Saltar ao contido

Douglas A-4 Skyhawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Douglas A-4 Skyhawk
Imaxe
 Instancia de
 Alcume
Skyhawk Editar o valor en Wikidata
 Uso
Implicados
 Deseñador/a
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Características
 Total producido
2960 Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
3220 km Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Identificador militar
A4D
A-4 Editar o valor en Wikidata
 Armamento
Dimensións
Altura5 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude12,22 m e 12,27 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura8,5 m e 8,38 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional14.000 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
outubro de 1956 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
1998 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
22 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/028qtn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Douglas A-4 Skyhawk é un avión de ataque a terra con capacidade para operar dende portaavións deseñado para a Mariña e o Corpo de Marines dos Estados Unidos. O aeroplano, con á delta e un só motor, foi desenvolvido e fabricado pola Douglas Aircraft Company e posteriormente por McDonnell Douglas. Foi orixinalmente designado A4D polo sistema de designación de antes de 1962 da mariña estadounidense.

O A-4 é un avión compacto e lixeiro, cun peso máximo na engalaxe de 11.100 kg e cunha velocidade máxima de 970 km/h. Os seus cinco puntos de ancoraxe soportan unha variedade de mísiles, bombas e municións e era capaz de lanzar armas nucleares usando un sistema de bombardeo a baixa altitude. Antes da variante A-4E, o avión estaba equipado co motor Wright J65; no A-4E foi substituído polo Pratt & Whitney J52.

Os Skyhawks desempeñaron un papel moi importante na Guerra do Vietnam, a Guerra do Yom Kippur e na Guerra das Malvinas. Cincuenta anos despois do primeiro voo do avión, algúns dos case 3.000 fabricados permanecen en servizo en varias forzas aéreas de todo o mundo.

O Skyhawk foi deseñado polo enxeñeiro de Douglas Aircraft Ed Heinemann, en resposta a unha petición da Mariña dos Estados Unidos para un reactor de ataque que substituíse ao antigo Douglas AD Skyraider (posteriormente reasignado A-1 Skyraider). Heinemann optou por un deseño que minimizase o seu tamaño, peso e complexidade. O resultado foi un avión que pesaba só a metade da especificación de peso da Mariña. Tiña unha á tan compacta que non precisaba ser pregada para estar nos portaavións. O diminuto Skyhawk cedo recibiu os alcumes de "Scooter", "Kiddiecar", "Bantam Bomber", "Tinker Toy Bomber" e, a causa do seu áxil comportamento, "Heinemann's Hot-Rod".

O avión é dun deseño convencional post-segunda guerra mundial, cunha á delta montada na parte baixa da fuselaxe, tren de aterraxe en triciclo, e un só turborreactor na parte traseira, con dúas tomas de aire nos lados da fuselaxe. A cola ten un deseño cruciforme, co estabilizador horizontal montado sobre a fuselaxe. O armamento consistía en dous canóns Colt Mk 12 de 20 mm, un en cada raíz das ás, con 200 proxectís por cada un deles, ademais dunha gran variedade de bombas, foguetes e mísiles que podía levar nun punto de ancoraxe baixo a fuselaxe e doun baixo cada á (inicialmente só un en cada).