Lorenzo da Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Lorenzo da Ponte

Emanuele Conegliano, coñecido como Lorenzo da Ponte, nado en Cèneda, Treviso, o 10 de marzo de 1749 e falecido en Nova York o 1 de agosto de 1838, foi un poeta e libretista italiano, coñecido sobre todo como autor dos libretos de tres grandes óperas de Mozart.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía. En 1763 toda a familia converteuse ó catolicismo e tomou o nome do bispo que oficiou o bautismo. Máis tarde da Ponte fíxose sacerdote e viviu en Venecia. Porén, nesa cidade levou unha vida libertina e disoluta, ata que en 1779 foi expulsado da República de Venecia. Trasladouse a Viena mercede ó interese demostrado por Antonio Salieri e pola súa habilidade, xa manifesta, de libretista. Nesa cidade alcanzou o posto de poeta oficial da corte do emperador Xosé II. Naqueles anos era case obrigatorio que as óperas estivesen cantadas en italiano, e da Ponte foi quen de producir numerosos libretos de éxito para diferentes músicos.

Desa época data a súa amizade e colaboración co compositor Vicente Martín y Soler, ó que italianizou como Martino nas súas Memorias (Una cosa rara, ossia, bellezza ed onestà, L'arbore di Diana e Il Burbero di buon cuore). Tamén colaborou con Mozart na creación de tres obras mestras: Le nozze di Figaro (1786), a partir da comedia de Beaumarchais, Don Giovanni (1787) e Così fan tutte (1790).

Trala morte de Xosé II en 1790, da Ponte caeu en desgraza na corte, e en 1791 viuse obrigado a afastarse de Viena. Perdeu a súa popularidade, e entre 1792 e 1805 residiu en Londres. Posteriormente trasladouse ós Estados Unidos, e tras algunhas voltas, estableceuse en Nova York. Alí dedicouse á ensinanza da lingua e a literatura italianas, e intentou, se ben con pouco éxito, promover a constitución dun primeiro teatro operístico.

Entre 1823 e 1827 publicou as súas Memorias en catro volumes, ocupándose da redacción definitiva entre 1829 e 1830. Nesa época publicouse tamén o Anti Da Ponte, un libelo contra as súas capacidades poéticas.

Obras[editar | editar a fonte]

Libretos[editar | editar a fonte]

Textos para cantatas e oratorios[editar | editar a fonte]

Escritos[editar | editar a fonte]

  • Memorie, catro volumes (Nova York, 1823-27).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]