Douglas C-54 Skymaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas C-54 Skymaster
An USAF C-54 Skymaster.jpg
Tipotransporte militar
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo14 de febreiro de 1942
Introducido1942
Retirado1975
Produción1942-1947
Unidades construídas1 170

O Douglas C-54 Skymaster é un avión catrimotor de transporte usado polas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos na segunda guerra mundial e na guerra de Corea. Ao igual que o Douglas C-47 Skytrain, o C-54 Skymaster foi un derivado dun avión de pasaxeiros civil, o Douglas DC-4. Ademais de transportar carga, o C-54 tamén transportou presidentes, primeiros ministros e persoal militar. Ducias de versións do C-54 foron empregadas nunha ampla variedade de roles como rescate marítimo, investigación militar e científica, e seguimento e recuperación de mísiles. Durante a ponte aérea de Berlín transportou carbón e comida a Berlín Occidental. Despois da guerra de Corea continuou sendo usado tanto para uso militar como civil en máis de 30 países. O C-54 foi un dos primeiros avións en transportar ao Presidente dos Estados Unidos.