Saltar ao contido

Douglas A-20 Havoc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas A-20 Havoc
Imaxe
 Instancia de
Características
 Impulsado por
 Armamento
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
1939 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1953 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
23 de xaneiro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
Altura5,52 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude14,62 m Editar o valor en Wikidata
Autonomía1.521 km Editar o valor en Wikidata
Envergadura18,6 m Editar o valor en Wikidata
Área das ás43,1 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional7.200 m Editar o valor en Wikidata
Total producido7478 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02w81v Editar o valor en Wikidata
Identificador militarA-20, B-20 e Boston Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Douglas A-20 Havoc (DB-7 segundo a designación da compañía) foi un avión de ataque, de recoñecemento e bombardeiro lixeiro estadounidense da segunda guerra mundial.

Serviu con varias forzas aéreas aliadas, principalmente coas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), a Forza Aérea Soviética (VVS), a Aviación Naval Soviética (AVMF), e a Royal Air Force (RAF) do Reino Unido. As unidades soviéticas recibiron máis dun terzo (2 908 avións) de todos os DB-7 finalmente construídos.

Tamén foi utilizado polas forzas aéreas de Australia, Suráfrica, Francia e os Países Baixos durante a guerra, e por Brasil tras ela.[1]

Nas forza aéreas da Commonwealth de Nacións, as variantes de bombardeo/ataque do DB-7 foron normalmente coñecidas co nome de servizo Boston, mentres que as de ataque nocturno e incursión foron coñecidas como Havoc. Unha excepción a isto foi a Real Forza Aérea de Australia, que se refería a todas as versións co nome de Boston.[2] A USAAF referíase á variantes de caza nocturna como P-70.

  1. Parker 2013, pp. 11, 18–19
  2. ADF-Serials (ed.). "RAAF A28 Douglas DB-7B, A-20A, A-20C & A20G Boston". Consultado o 7 de xullo de 2018.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Parker, Dana T. Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, California, Dana T. Parker Books, 2013. ISBN 978-0-9897906-0-4.