Cricket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Partido de cricket

O cricket é un xogo de equipo que se xoga entre dous grupos de once xogadores cada un. Orixinouse, na súa forma moderna, en Inglaterra no século XVI e xa a fins do XVIII era o deporte nacional, e é popular principalmente nos países pertencentes á Commonwealth realizándose competicións internacionais a partir de mediados do XIX, formándose o International Cricket Council en 1909. Inspirouse no stoolball[Cómpre referencia], un xogo rural inglés e foi adoptado pola nobreza no século XVII.

Nalgúns países do sur de Asia, como a India, Paquistán, Bangladesh e Sri Lanka, o cricket é o deporte máis popular. Polo número de espectadores o cricket, en especial na forma test cricket, é o segundo deporte máis visto logo do fútbol

Dinámica do xogo[editar | editar a fonte]

Campo de cricket típico

Xógase nun campo de herba, de tamaño e forma variable pero o normal é que sexa oval e teña un diámetro de entre 137 e 150 metros, o seu perímetro coñécese como boundary (fronteira), claramente marcado habitualmente con pintura, cordas ou incluso conos nos partidos de afeccionados. Antes do partido comezar os dous capitáns lanzan unha moeda a cara ou cruz para decidir quen batea ou quen lanza primeiro. O capitán que gaña a cara ou cruz fai a súa decide segundo consideracións tácticas que teñen en conta o campo e o tempo que vai. A acción principal desenvólvese nunha área especialmente preparada do campo que xeralmente está no seu centro, denomínase pitch. A cada lado do pitch a vinte metros sitúanse os wickets que é cara onde debe tirar o lanzador e que defende un bateador. Un partido divídese en entradas (innings), nunha entrada, un equipo batea, mentres o outro lanza a bóla (bowling) e garda o campo (field). O equipo bateador é o que anota as carreiras. Os bateadores xogan por parellas, un nun extremo da cancha, dende onde se batea (striker end), e o outro dende onde se lanza a bóla. O bateador que se atopa nese momento no striker end debe batear a bóla o máis lonxe posible para que lles dea tempo, a ámbolos dous bateadores, correr ao outro extremo antes de que se devolva a bóla. O obxectivo último de cada equipo é eliminar os 10 wickets adversarios, ou se isto é imposible anotar máis carreiras que o seu rival.

Nos encontros profesionais hai 15 persoas no campo mentres se xoga o partido, dúas son os árbitros (umpire), que regulan toda a actividade no campo de xogo, o equipo que debe marcar os puntos dispón de dous xogadores, os bateadores, o que fai fronte ao lanzamento denomínase striker, os seus postos pódense intercambiar; o equipo contrario conta con once xogadores, un é o lanzador, outro o wicket-keeper e os outros nove son os xogadores de campo (fielders).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cricket