Saltar ao contido

Carolina Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarolina Herrera

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Carolina Josefina Pacanins Niño Editar o valor en Wikidata
8 de xaneiro de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoModa e Deseño de moda Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador de moda, empresaria Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloQ6001109 Traducir (sen valor–1992) Editar o valor en Wikidata
PaiGuillermo Pacanins Acevedo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLatinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webcarolinaherrera.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1916268 Facebook: CarolinaHerreraNY Twitter: HouseofHerrera Instagram: carolinaherrera Pinterest: cherrerany Musicbrainz: f1dd0c22-4a25-4826-ac1c-1450caa011cd Editar o valor en Wikidata

María Carolina Josefina Pacanins y Niño,[1] nada en Caracas o 8 de xaneiro de 1939,[2] é unha deseñadora de moda venezolana[3] coñecida como Carolina Herrera, célebre polos seu "estilo persoal excepcional",[4] e por vestir varias Primeiras damas dos Estados Unidos, incluídas Jacqueline Onassis, Laura Bush e Michelle Obama.[5][6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Herrera naceu en 1939 en Caracas,[2] filla de Guillermo Pacanins Acevedo, oficial da forza aérea venezolana e antigo gobernador de Caracas,[7] e de María Cristina Niño Passios.[8] A súa avoa, da jet set, introduciuna no mundo da moda, levando a Carolina a mostras de Balenciaga e comprándolle roupa en Lanvin e Dior. Ela mesma dixo que "o meu ollo estaba afeito a ver cousas belas".[9]

Herrera en 2008

En 1965, Herrera comezou a súa carreira traballando como publicista para Emilio Pucci, marqués florentino e amigo achegado da súa familia. Comezou a traballar na tenda de Pucci en Caracas e mudouse a Nova York en 1980.[10] Asociada con frecuencia con Mick e Bianca Jagger e Andy Warhol, en Studio 54, fíxose moi coñecida polo seu dramático estilo. Apareceu por primeira vez na International Best Dressed List en 1972, e foi escollida para o seu salón da fama en 1980.[9] En 1981, a súa amiga Diana Vreeland, editora xefa de Vogue suxeriu que Carolina deseñase unha liña de roupa. Ela fíxoo, con mostras feitas en Caracas, e estreou a súa colección no Metropolitan Club de Manhattan con éxito de crítica.[11] Unha coñecida tenda de Park Avenue, Martha's, aceptou mostrar a súa roupa nos seus prominentes escaparates. Tralo éxito inicial volveu a Caracas e logrou capital para financiar un lanzamento máis formal. A súa primeira mostra de 1980 incluía a que sería supermodelo Iman.[9] Carolina Herrera presentaba a súa colección de roupa lista para levar semianualmente na Mercedes-Benz Fashion Week de Nova York.[12][13]

A empresa tivo a súa sede en Nova York dende 1980, e en 1981 a marca recibiu recoñecemento de varias publicacións clave, como Women's Wear Daily e Tatler, cunha atención particular ás súas ben deseñadas mangas. Algunhas das súas clientes máis destacadas estiveron Jacqueline Kennedy Onassis, que lle pediu que deseñase o vestido para a voda da súa filla Caroline, Diana, Duquesa de Cadaval, que lle encargou o deseño para a súa voda co príncipe Charles-Philippe de Orléans, duque de Anjou,[14] e a actriz Renée Zellweger.[9]

A finais da década de 1980, a compañía española de perfumes Puig licenciou o nome Carolina Herrera para desenvolver e vender unha liña de perfumes. En 1995, a empresa adquiriu o negocio de moda de Carolina Herrera, manténdoa como directora creativa.[15] En 2008, lanzaron unha marca de roupa lista para levar chamada CH Carolina Herrera; en 2012, había dezaoito tendas de Carolina Herrera e CH Carolina Herrera no mundo, e as súas liñas de roupa vendíanse en 280 tendas de 104 países.[16] En 2011, as súas fillas Carolina Jr. e Patricia Lansing participaban na dirección creativo e no deseño.[17] En febreiro de 2016, WWD informou de que a parte do negocio dedicado ás fragrancias tiñan máis de 25 000 puntos de venda en todo o mundo, mentres que a marca CH incluía 129 tendas independentes.[18]

En 2015, estreouse o primeiro anuncio da marca, coas modelos Elisabeth Erm e Joséphine Le Tutour.[19] En xullo de 2016, Herrera anunciou a estrea da súa nova fragrancia feminina, que estivo dispoñible en setembro, e que foi o seu maior lanzamento dunha fragrancia en catorce anos. A esencia chámase Good Girl e Karlie Kloss foi o seu rostro.[20]

En 2018, Herrera mostrou a súa última liña para a súa marca e cedeu a dirección creativa a Wes Gordon.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1957, aos dezaoito anos, Herrera casou con Guillermo Behrens Tello, terratenente venezolano.[21] Antes do seu divorcio en 1964, tiveron dúas fillas:[22]

  • Mercedes Behrens-Pacanins.[23]
  • Ana Luisa Behrens-Pacanins, que casou co investidor Luis Paraud-Carpena, fillo de Fernando Paraud de Madrid, en 1989.[24]

En 1968, casou en Caracas con Reinaldo Herrera Guevara, que herdara o título español de 5.º Marqués de Torre Casa en 1962 trala morte do seu pai.[25][26][27] Herrera era o presentador de Buenos Días, programa informativo matinal venezolano e o fillo máis vello de Don Reinaldo Herrera Uslar, 4.º Marqués de Torre Casa, destacado dono dunha plantación venezolana de cana de azucre, aristócrata e coleccionista de arte.[26] Así, polo seu matrimonio, Carolina tivo o título de Marquesa consorte de Torre Casa, ata que foi retirado en 1992 por non ter Reinaldo ningún fillo varón.[28] O seu marido é editor de proxectos especiais da revista Vanity Fair.[8] Xuntos tiveron dúas fillas, they have two daughters,[9] Carolina Adriana Herrera-Pacanins (nada en 1969), que casou con Miguel Baez.[29] e Patricia Cristina Herrera-Pacanins, que casou con Gerrit Livingston Lansing Jr., fillo de Suydam Rosengarten Lansing e Gerrit Livingston Lansing Sr. (descendente de Robert Livingston),[30] in 2002.[31][32][33]

En 2009, Herrera nacionalizouse estadounidense.[3]

  1. "Vogue Espana Biography of Carolina Herrera". 
  2. 2,0 2,1 "La Vanguardia Ediciones Newspaper, Jan. 22, 2013 – Subject Page – Carolina Herrera". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Leader, Romney (25 de setembro de 2009). "Carolina Herrera Makes It Official". Style.com. Consultado o 6 de febreiro 2011. 
  4. "Vanity Fair". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  5. Morris, Bernadine (4 de xaneiro de 1994). "For Carolina Herrera, Tranquillity Amid Success". The New York Times. 
  6. Tuck, Lauren (20 de xaneiro de 2017). "Melania Trump Helped Hervé Pierre Design Her Inaugural Ball Gown". Consultado o 20 de xaneiro de 2017. 
  7. "Ana L. Behrens-Pacanins Is Married To Luis Paraud-Carpena, Developer". The New York Times. 14 de outubro de 1989. 
  8. 8,0 8,1 "Reinaldo Herrera Weds in Caracas". The New York Times. 21 de setembro de 1968.  Falta a |url= (Axuda)
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Kotur, Alexandra (2004). "Foreword by Hamish Bowles". Carolina Herrera: Portrait of a Fashion Icon. Assouline. pp. 8–13. 
  10. "Carolina Herrera | #BoF500 | The Business of Fashion". The Business of Fashion. Consultado o 25 de febreiro de 2016. 
  11. "Carolina Herrera Corporate Website". Carolina Herrera. Carolina Herrera. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. 
  12. Bauknecht, Sara (5 de febreiro de 2013). "Pittsburgh Post-Gazette". 
  13. Avion, Pablo (9 de xaneiro de 2014). "New York Fashion Week Live". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2014. 
  14. Silva, Cândida Santos (19 de agosto de 2010). "Diana de Cadaval: "Gosto que me chamem princesa"". Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  15. "Puig, a Spanish fashion empire that started with a lipstick". Modaes. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 26 de abril de 2012. 
  16. Taylor, Felicia (14 de marzo de 2012). "How Carolina Herrera turned being chic into big business". CNN. 
  17. Chang, Bee-Shyuan (6 de maio de 2011). "With Pops of Color". The New York Times. 
  18. Foley, Bridget (10 de febreiro de 2016). "Carolina Herrera’s Quiet Path to Power". WWD. Consultado o 3 de maio de 2016. 
  19. "Carolina Herrera confie sa dernière campagne à Willy Vanderperre". ladepeche.fr (en francés). La Dépêche du Midi. 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de abril de 2015. 
  20. "Carolina Herrera’s ‘Good Girl’ Scent Aims to Make a Mark". WWD. 12 de xullo de 2014. 
  21. Latinas in the United States: A Historical Encyclopaedia, Volume 1, pages 325-326
  22. Shapiro, Harriet (3 de maio de 1982). "From Venezuela to Seventh Avenue, Carolina Herrera's Fashions Cast a Long Shadow". People. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2011. 
  23. "Carolina Herrera Hosts Second Annual Fundraising Event for the FundaHigado America Foundation". World Red Eye. 10 de abril de 2017. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  24. "Ana Behrens-Pacanins Is Married To Luis Paraud-Carpena, Developer". The New York Times. 14 de outubro de 1989. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. 
  25. "Gobierno De Espana, Agencia Estatal Boletin Oficial del Estado – Order 3742" (PDF). 1 de febreiro de 1975. 
  26. 26,0 26,1 "Maria Herrera-Uslar; Society Figure Was 78". The New York Times. 28 de decembro de 1992. 
  27. Philby, Charlotte (6 de marzo de 2010). "My Secret Life: Carolina Herrera, fashion designer, 71". The Independent (Londres). 
  28. "Gobierno De Espana, Agencia Estatal Boletin Oficial del Estado – Order 26340" (PDF). 16 de marzo de 1992. 
  29. Abramovitch, Ingrid (14 de setembro de 2012). "Spanish Influence: Carolina Herrera Baez at Home". ELLE Decor. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  30. "LANSING--Gerrit Livingston". The New York Times. 31 de xullo de 2010. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  31. "WEDDINGS/CELEBRATIONS; Patricia Herrera, Gerrit Lansing Jr.". The New York Times. 24 de novembro de 2002. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  32. Chang, Bee-Shyuan (6 de maio de 2011). "What a Carolina Herrera Daughter and Consultant Is Wearing". The New York Times. Consultado o 11 de maio de 2019. 
  33. Keltner de Valle, Jane (22 de abril 2019). "Designer Patrick McGrath Brings New Life to Patricia Herrera Lansing's New York City Home". Architectural Digest (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]