Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles de turismo, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción.
O nome da empresa vén do latín, do verbo "rodar". O emblema, o círculo e a frecha, é o símbolo do deus grego Apolo, usado polos alquimistas para referirse ao aceiro co que se fabricaron os primeiros vehículos.
Son os organizadores da Volvo Ocean Race, a regata que dá a volta ao mundo mediante embarcacións de vela.