Saltar ao contido

Cristóbal Gabarrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristóbal Gabarrón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Mula, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX980119

Cristóbal Gabarrón, nado en Mula, Murcia, o 25 de abril de 1945, é un artista recoñecido internacionalmente como creador de arte pública, pintura, escultura ou montaxes monumentais.  

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade Mula (Murcia) no ano 1945, aínda que con seis anos de idade xa se trasladou coa súa familia a vivir a Valladolid. Dedicouse á pintura desde moi novo realizando as súas primeiras exposicións, na Galería Castela de Valladolid e na Galería Macarrón de Madrid.

A súa obra evolucionou desde a figuración cara ao informalismo, até a abstracción “simbólica” e “postmoderna”. En 1967, con tan só 22 anos, Gabarrón expuxo na Galería Leob de Nova York e na Galería Arts Perspective de París.

A súa obra estivo marcada pola súa experiencia vital, o humanismo e a súa personalidade nómade, que lle confiren un estilo único, moi persoal. Unha creación en continua experimentación e evolución con trazos procedentes das súas múltiples estancias e exposicións en diferentes lugares do mundo.

En Bueu, unha das súas residencias, no Centro Social do Mar, nas xornadas "Texto e Territorio" 2024

Na actualidade reside entre Bueu, na Ría de Pontevedra e Valladolid, aínda que continúa conectado ao seu lugar de orixe, a cidade de Mula.

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Recibiu a súa primeira formación artística en Valladolid antes de seguir a súa carreira en Francia, en Italia e Estados Unidos. O traballo de Gabarrón está centrado no seu interese polo humanismo, pola vida das persoas en harmonía coa súa contorna natural, pola súa convivencia en paz e o desenvolvemento dos valores humanos.

A súa colaboración con organizacións internacionais, como o Comité Olímpico Internacional ou as Nacións Unidas, deron lugar a un período moi frutífero que perdura na actualidade, tras a exposición de Universo de Luz (Enlightened Universe) inaugurado o 24 de outubro de 2015 no famoso Central Park de New York, polo secretario xeral da ONU, o Sr. Ban Ki-moon con motivo do 70 Aniversario da creación da Organización das Nacións Unidas e que cada ano percorre cidades de todo o mundo, para conmemorar o día da ONU e o dos Dereitos Humanos: Xenebra (2016), Ámsterdam (2017), Bruxelas (2018), Valladolid (2020), A Valeta (2022).

A súa obra foi de igual modo centro de análise dentro de retrospectivas como as dedicadas polo Chelsea Art Museum, o IVAM, o Museo de Arte Moderna de Gdansk, en Polonia, o Museo Nacional de Arte de China en Shanghái, ou o Museo Patio Herreriano de Arte Contemporánea Español, para analizar as súas creacións. En todas elas, críticos e historiadores da talla de Donald Kuspit, comisario e profesor da Universidade de Nova York, Kosme de Barañano, comisario e profesor da Universidade Miguel Hernández de Elx, ou Miguel Ángel Zalama, profesor da Universidade de Valladolid procederon a realizar coidadosas análises e estudos da súa traxectoria profesional de máis de 50 anos, recollidos na abundante bibliografía aparecida durante os últimos anos.

O centro de referencia da obra deste creador, atópase no Museo Cristóbal Gabarrón da cidade de Mula (Murcia), que permite realizar unha viaxe a través da súa vida artística analizando as diferentes facetas da súa creación pictórica e escultórica. Inaugurado en 2005 polos hoxe Reis de España, está xestionado pola Fundación Casa Pintada, constituída grazas a un acordo de colaboración entre o Concello de Mula e a Fundación Cristóbal Gabarrón.

Institucións dedicadas á difusión do seu traballo

[editar | editar a fonte]

Museo Cristóbal Gabarrón

[editar | editar a fonte]

O Museo Cristóbal Gabarrón é un espazo de coñecemento e difusión da obra de Cristóbal Gabarrón, así como da arte contemporánea. Inaugurado en 2005 polos hoxe Reis de España, está xestionado pola Fundación Casa Pintada, constituída grazas a un acordo de colaboración entre o Concello de Mula e a Fundación Cristóbal Gabarrón. A través dos espazos dedicados á exposición da súa colección permanente, os visitantes poden realizar unha viaxe pola vida artística de Gabarrón analizando as diferentes facetas da súa creación pictórica e escultórica. O museo conta ademais con tres espazos para a realización de exposicións temporais que serven como plataforma para a creación contemporánea. A programación do museo complétase con diferentes actividades, visitas guiadas, obradoiros infantís, programas educativos, conferencias, clases maxistrais e espazos dedicados ao estudo da arte contemporáneo.

A Fundación Gabarrón Carriage House Center for the Arts

[editar | editar a fonte]

En Carriage House Center for the Arts, un dos puntos de referencia de Nova York, A Fundación Gabarrón especialízase en exposicións de arte e varias actividades culturais. Carriage House Center for the Arts tamén serve de punto de encontro para as persoas, organizacións para promocionar o intercambio cultural por todo o mundo. Esta fundación sen ánimo de lucro estivo traballando moi estreitamente con diversas organizacións de América e Europa.

Museo Fundación Cristóbal Gabarrón

[editar | editar a fonte]

A Fundación Cristóbal Gabarrón tivo a súa orixe na cidade de Valladolid no ano 1992. Outorgou durante un lustro os Premios Internacionais da Fundación Cristóbal Gabarrón (FCG), no ámbito da arte. Os estatutos dicían:

"[...] coa intención de protexer, conservar e difundir a cultura a través das artes, as letras, a ciencia e a investigación [...]"

Nesta Fundación teñen cabida as manifestacións culturais desde a Prehistoria até os tempos presentes. A sede tivo o seu emprazamento como museo na rúa Rastrojo s/n, no barrio da Huerta del Rey. O edificio foi realizado polo equipo de arquitectos Juan Carlos Urdiain, Juan Llacer e José María Llanos. A cuberta de latón e cobre é obra do propio Gabarrón. O inmoble estaba dividido en zonas destinadas a exposicións, docencia, museo infantil e pinacoteca infantil. No exterior houbo un auditorio para cen persoas e un anfiteatro. O museo abriu as súas portas no ano 2003 e pechounas en setembro do 2015. A entidade financeira a que pertence puxo á venda o edificio. Todos os aveños e obras de arte foron trasladados á Fundación Casa Pintada de Mula.

Traxectoria artística

[editar | editar a fonte]
  • 1986. Obra Our Hope for Peace, concibida como un home en actitude de emprender o voo, destinada como emblema ao "Ano Internacional da Paz" pola WFUNA.
  • 1991. Gran achega artística co mural titulado Historia do Olimpismo para o recentemente inaugurado Estadio Olímpico de Béisbol do Llobregat de Hospitalet. Neste mural (de 100 metros de longo por 5 de ancho e realizado en pasta tépeda), están representadas máis de 100 persoas que simbolizan a evolución diacrónica do deporte.[1]
  • 1992. Foi creada a Fundación Cristóbal Gabarrón, con sede en Valladolid. Este ano fundouse tamén o MUGA (Museo Gabarrón), coa exposición no Palacio de Can Boixeres de Hospitalet de gran parte dos bosquexos do mural olímpico Historia do Olimpismo. En Sevilla e para a Expo’ 92 realizou o mural Encontro 92 que foi instalado na Praza de América co tema das tres culturas durante a época medieval, cristiá, musulmá e xudía. O mural ten un tamaño de preto de 700 metros cadrados.[2] Pola súa implicación en temas do deporte foi nomeado ”Artista do Deporte do Ano 1992” por The United States Sports Academy. Tamén este ano foi investido Doutor Honoris Causa polo Estado de Alabama.[3]
  • 1993. A United States Sports Academy encargou de Novo a Gabarrón unha obra relacionada co deporte para conmemorar o Centenario dos Xogos Olímpicos que coincidía coa celebración da XXVI Olimpíada na cidade de Atlanta (Xeorxia). A nova sede do Parlamento da Comunidade Europea en Bruxelas instalou as Doce Musas (un conxunto de 12 esculturas) que simbolizaban os Estados membros desta Comunidade.
  • 1996. Realizou o grupo escultórico-pictórico Atlanta Star an Olympic Forest, de 26 esculturas en forma de obeliscos triangulares que vistas desde o aire forman unha estrela de cinco puntas; están relacionadas coas olimpíadas modernas, desde a de Grecia en 1896 até Atlanta en 1996. Esta obra colocouse no Anel Olímpico da cidade de Atlanta.
  • 1997. Foi terminado e colocado no seu sitio o mural titulado A Tribute to the Spirit of Sport. Esta obra foi dedicada ao xogador de béisbol Jackie Robinson, celebrando o 50 aniversario do feito de ser o primeiro xogador negro en ingresar nas Grandes Ligas de Béisbol.
  • 1998. Para os Xogos Olímpicos de Inverno en Nagano (Xapón), realizou o cartel oficial, obra titulada Ski-Jumper in Flight, así como o cartel oficial da Copa do Mundo de Fútbol de París 98, Dancing with the Ball.[4]
  • 1999. Encargouse de deseñar e crear os símbolos e insignias dos Xogos Mundiais Universitarios de 1999. O máis importante foi a ilustración artística do veleiro Universiada’99 cuxo motivo se tomou como Logotipo Oficial e a maqueta de Talayot, monumento que representou a esa Universiada e que unha vez desenvolvido tomou a figura de cinco talayots de diferentes alturas que emerxen dunha lámina de auga. As dimensións son de 24 metros de alto por 14 de ancho. Outra obra de encarga neste ano foi o cartel oficial do Encontro contra a Droga, a cargo da Fundación Proxecto Home.
  • 2000. Para a Asemblea do Milenio na sede de Nacións Unidas encargóuselle a obra Amencer no Novo Milenio, que foi tomada para o cartel oficial.[5]
  • 2003. Realizou O Espírito dos Xogos Olímpicos, obra que foi seleccionada polo Comité Olímpico Norteamericano como imaxe representativa dos Xogos de Atenas 2004. Ese mesmo ano dedicouse á súa obra A Costa da Morte.
  • 2005. En Manhattan (Nova York) distribuíronse un total de once esculturas que representaban distintos personaxes da obra de Cervantes, con motivo da mostra "Homenaxe ao Quixote".

Obras de Gabarrón en Valladolid

[editar | editar a fonte]
  • 1997. Realizou por encargo a escultura chamada Porta de Valladolid, situada na prolongación do Paseo de Zorrilla. Trátase dun par de columnas de 10 metros de altura, pintadas con gran variedade de cores. En setembro traballou sobre o proxecto O Barrio da Cor, no popular barrio de España.[6] As fachadas das casas estaban moi deterioradas e degradadas e o escultor cambiou totalmente o seu aspecto pintándoas de cores.
Varandas xunto ao río Pisuerga.
  • 1998. En xullo realizou unhas varandas que poden verse no Paseo do Renacemento, separando o parque chamado Ribeira de Castela, á beira esquerda do río Pisuerga.
  • 1999. A Deputación encargoulle unha obra de gran formato para o Museo do Viño de Peñafiel. Neste ano encárgaselle realizar o mural para o Parque do Chopal de Medina del Campo. A obra está disposta ao longo dun muro de 220 m de lonxitude e finalízase en 2008. Tamén a el corresponde o resto do deseño do parque.
  • 2001. Encargouse dos traballos de restauración e rehabilitación da capela do Balneario das Salinas en Medina del Campo. No edificio realizou obras de pintura mural, esculturas, vidreiras. No lado esquerdo da capela as pinturas simbolizan as inquietudes demostradas no Cume do Milenio da ONU; no lado dereito están representados os males que azoutaron á humanidade desde tempos remotos. A obra tomou o nome dA Capela do Milenio.[7]

Realizou unha monumental escultura chamada Metamorfose adquirida pola Cortes de Castela e León para a decoración exterior da nova sede deste organismo en Valladolid.

Exposicións máis importantes a partir da súa estancia en Nova York

[editar | editar a fonte]
  • 1990. Palais de l’Europe de Estrasburgo.
  • 2005. Expuxo a obra Homenaxe ao Quixote en instalacións establecidas en distintos puntos de Nova York (Estados Unidos).
  • 2007. No Centro Cultural da Deputación de Ourense (España) con A Cor e as Formas, e Homenaxe ao Quixote na Casa de Córdoba de Miami (EE.UU).
  • 2008. Tributo a Don Quixote no Xardín Botánico de Miami Beach (EE. UU.) Os Silencios de Colón nos Xardíns do Casino de Estoril, Lisboa (Portugal).
  • 2009. En febreiro, exposición nas rúas de Valladolid (coa colaboración do Concello de Valladolid) coas estatuas que levan o nome de Torres da Alhambra, 16 pezas de fibra de vidro policromada. Sobre esta exposición o autor declarou:
V Centenario do Quixote. Centro Cultural Internacional Óscar Niemeyer de Asturias durante 2011.
«Pero mi familia y yo hemos querido que la exposición se presentara aquí, en nuestra ciudad», explicou onte Gabarrón.
  • 2011-2012. Niets menslijks is mij vreemd en Bélxica
  • 2020-2021. Gabarrón, un humanista da cor, no Museo Patio Herreriano de Valladolid.[8]

As pezas levan o nome de torre do Cadí, das Armas, da Vela, da Cativa, da Rápida, Bermejas, das Infantas, dos Picos, de Abu I Hayyai, da auga, da Xustiza, Comares, das Damas, do Sete Solos, Crebada e do Mihrab.

Premios e condecoracións

[editar | editar a fonte]

Son numerosos os premios, mencións e distincións. Destácanse aquí os máis importantes:

  • 1972. Premio Cidade de Murcia e o I Premio de Acuarela, en Valladolid.
  • 1993. Premio Importante recibido do diario La Opinión de Murcia, en recoñecemento a toda a súa carreira.
  • 1996. Premio das Artes 1996 que outorga o xornal El Norte de Castilla, recibido no mes de novembro. Trofeo Piñón de Ouro outorgado pola Casa de Valladolid en Madrid.
  • 1997. Gran Premio de Pintura da II Bienal de Encontros Mediterráneos, de Dubrovnik.
  • 2000. Premio Castela e León das Artes.
  • 2004. Premio Laurel de Cultura 2004, na XXXVI Edición dos Premios Fundación Loureiros de Murcia. Este premio dállo a Asociación da Prensa de Murcia.
  • 2006. Nomeamento como Académico pola Real Academia de Belas Artes de Santa María de Arrixaca.

Fundación Cristóbal Gabarrón e museo

[editar | editar a fonte]
Fundación Cristóbal Gabarrón

A Fundación Cristóbal Gabarrón tivo a súa orixe na cidade de Valladolid en 1992. Otorgou durante un lustro los Premios Internacionales de la Fundación Cristóbal Gabarrón (FCG), en el ámbito da arte. Os estatutos dicían:

[...] con la intención de proteger, conservar y difundir la cultura a través de las artes, las letras, la ciencia y la investigación [...]

Nesta Fundación teñen cabida as manifestacións culturais desde a Prehistoria até os tempos presentes. A sede tivo o seu emprazamento como museo na rúa Restrollo s/n, no barrio da Huerta do Rei. O edificio foi realizado polo equipo de arquitectos Juan Carlos Urdiain, Juan Llacer e José María LLanos. A cuberta de latón e cobre é obra do propio Gabarrón. O inmoble estaba dividido en zonas destinadas a exposicións, docencia, museo infantil e pinacoteca infantil. No exterior houbo un auditorio para cen persoas e un anfiteatro. O museo abriu as súas portas no ano 2003 e pechounas en setembro do 2015. A entidade financeira a que pertence puxo á venda o edificio. Todos os aveños e obras de arte foron trasladados á Fundación Casa Pintada de Mula.[10]

  1. "Cristóbal Gabarrón-Historia del Olimpismo - Región de Murcia Digital". web.archive.org. 2016-03-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2024-08-08. 
  2. "Cristóbal Gabarrón-Encuentro 92 - Región de Murcia Digital". web.archive.org. 2016-03-05. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2024-08-08. 
  3. O motivo de tal nomeamento foi “…pola súa contribución universal ao desenvolvemento plástico”
  4. "Wayback Machine". web.archive.org. 2011-11-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2011. Consultado o 2024-08-08. 
  5. "El poster del milenio de Naciones Unidas". Consultado o 31 de mayo de 2018. 
  6. "Barrio del Color. Valladolid" (en castelán). Consultado o 31 de mayo de 2018. 
  7. "Fundacioncasapintada.es :: Museo Cristóbal Gabarrón :: Mula (Murcia)". web.archive.org. 2007-10-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o 2024-08-08. 
  8. EV (2020-09-01). "Gabarrón Corp.". Elena Vozmediano (en castelán). Consultado o 2024-08-08. 
  9. "Exposicion - Gabarron atlantico Ronsel de saudade - Museo de Pontevedra - Museo". Museo de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-08-08. 
  10. "El edificio del antiguo Museo Gabarrón, a la venta por dos millones de euros". El Norte de Castilla (en castelán). 20 de septiembre de 2017. Consultado o 31 de mayo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andrés Ordax, Salvador. Personajes vallisoletanos. Cristóbal Gabarrón. Diversidad de expresiones plásticas. Diputación de Valladolid. ISBN 84-7852-203-4
  • Trapiello, Andrés. Experiencia plástica de Gabarrón. Valladolid, Miñón, 1977. Prólogo de Miguel Fernández-Braso.