Saltar ao contido

Boeing C-17 Globemaster III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing C-17 Globemaster III
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Baseado en
 Uso
Características
 Configuración da á
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
17 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
15 de setembro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Altura
 16,79 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
 53 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura52 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional14.000 m Editar o valor en Wikidata
 Total producido
 279 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01z3z Editar o valor en Wikidata
Identificador militarC-17 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

O McDonnell Douglas/Boeing C-17 Globemaster III é un grande avión de transporte militar desenvolvido para a Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF) dende os anos 80 ata principios dos 90 por McDonnell Douglas. O C-17 leva o nome de dous cargueiros militares de pistón anteriores, o Douglas C-74 Globemaster e o Douglas C-124 Globemaster II. O C-17 realiza normalmente misións de transporte tácticas e estratéxicas, levando tropas e carga por todo o mundo; tamén pode realizar roles de evacuación médica e lanzamento aéreo. Deseñouse para substituír o Lockheed C-141 Starlifter, e tamén para cumprir algúns dos cometidos do Lockheed C-5 Galaxy, liberando á frota de C-5 para cargas de gran tamaño.

Boeing, que se fusionou con McDonnell Douglas en 1997, continuou fabricando o C-17 tras a fusión. O transporte está en servizo coa USAF e tamén opera cos exércitos da India, Reino Unido, Australia, Canadá, Qatar, Emiratos Árabes Unidos, a Heavy Airlift Wing da OTAN, e Kuwait. O derradeiro C-17 completouse na planta de Long Beach, California o 29 de novembro de 2015.[1]