Loewe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loewe
TipoSociedade Anónima
Fundación1846
MatrizLVMH
LocalizaciónPalacio de Miraflores, Carrera San Jerónimo 15 28014 Madrid España España
FundadorEnrique Loewe Roessberg
Persoas claveEnrique Loewe Lynch (presidente de honra)
Stuart Vevers (Director)
Pascal Lepoivre (conselleiro delegado)
IndustriaTéxtil, coiro
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio61,3 millóns de € (2012)
Número de empregados1.100 (2012)[1]
Na rede
http://loewe.com, http://www.perfumesloewe.com e https://www.loewe.com/
Facebook: LOEWE Twitter: LoeweOfficial Instagram: loewe LinkedIn: loewe Youtube: UCIkFEXV_zvjOlmOcKEHW_hg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Loewe ([lo'eβe]) é unha marca de roupa, coiro e complementos de luxo fundada en 1846 en Madrid polo artesán Enrique Loewe Roessberg orixinario de Kassel, actualmente é propiedade do grupo francés LVMH (Louis Vuitton Moët Hennessy).

Historia[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa do concello de Madrid en recoñecemento á marca.
Loewe Hong Kong

Loewe naceu en 1846 nun obradoiro de marroquinería situado na rúa Lobo (posteriormente rúa Echegaray), no centro de Madrid. En 1872 o artesán alemán Enrique Loewe Roessberg chegou a Madrid e asociouse co taller, e comezou a traballar alí. En 1892 Loewe instalouse na rúa Príncipe de Madrid, acadando gran sona. En 1905 o rei Afonso XIII deulle o título de provedor da Casa Real. En 1910 abriu tenda en Barcelona.

En 1945 o deseñador Pérez de Rozas creou modelos de bolsos en boxcalf, que pronto pasaron a ser os grandes clásicos da marca. En 1959 Loewe inaugurou unha tenda na rúa Serrano de Madrid, que modificou por completo a imaxe dos establecementos de artigos de luxo. En 1963 empezou a expansión internacional de Loewe, que abriu tenda en Londres.

En 1980 entrou no accionariado da empresa o grupo Rumasa, mercando accións a herdeiros de Loewe de Barcelona, debido ás diferenzas entre a familia de Barcelona e a de Madrid, que controlaban entre ambas o 51 % da empresa. Rumasa mercou entre un 25 % ou 30 % ata acadar a maioría do accionariado por sucesivas mercas de accións. Cando Rumasa foi expropiada tiña o 66 % da empresa polo que pasou a estar controlada polo Estado Español[2]. En 1996, coincidindo cos 150 anos da marca, foi mercada por LVMH.

O 14 de marzo de 2012 saíu unha polémica campaña da colección "Oro" con Luis Venegas como director creativo e como protagonistas presuntos mozos "modernos" fillos de coñecidos.

Tendas[editar | editar a fonte]

Loewe ten 29 tendas propias en España, dez establecementos para home e sete de muller. A nivel internacional ten 125 tendas propias e 50 puntos de venda en aeroportos e outro cento de tendas multimarca[3].

En 2012 pechou a súa tenda na Coruña, a única que tiña en Galiza, trasladándose a unha pequena tenda en El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal. A principios de 2018 pechou definitivamente.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Loewe pierde a su director creativo, Stuart Vevers, que ficha por Coach moda.es
  2. "La familia fundadora quiere recuperar Loewe", artigo de Pilar Bonet en El País, 8 de maio de 1983 (en castelán).
  3. Loewe, artigo en La historia de la publicidad (en castelán).
  4. "Cuatro Caminos espera recambio para los tres locales cerrados", artigo en La Voz de Galicia, 13 de febreiro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]