Douglas DC-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas DC-2
Douglas DC-2.jpg
Tipotransporte militar e de pasaxe
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo11 de maio de 1934
Introducido18 de maio de 1934
Estadoretirado
Produción1934 - 1939
Unidades construídas198

O Douglas DC-2 é un avión bimotor de pasaxeiros de 14 prazas producido pola compañía estadounidense Douglas Aircraft Corporation a partir do ano 1934. Este modelo competía co Boeing 247. En 1935 comezou a fabricar unha versión máis grande chamada DC-3, que se convertería nun dos máis famosos avións de todos os tempos.

Deseño[editar | editar a fonte]

A comezos dos anos 30 os temores sobre a seguridade das estruturas de madeira dos avións (responsable do accidente dun Fokker Trimotor) obrigaron á industria estadounidense a desenvolver aparellos totalmente metálicos. A United Aircraft and Transport Corporation tiña o monopolio sobre o Boeing 247; o súa rival Transcontinental and Western Air emitíu unha especificación para un trimotor metálico.

A resposta de Douglas foi máis radical. Cando esta voou o 1 de xullo de 1933, o prototipo DC-1 tiña unha robusta á cónica, unha tren de aterraxe retráctil e dous motores radiais Wright con hélices de paso variable. O modelo podía levar 12 pasaxeiros.

A TWA aceptou o deseño básico e pedíu vinte DC-2 con motores máis potentes e un pouco máis logo, con capacidade para levar 14 pasaxeiros. O deseño impresionou a aeroliñas estadounidenses e europeas e seguíronlle máis pedidos. Aínda que Fokker mercara unha licenza de fabricación a Douglas por 100.000 dólares non se fabricaron avións nos Países Baixos. Os exemplares para os clientes europeos (KLM, LOT, Swissair, CLS e LAPE, mercados a través de Fokker foron fabricados por Douglas nos Estados Unidos e enviados por mar a Europa coas ás e os motores desmontado, e posteriormente montados pola compañía neerlandesa en aeródromos preto dos portos de chegada. Airspeed Ltd. mercou unha licenza semellante para os DC-2 entregados no Reino Unido asignándolles ao avión o nome Airspeed AS.23, e aínda que se reservou o rexistro dun exemplar nonchegou a fabricar ningún. Nakajima Aircraft Company mercou outra licenza no Xapón; a diferenza de Fokker e Airspeed, Nakajima fabricaría cinco unidades ademais de montar polo menos un avión fabricado por Douglas. Construiríanse un total de 130 DC-2 civís e outros 62 para as forzas armadas estadounidenses.