Diego Rivas Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Rivas
Información persoal
Nome Diego Rivas Rego
Nacemento 27 de maio de 1987
Lugar de nacemento Narón
Altura 1,81 metros
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Racing de Ferrol
Carreira xuvenil
–2007 Racing de Ferrol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Galicia de Mugardos
2007–2009 Narón 24 (0)
2009–2011 Deportivo B 43 (0)
2011–2012 Lugo 35 (0)
2012–2014 Elche 3 (0)
2013–2014 Eibar 1 (0)
2014 Tenerife 2 (0)
2014–2015 Albacete 8 (0)
2015–2016 Guijuelo 0 (0)
2016 Auckland City 8 (0)
2016–2017 UCAM Murcia Club de Fútbol 25 (0)
2017–2018 Lleida Esportiu 34 (0)
2018– Racing de Ferrol 65 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 27 de novembro de 2020
editar datos en Wikidata ]

Diego Rivas Rego, nado o 27 de maio de 1987 en Narón, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no Racing de Ferrol da Segunda División B.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Racing de Ferrol[editar | editar a fonte]

Naceu en Narón e formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando na tempada 2005/06 a ser convocado co primeiro equipo deste, que militaba en Segunda División. Na tempada seguinte foi o porteiro titular do Galicia de Mugardos, filial do Racing por aquel entón.

Narón e Fabril (2007-2011)[editar | editar a fonte]

No verán de 2007 deixou o equipo verde e fichou polo Narón Balompé, de Terceira División. Xogou no club da súa vila durante dúas tempadas ata que foi fichado polo Fabril en xullo de 2009.[1] O 23 de maio de 2010 Diego Rivas xogou un papel crucial para acadar o ascenso a Segunda División B, detendo dous lanzamentos contra o Burgos CF na quenda de penaltis, no partido de volta da eliminatoria de ascenso.[2] Ao remate da tempada 2010/11 anunciouse que non continuaría no Fabril.[3]

CD Lugo (2011-2012)[editar | editar a fonte]

En xullo de 2011 asinou co CD Lugo, equipo co que participou do histórico ascenso á Segunda División na tempada 2011/12 sendo unha peza clave do equipo e destacando especialmente na eliminatoria da fase de ascenso contra o Atlético Baleares.[4][5] Tras o ascenso fichou polo Elche por tres tempadas.[6]

Elche (2012-2014)[editar | editar a fonte]

Na súa primeira campaña co club ilicitano conseguiu o ascenso á Primeira División, pero disputando moi poucos minutos, sendo Manu Herrera o porteiro titular. Na seguinte tempada (2013/14) foi cedido a dous equipos de Segunda, en busca de minutos, a SD Eibar e o CD Tenerife, pero a historia repetiuse e en ambos clubs actuou como porteiro suplente.[7][8] No verán de 2014 rescindiu o contrato co Elche, ao non entrar nos plans do técnico Fran Escribá.[9]

En agosto fichou polo Albacete de Luis César Sampedro, tamén en Segunda.[10] Tampouco no equipo manchego puido xogar moitos partidos, tendo por diante a Fran Dorronsoro e o compostelán Alberto Domínguez.

Guijuelo (2015-2016)[editar | editar a fonte]

En agosto de 2015 fichou polo CD Guijuelo, de Segunda B,[11] onde non chegou a debutar por mor do gran estado de forma do porteiro Kike Royo.[12]

Auckland City (2016)[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2016 deixou o Guijuelo e fixo a maleta cara a Nova Zelandia, fichando polo Auckland City, adestrado polo barcelonés Ramón Tribulietx.[13][14] No equipo neozelandés foi titular, acabando a liga regular na primeira posición, pero perdendo na final dos playoffs contra o Team Wellington. O equipo chegou ademais á final da Liga de Campións da OFC, onde se enfrontou de novo ao Team Wellington, derrotándoo esta vez por 3-0, con Diego Rivas como porteiro titular.[15][16]

UCAM Murcia (2016-2017)[editar | editar a fonte]

En xuño de 2016 regresou a España, fichando polo UCAM Murcia.[17] Disputou 26 partidos co club murciano na Segunda División B, encaixando 23 goles.

Lleida Esportiu (2017-2018)[editar | editar a fonte]

En xullo de 2017 fichou polo Lleida Esportiu.[18] Xogou 38 partidos co equipo catalán, encaixando 35 goles.

Racing de Ferrol (2018-actualidade)[editar | editar a fonte]

En agosto de 2018, máis dunha década despois da súa saída, volveu ao Racing de Ferrol, club no que se formou.[19] Gañou a titularidade dende o primeiro momento e foi un dos piares no ascenso do equipo á Segunda División B na tempada 2018/19, así como nas seguintes tempadas.[20]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Elche CF[editar | editar a fonte]

Auclkand City FC[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Fabril ficha a Diego Rivas, un joven guardameta procedente del Narón". Deportivo da Coruña (en castelán). 10 de xullo de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  2. "Diego Rivas "Cuando paré el segundo penalti pensé: no se nos va a escapar"". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-02-07. 
  3. ""Añón, Dani, Diego Rivas, Dinis y Büchel no siguen"". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  4. Armero, Andrés (10 de xuño de 2012). "El Atlético Baleares se estrella contra la muralla de Lugo". Marca (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  5. Armero, Andrés (11 de xuño de 2012). "Diego Rivas, héroe en observación". Marca (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  6. "Diego Rivas ficha por el Elche". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2012. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  7. "El Elche cede a Diego Rivas y acelera por Rubén Rochina" (en castelán). 2 de agosto de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  8. "Diego Rivas, nuevo portero del CD Tenerife" (en castelán). 25 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  9. "El meta Diego Rivas rescinde el contrato" (en castelán). 25 de agosto de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  10. "El Albacete Balompié se refuerza con los fichajes de Diego Rivas y Keko" (en castelán). 28 de agosto de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  11. "Diego Rivas reforzará la portería del Guijuelo esta temporada" (en castelán). 28 de agosto de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  12. "El portero del Guijuelo, Diego Rivas, el elegido por el UCAM Murcia para suplir a Escalona" (en castelán). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  13. Alonso Lois, Paulo (6 de xuño de 2016). "Diego Rivas: «Me enamoré de Nueva Zelanda»". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  14. "Diego Rivas, ex portero del Alba, se marcha a Nueva Zelanda" (en castelán). 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  15. "Six in a row for Auckland City" (en inglés). 23 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  16. "Auckland City - Team Wellington (Final da Liga de Campións da OFC 2016)" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  17. "Diego Rivas, nuevo portero del Real Murcia" (en castelán). 24 de xuño de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  18. "El portero naronés Diego Rivas se incorpora al Lleida Esportiu". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  19. "El regreso de Diego Rivas" (en castelán). 1 de agosto de 2018. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  20. "La solidez del Racing atrás tiene un nombre: Diego Rivas". Diario de Ferrol (en castelán). 27 de outubro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]