Saltar ao contido

Douglas C-133 Cargomaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas C-133 Cargomaster
Tipotransporte
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo23 de abril de 1956
Retirado1971
Produción1956 - 1961
Unidades construídas50

O Douglas C-133 Cargomaster foi un grande avión de carga turbohélice fabricado entre 1956 e 1961 pola Douglas Aircraft Company para ser usado pola Forza Aérea dos Estados Unidos. O C-133 foi o único cargueiro estratéxico turbohélice da USAF, entrando en servizo pouco despois do Lockheed C-130 Hercules, que foi coñecido como un cargueiro táctico. Proporcionou servizos de carga nun amplo rango de aplicacións, sendo substituído polo C-5 Galaxy a principios dos anos 70.