OHSAS 18001 (en inglés: Occupational Health and Safety Assessment Series) é unha normativa internacional sobre seguridade dos traballadores e un sistema de xestión da seguridade laboral.
No ano 2013, había 40 versións internacionais de OHSAS 18001 adoptadas por diferentes países e preto de 90.000 certificados en todo o mundo, emitidos en 127 países.[1]
En outubro de 2013, ISO aprobou a proposta para desenvolver a norma ISO 45001, similar ás normas OHSAS 18001.[2] O inicio desta norma está a ter en conta OHSAS 18001 e outras normas.[3]