Cándido Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′15″N 8°11′49″O / 43.53763, -8.19703

Cándido Hermida

Sede de Cándido Herminda en Río do Pozo.
TipoSociedade Limitada
Fundación1984
LocalizaciónPolígono Río do Pozo, Avda. Bernardo Romero. parcela G.2 sector 3. 15578 Narón A Coruña Galicia Galicia
FundadorCándido Hermida
IndustriaMadeira
ProdutosMobles
Beneficio54 millóns de euros[1]
Número de empregados500[1]
editar datos en Wikidata ]

Cándido Hermida é unha empresa galega da madeira xurdida en 1984 en Valdoviño, actualmente ten a súa sede no Polígono industrial Río do Pozo, Narón.

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de carpintaría artesán. En 1991 a empresa comezou a traballar para Inditex. A empresa ten feito traballos para marcas como Guess, Loewe, Michael Korrs, Bimba y Lola, Mango ou a xoiaría Tiffany. A empresa fai mobles de deseño por encargo e mobiliario para iates.

Historia[editar | editar a fonte]

Cándido Hermida, nado en 1939 en Ferreira (San Sadurniño). Traballou de labrego ata os 17 anos que marchou a Ferrol onde traballou de carpinteiro ata que pechou a empresa, tiña entón 45 anos. Aos 15 días fíxose autónomo e comezou a traballar de contratista en obras. En 1991 Inditex fíxolle un pedido de mostradores para as tendas. No primeiro ano traballando para Inditex venderon 80 millóns de pesetas. En 2017 a empresa vende 58 millóns de euros, e con Inditex entre 31 e 32.[2]

A empresa ten certificacións ISO 9001, ISO 14001, OHSAS 18001 e FSC.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O grupo Cándido Hermida está formado por[3]:

  • Induca, carpintaría e ebanistería
  • Juca, construción
  • Inmega, carpintaría metálica
  • Innaval, sector naval
  • Loira, instalacións comerciais

Principais traballos[editar | editar a fonte]

Cándido Hermida en Loira, Valdoviño.
  • Tendas para Carolina Herrera, Michael Kors, Purificación García, Bimba y Lola.
  • Habitacións das cadeas de hoteis Westin, AC e Intercontinental.[4]
  • Mobiliario das principais tendas de Inditex.
  • 10 vagóns do AVE á Meca para a familia real saudita.
  • Salóns do transatlántico Harmony of the Seas.
  • Mobiliario para iates de luxo do estaleiro Sunseeker.
  • Museo Nacional de Qatar, en Doha.
  • Al Noor Island, complexo turístico en Sharjah (Emiratos Árabes).

Accidente laboral[editar | editar a fonte]

En 2016 morreu un traballador da empresa Castiñeira de la Fuente ao caer dende o tellado da nave de Cándido Hermida, en Loira cando estaba a realizar tarefas de mantemento.[5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Insignia de ouro da patronal Iniciativa Empresarial do Noroeste (IEN), 2016.[7]

Notas[editar | editar a fonte]