria chamada McDonnell Douglas Astronautics Company.

McDonnell Douglas posteriormente fusionouse coa súa rival Boeing en 1997. Boeing combinou a Douglas Aircraft Company coa división Boeing Commercial Airplanes, poñendo fin a máis de 75 anos de historia da compañái. O derradeiro avión comercial fabricado en Long Beach, o Boeing 717 (unha versión de terceira xeración do Douglas DC-9), deixou de producirse en maio de 2006. No ano 2011 o Boeing C-17 Globemaster III sería o derradeiro avión en montarse nas instalacións de Long Beach.

Avións[editar | editar a fonte]

Passengers disembarking from a SAS DC-6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parker 2013, pp. 5, 7–10, 13–14.
  2. Haber 1995, p. 73.
  3. Sobel 1974, p. 309.
  4. Wendell 1999/2000, p. 356.
  5. Boyne 1982, p. 80.
  6. Francillon 1979, p. 75.
  7. Swanborough and Bowers 1963, p. 548.
  8. Haber 1995, pp. 72–73.
  9. Parker, Dana T (2013). Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, CA. pp. 13–48, 77, 93, 107. 
  10. Parker 2013, pp. 13, 25, 35.
  11. Peck, Merton J. & Scherer, Frederic M. (1962). The Weapons Acquisition Process: An Economic Analysis. Harvard Business School. p. 619. 
  12. Herman 2012, pp. 3–13, 335–337.
  13. Parker 2013, pp. 7–8, 13, 25, 35.
  14. Borth 1945, pp. 13–33.
  15. "Historia e misión do proxecto RAND". Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  16. Johnson, Stephen B (2002). The United States Air Force and the culture of innovation 1945-1965. Diane Publishing Co. p. 32. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borth, Christy. Masters of Mass Production. Indianapolis, Indiana: Bobbs-Merrill Co., 1945.
  • Boyne, Walter J. The Aircraft Treasures Of Silver Hill: The Behind-The-Scenes Workshop Of The National Air And Space Museum. New York: Rawson Associates, 1982. ISBN 0-89256-216-1.
  • Cunningham, Frank. Sky Master: The Story of Donald Douglas and the Douglas Aircraft Company. Pittsburgh, Pennsylvania: Dorrance and Company, 1943. OCLC 14152627
  • Donald, David, ed. Encyclopedia of World Aircraft. Etobicoke, Ontario, Canada: Prospero Books, 1997. ISBN 1-85605-375-X.
  • Francillon, René J. McDonnell Douglas Aircraft Since 1920: Volume I. London: Putnam, 1979. ISBN 0-87021-428-4.
  • Haber, Barbara Angle. The National Air and Space Museum. London: Bison Group, 1995. ISBN 1-85841-088-6.
  • Herman, Arthur. Freedom's Forge: How American Business Produced Victory in World War II. New York: Random House, 2012. ISBN 978-1-4000-6964-4.
  • Parker, Dana T. Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, California: Dana T. Parker Books, 2013. ISBN 978-0-9897906-0-4.
  • Sobel, Robert. "Donald Douglas: The Fortunes of War". The Entrepreneurs: Explorations Within the American Business Tradition. New York: Weybright & Talley, 1974. ISBN 0-679-40064-8.
  • Swanborough, F. Gordon. and Peter M. Bowers. United States Military Aircraft since 1909. London: Putnam, 1963. OCLC 722531
  • Wendell, David V. "Getting Its Wings: Chicago as the Cradle of Aviation in America." Journal of the Illinois State Historical Society, Volume 92, No. 4, Winter 1999/2000, pp. 339–372.