Estatólito (zooloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun estatocisto cun estatólito.

Nos invertebrados, especialmente nos acuáticos, os estatólitos son estruturas calcarias que se encontran dentro dos estatocistos, que son os órganos do equilibrio destes animais. como os bivalvos,[1] os cnidarios,[2] os equinodermos,[3] os cefalópodos[4] e os crustáceos.[5]

Función[editar | editar a fonte]

Estas pequenas estruturas, cando se moven por efecto da gravidade ou polo movemento propio do animal, pousan sobre o epitelio ciliado do estatocisto, o cal, mediante conexións nerviosas, manda a información ao centro elaborador das sensacións informando sobre a posición na que se encontra.[6]

O seu equivalente nos vertebrados son os otólitos, situados no oído interno, polo que neles fálase dun sistema estato-acústico.

O funcionamento dos estatólitos é moi elemental: cando o animal xira ou cando cambia a súa orientación, a forza gravitatoria actúa sobre o estatólito, que se despraza por gravidade e fai que toque e estimule algunhas células sensoriais das moitas que tapizan a superficie interna do estatocisto. Entón a célula estimulada produce unha resposta e así o animal mantense informado da súa posición e da súa orientación en relación á anterior.[6]

Os estatocistos están presentes principalmente en animais depredadores, nadadores libres e escavadores, pero non se encontra na maioría dos animais parasitos, nos moi pequenos, nos sésiles ou nos intersticiais.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morton, B. (2009): "Statocyst structure in the Anomalodesmata (Bivalvia)". Journal of Zoology 206: 23–34.
  2. Spangenberg, D. B. (1986): "Statolith formation in Cnidaria: effects of cadmium on Aurelia statoliths". Scanning Electron Microscopy (4): 1609–1618.
  3. Ehlers, U. (1997): "Ultrastructure of the statocysts in the apodous sea cucumber Leptosynapta inhaerens (Holothuroidea, Echinodermata)". Acta Zoologica 78: 61–68.
  4. Clarke, M. R. (2009): "The cephalopod statolithan—introduction to its form". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 58 (3): 701–712.
  5. Cohen, M. J. (1960): "The response patterns of single receptors in the crustacean statocyst". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 152 (946): 30–49.
  6. 6,0 6,1 6,2 Franciele Charro: "Estruturas sensoriais nos Invertebrados" en InfoEscola (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2003): Invertebrates. 2nd edition. Sunderland, Massachussetts, USA: Sinauer Associeates, Inc. ISBN 978-0-8789-3097-3.
  • Moore, J. (2006): A introduction to the invertebrates. 2nd edition. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-67406-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]