W. G. Grace
W. G. Grace | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xullo de 1848 |
Lugar de nacemento | Downend |
Falecemento | 23 de outubro de 1915 |
Lugar de falecemento | Mottingham |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Beckenham Crematorium and Cemetery |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Bristol Medical School |
Ocupación | xogador de criquet e médico |
Fillos | W. G. Grace, Jr. e Charles Grace |
Irmáns | Fred Grace, E. M. Grace e Henry Grace |
Premios | Wisden Cricketer of the Year |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
William Gilbert Grace, nado en Downend o 18 de xullo de 1848 e finado en Mottingham (Londres) o 23 de outubro de 1915, foi un xogador de crícket inglés, importante no desenvolvemento do deporte e considerado un dos mellores xogadores da historia. Coñecido como "W. G.", xogou ao crícket de primeira clase durante un récord de 44 temporadas, entre 1865 e 1908, durante as que foi o capitán da selección de Inglaterra, o Gloucestershire, o Gentlemen, Marylebone Cricket Club (MCC), o United South of England Eleven (USEE) e outros máis.
As innovacións técnicas e a enorme influencia de Grace deixou un legado duradeiro. Destacado all-rounder, mellorou as habilidades esenciais en todos os aspectos do deporte, mais sobre todo é recoñecido polo bateo. Considérase que inventou o bateo moderno.
Grace procedía dunha familia do crícket, E. M. Grace foi un dos seus irmáns máis vellos e Fred Grace o seu irmán máis novo. En 1880, eran membros do mesmo equipo inglés, primeira vez en que tres irmáns xogaron xuntos en Test crícket. Grace practicou outros deportes, foi campión de 440 iardas obstáculos de novo e xogou ao fútbol cos Wanderers posteriormente. Máis adiante na súa vida, foi entusiasta do golf, dos birlos e do curling.
Licenciouse como médico en 1879. A causa da súa profesión, foi oficialmente un xogador de crícket afeccionado, mais dise que logrou máis cartos coa súa actividade no crícket que calquera xogador profesional. Era un xogador extremadamente competitivo e aínda que era unha das persoas máis famosas de Inglaterra, tamén foi moi controvertido polas súas tácticas deportivas e as súas ganancias.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
A pesar de vivir en Londres durante moitos anos, Grace nunca perdeu o seu acento de Gloucestershire.[1] Toda a súa vida, tanto no crícket como na medicina, é inseparable da súa orixe familiar que estaba fortemente influído polo seu pai Henry Grace, que daba grande importancia ás cualificacións e estaba determinado a triunfar.[2][3] Transmitiu a súa actitude a cada un dos seus cinco fillos.[2] Por iso, como o seu pai e os seus irmáns, Grace escolleu unha carreira profesional na medicina, aínda que a causa do seu compromiso co crícket non completou esta cualificación como médico ata 1879 cando tiña 31 anos.[4]
Grace casou o 9 de outubro de 1873 con Agnes Nicholls Day (1853–1930), filla do seu curmán William Day. Dúas semanas despois, comezaron a súa lúa de mel collendo un barco a Australia para a xira 1873-74 de Grace.[5] Regresaron da xira en maio de 1874 con Agnes embarazada de seis meses. O seu primeiro fillo William Gilbert júnior (1874–1905) naceu o 6 de xullo.[6] Os Grace mudáronse a Londres en febreiro de 1875, cando W. G. foi asignado ao St Bartholomew's Hospital.[7] O seu segundo fillo Henry Edgar (1876–1937) naceu en Londres en xullo de 1876.[8] No outono de 1877, a familia volveu a Gloucestershire, onde viviron con Henry, irmán de Grace, médico xeral.
Grace lidou con numerosas traxedias na súa vida, comezando coa morte do seu pai en decembro de 1871.[9] Tamén sufriu pola morte prematura do seu irmán máis novo Fred en 1880, só dúas semanas despois de que el, W. G. e E. M. xogaran nun Test por Inglaterra contra Australia.[10] En xullo de 1884, o rival de Grace A. N. Hornby deixou de xogar nun partido do Lancashire contra Gloucestershire en Old Trafford para que E. M. e W. G. puidesen volver á casa ao recibir un cable que informaba da morte de Mrs Martha Grace aos 72 anos.[10] A maior traxedia da vida de Grace foi a perda da súa querida filla Bessie en 1898, con vinte anos de febre tifoide.[11] Despois, en febreiro de 1905, o seu fillo máis vello W. G. júnior faleceu de apendicite aos trinta anos.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rae, p.1.
- ↑ 2,0 2,1 Rae, p.3.
- ↑ Rae mentions on page 3 that Dr Henry Grace's medical qualifications were Licenciate of the Society of Apothecaries (LSA) in 1828 and Membership of the Royal College of Surgeons (MRCS) in 1830.
- ↑ Midwinter, p.75.
- ↑ Midwinter, pp.39–40.
- ↑ Midwinter, p.54.
- ↑ "www.bartsguild.org". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 19 de abril de 2020.
- ↑ Midwinter, p.59.
- ↑ Midwinter, p.35.
- ↑ 10,0 10,1 Midwinter, p.86.
- ↑ Midwinter, p.127.
- ↑ Midwinter, p.140.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: W. G. Grace ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Altham, H. S. (1962). A History of Cricket, Volume 1 (to 1914). George Allen & Unwin.
- Arlott, John (1984). Arlott on Cricket. Collins. ISBN 0-563-16115-9.
- Barclays World of Cricket, 3rd edition (ed. E. W. Swanton), Willow Books, 1986. Article on W. G. Grace written by H. S. Altham
- Birley, Derek (1999). A Social History of English Cricket. Aurum. ISBN 1-85410-941-3.
- Bowen, Rowland (1970). Cricket: A History of its Growth and Development. Eyre & Spottiswoode.
- Darwin, Bernard (1934). W. G. Grace (Great Lives Series).
- Frith, David (1978). The Golden Age of Cricket. Lutterworth Press. ISBN 0-7188-7022-0.
- Gibson, Alan (1989). The Cricket Captains of England.
- Grace, W. G. (1891). Cricket. Ghost-written by W. Methven Brownlee. J. W. Arrowsmith.
- Grace, W. G. (1899). Cricketing Reminiscences and Personal Recollections. James Bowden. Ghost-written by Arthur Porritt.
- Harte, Chris (1993). A History of Australian Cricket. Andre Deutsch. ISBN 0-233-98825-4.
- James, C. L. R. (1963). Beyond A Boundary. Hutchinson. ISBN 0-8223-1383-9.
- Marylebone Cricket Club (1919). The Memorial Biography of Dr W. G. Grace. Londres: Constable.
- Major, John (2007). More Than a Game. HarperCollins. ISBN 978-0-00-718364-7.
- Midwinter, Eric (1981). W. G. Grace: His Life and Times. George Allen and Unwin. ISBN 978-0-04-796054-3.
- Playfair Cricket Annual: 1948 edition, Playfair Books Ltd
- Rae, Simon (1998). W. G. Grace: A Life. ISBN 978-0-571-17855-1.
- Webber, Roy (1958). The County Cricket Championship. Sportsman's Book Club.
- Webber, Roy (1951). The Playfair Book of Cricket Records. Playfair Books.
- Wisden. Wisden Cricketers' Almanack. Londres: John Wisden & Co. Ltd. ISBN 0-356-10239-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manchester Guardian – obituary
- Wisden Cricketers' Almanack – memorial tribute (1916)
- Wisden Cricketers' Almanack – W. G. Grace centenary
- CricInfo – Bearded Giant by E. W. Swanton, 18 de xullo de 1998
- CricInfo – "Amazing Grace" by David Frith, 2 Aug 2010
- Oxford Dictionary of National Biography, 2004 – W. G. Grace
- Mark Steel Lecture on W. G. First Broadcast 16 April 1999
- BBC Radio 4 Great Lives on W. G. Grace – listen online: http://www.bbc.co.uk/programmes/p00glw73