Don Bradman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Don Bradman
Don Bradman 1930.jpg
Nacemento27 de agosto de 1908
 Cootamundra
Falecemento25 de febreiro de 2001
 Kensington Park
Causapneumonía
NacionalidadeAustralia
Ocupaciónxogador de criquet
PremiosSport Australia Hall of Fame, Wisden Cricketer of the Year, Companion of the Order of Australia, Cavaleiro Celibatário e Medalha Australiana dos Desportos
editar datos en Wikidata ]

Sir Donald George Bradman, nado en Cootamundra (Nova Gales do Sur o 27 de agosto de 1908 e finado en Kensington Park (Australia Meridional) o 25 de febreiro de 2001, alcumado "The Don", foi un xogador de crícket australiano, recoñecido como un dos mellores bateadores de todos os tempos.[1] A media de bateo en Test de Bradman ao longo da súa carreira foi de 99,94 e foi citada como o maior logro dun deportista en calquera deporte.[2]

A historia de que o mozo Bradman practicaba só cun toro e un pau de golf forma parte do folclore australiano.[3] O meteórico ascenso de Bradman dende o crícket no bush ao equipo australiano de crícket Test só durou dous anos. Antes do seu 22 aniversario estableceu moitas marcas de bateo e converteuse no ídolo deportivo en Australia durante a gran depresión.

Durante a súa carreira de 20 anos, Bradman marcou a un nivel que o converteron, en palabras do capitán australiano Bill Woodfull, "un dos tres bateadores valiosos de Australia".[4] Un conxunto controvertido de tácticas, coñecido como Bodyline, foi concibido polo equipo inglés de crícket para frear estas marcas. Como capitán e administrador, Brad estivo comprometido co crícket de ataque e entretemento; levaba o público en récord de número. Porén, odiaba a adulación constante e isto afectaba a como se comportaba cos demais. O centro de atención das súas intervencións individuais tensou as relacións con algúns compañeiros, administradores e xornalistas, que o consideraban distante e receloso.[5] Despois dun obrigado receso durante a segunda guerra mundial, realizou unha volta espectacular, capitaneando un equipo australiano coñecido como "The Invincibles" nunha xira de récord por Inglaterra.

Home complexo, enormemente motivado, non dado a relacións persoais,[6] Bradman mantivo unha posición destacada no deporte, traballando como administrador, seleccionador e escritor nas tres décadas posteriores á súa retirada. Mesmo despois de manterse illado nos seus anos de decadencia, a súa opinión era sempre buscada, e a súa posición como icona nacional continuou a ser recoñecida. Case 50 anos despois da súa retirada como xogador, en 1997, o primeiro ministro de Australia John Howard nomeouno o "maior australiano vivo".[7] A imaxe de Bradman apareceu en selos e moedas, e abriuse un museo dedicado á súa vida mentres aínda vivía. No centenario do seu nacemento, o 27 de agosto de 2008, o Royal Australian Mint emitiu unha moeda conmemorativa de 5 dólares coa imaxe de Bradman.[8] En 2009, foi incluído postumamente no ICC Cricket Hall of Fame.

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Bradman coa súa esposa en 1938, preto de Maidenhead, Inglaterra

Bradman coñeceu a Jessie Martha Menzies en 1920 cando ela se hospedou coa familia Bradman para estar máis preto da escola en Bowral. A parella casou na igrexa anglicana de San Paulo en Burwood, o 30 de abril de 1932.[9] Tiveron un matrimonio impecable e sentíronse devotos o un do outro.[10]

Os Bradman viviron sempre na mesma modesta residencia de Holden Street, Kensington Park en Adelaida agás os tres primeiros anos da súa vida de casados.[11] Viviron traxedias persoais na crianza dos seus fillos: o primeiro faleceu de neno en 1936,[12] o segundo, John (nado en 1939) contraeu a polio,[13] e a súa filla, Shirley, nada en 1941, tivo parálise cerebral.[14] O apelido supuxo unha carga para John Bradman e cambiouno legalmente a Bradsen en 1972. Aínda que se dixo que se distanciara do seu pai, foi máis un caso dunha "parella habitando mundos diferentes" e mantiveron o contacto ao longo dos anos.[15]

O illamento de Bradman ao final da súa vida é en parte atribuíble aos problemas de saúde da súa esposa, particularmente despois da operación a corazón aberto á que foi sometida Jessie cando xa cumprira sesenta anos.[16] Lady Bradman faleceu de cancro en 1997 aos 88 anos.[17] Isto tivo un efecto desalentador en Bradman,[18] mais a relación co seu fillo mellorou ata o punto de que John decidiu volver ao apelido Bradman.[19][20] Dene a morte do seu pai, John Bradman converteuse no voceiro da familia e involucrouse na defensa do legado de Bradman en numerosas disputas.[21][22] A relación entre Bradman e a súa familia máis ampla é menos clara, aínda que nove meses despois do pasamento de Bradman, o seu sobriño Paul Bradman criticouno como un "snob" e un "ermitán" que esqueceu as súas conexións en Bowral e que non asistiu aos funerais da nai e do pai de Paul.[23]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Estatua de Bradman fóra do Adelaide Oval

O nome de Bradman converteuse no nome arquetípico para denotar a excelencia, tanto no crícket como noutros deportes. Cuñouse tamén o vocábulo Bradmanesque.[24][25][26] Steve Waugh describiu o xogador de crícket de Sri Lanka Muttiah Muralitharan como "o Don Bradman do lanzamento".[27]

Bradman foi obxecto de máis biografías que calquera outro australiano, despois de Ned Kelly.[28] O propio Bradman escribiu catro libros, Don Bradman's Book–The Story of My Cricketing Life with Hints on Batting, Bowling and Fielding (1930), My Cricketing Life (1938), Farewell to Cricket (1950) e The Art of Cricket (1958).[29] A historia da serie Bodyline foi contada nunha miniserie de televisión (1984), con Gary Sweet interpretando a Bradman.[30]

En 2000, o goberno australiano declarou ilegal os nomes de empresas que suxerisen unha ligazón a "Sir Donald Bradman", se devandita relación non existe de feito.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sir Donald Bradman player profile". Cricinfo. Consultado o 18 de maio de 2008. Sir Donald Bradman of Australia was, beyond any argument, the greatest batsman who ever lived and the greatest cricketer of the 20th century. Only W. G. Grace, in the formative years of the game, even remotely matched his status as a player. 
  2. Hutchins, Brett (2002). Don Bradman: Challenging the Myth. Cambridge University Press. p. 21. ISBN 978-0-521-82384-5. 
  3. "Legislative Assembly of ACT". Hansard. 28 de febreiro de 2001. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  4. "The Sports Factor (transcript)". ABC Radio. 2 de marzo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2008. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  5. McGilvray (1986), páx. 20–23.
  6. Swanton, E. W. (2002). "A Personal Recollection". Wisden. Consultado o 3 de agosto de 2007. 
  7. "TRANSCRIPT OF THE PRIME MINISTER THE HON. JOHN HOWARD MP LAUNCH OF AUSTRALIA POST AUSTRALIAN LEGENDS STAMP SERIES SYDNEY CRICKET GROUND". Australian Government, Department of the Prime Minister and Cabinet. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  8. "The Don celebrated on commemorative $5 coin". Abc.net.au. 26 de agosto de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2010. 
  9. Page, Michael (1984). "Bradman Digital Library: Essay by Michael Page". Pan Macmillan Australia Pty Ltd. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2008. Consultado o 23 de maio de 2008. 
  10. Hutchins, Brett (23 de setembro de 2002). Don Bradman: Challenging the Myth (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521823845. 
  11. "The Bradman Trail". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  12. "Question: What were the difficulties faced in Sir Donald Bradmans life?". Bradman Museum. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2007. Consultado o 23 August 2008. 
  13. Baum, Greg (21 de outubro de 2004). "Just a few tears as Miller's tale celebrated". The Age (Melbourne). Consultado o 19 de maio de 2008. 
  14. "Death of Sir Donald Bradman". Parliament of New South Wales. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2008. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  15. Eason (2004), páx. 56.
  16. Williams (1996), páx. 271.
  17. "Bradman dies at 92". BBC Sport. 26 de febreiro de 2001. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  18. Gilmore, Heath; O'Rourke, Jim; Dasey, Daniel (12 de novembro de 2000). "I'm sorry Sir Don, it wasn't cricket; Bradman letters auction 'betrayal' brings apology to Australian icon". Herald Sun (Sydney). p. 3. 
  19. Duffy, Michael (8 de xaneiro de 2000). "The Don's son takes back family name; A Bradman Once Again". The Advertiser (Adelaide). p. 1. 
  20. Sir Donald Bradman: Living in the shadow of The Don's fame, Australian Story, ABC, 27 de xullo de 2015
  21. "Feeling pretty average? Slam down a Bradman". smh.com.au. 14 de outubro de 2005. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  22. "PM — Son warns of against Bradman worship". ABC. Consultado o 19 de maio de 2008. 
  23. Eason (2004), p 57.
  24. "Bradmanesque definition and meaning - Collins English Dictionary". www.collinsdictionary.com. 
  25. Guha, Ramachandra (30 de xuño de 2016). The Picador Book of Cricket. Pan Macmillan. ISBN 9781509841400 – vía Google Books. 
  26. "Market in Bradmanesque form". www.capitalmarket.co.in. 7 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  27. Perrin, Andrew (4 de outubro de 2004). "Asia's Heroes — Muttiah Muralitharan". Time. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  28. Eason (2004), páx. 184.
  29. "Obituaries – Sir Donald Bradman". The Telegraph (Telegraph Media Group). 27 de febreiro de 2001. Consultado o 5 de agosto de 2014. 
  30. Crook, Frank (8 de febreiro de 2008). "Real life drama on TV". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2008. 
  31. "Corporations Amendment Regulations 2000 (No 8)". Corporations Regulations 2001. Consultado o 17 de xuño de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]