Douglas A-3 Skywarrior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas A-3 Skywarrior
Tipobombardeiro estratéxico
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo28 de outubro de 1952
Introducido1956
Retirado1991
Estadoretirado
Produción1956 - 1961
Unidades construídas282

O Douglas A-3 Skywarrior foi un bombardeiro estratéxico da Armada dos Estados Unidos que estivo entre avións embarcados máis lonxevos da historia. Entrou en servizo a mediados dos anos 50 e foi retirado en 1991. Ao longo da súa carreira foi o avión máis pesado en operar dende portaavións, gañándose o alcume de "The Whale" (a balea). As súas funcións principais durante a meirande parte do tempo do seu final de vida activa foi de plataforma de guerra electrónica, plataforma de recoñecemento aéreo táctico, e avión de repostaxe aéreo de gran capacidade.

O 31 de marzo de 1956 o Skywarrior entrou en servizo coa Armada dos Estados Unidos. Inicialmente usado no rol de bombardeo estratéxico con armas nucleares, a aparición de mísiles balísticos efectivos levou a que esta misión deixase de ser prioritaria a principios dos anos 60.

O Skywarrior é un dos dous únicos avións de ataque da Armada estadounidense pensado como bombardeiro estratéxico en entrar en servizo a grande escala, sendo o outro o seu predecesor, o North American AJ Savage. O avión embarcado supersónico North American A-5 Vigilante tamén foi deseñado orixinalmente para misións de ataque nuclear estratéxico e inicialmente, moi brevemente, suplantou ao A-3 nese rol a principios dos anos 60. Un derivado modificado do Skywarrior, o B-66 Destroyer, serviu na USAF, onde foi operado como bombardeiro táctico, avión de guerra electrónica e plataforma de recoñecemento aéreo ata a súa retirada nos anos 70.