Douglas 1211-J

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas 1211-J
Tipobombardeiro pesado
FabricanteDouglas Aircraft Company
Estadonon pasou da fase de deseño

O Douglas 1211-J foi un deseño de bombardeiro desenvolvido polo fabricante estadounidense Douglas para competir co Boeing B-52 para un gran contrato da USAF entre 1946 e 1954. O deseño do Model 1211-J tiña 48,7 metros de longo e unha envergadura de 69 metros, e estaba impulsado por catro motores turbohélice. O aparello deseñouse ao redor dunha nova bomba convencional de 20 toneladas, pero tamén podía transportar armas nucleares. Tamén podía levar os seus propios cazas de escolta como parasitos baixo as súas ás. Os motores deses cazas a reacción deberían ser alimentados para axudar ao bombardeiro durante a englaxe; o reabastecemento de combustible dos mesmos tería lugar mentres se atopaban nos píons baixo as ás.[1] O Douglas 1211-J non pasaría da fase de deseño e non chegou a construírse ningún exemplar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air & Space (ed.). "The Do-Everything Bomber". Consultado o 14 de xuño de 2018.