Saltar ao contido

Couso, A Estrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Couso
Igrexa de Santa María de Couso.
ConcelloA Estrada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′17″N 8°33′17″O / 42.75474461, -8.55478197
Área1,8 km²
Poboación228 hab. (2011)
Densidade126,67 hab./km²
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Couso é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 228 habitantes (121 mulleres e 107 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 254 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 196 persoas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Esténdese ao norte do concello da Estrada, a carón da estrada C-541 e remata na Ponte Vea, camiño da cidade de Santiago de Compostela. Forma parte do Camiño Real que chegaba pola beira esquerda do río Ulla dende Pontecesures por Bumio, e da ruta francesa do camiño de Santiago, que dende as terras de Cuntis se dirixía a Santiago de Compostela. Ten 1,8 km².

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A ponte románica de Pontevea sobre o río Ulla (antigo paso da estrada C-541), de seis arcos, está representada no escudo do concello da Estrada. Une A Estrada e o val de Vea con Santiago de Compostela. Ao seu lado construíuse unha nova ponte para dar facilidade ao tráfico até a vila, xa que a antiga só mide 2,5 m de ancho.

A Igrexa parroquial ten unha mestura de estilos arquitectónicos. Na parroquia hai dous cruceiros con figura, un en Sequeiró e outro en Maíndo.

A Casa forte de Maíndo (século XVI), foi residencia do Conde de Ximonde, Pedro de Cisneros. O Condado de Ximonde foi dono dunhas importantes pesqueiras de salmón. Atópase moi ben conservada, e na actualidade é propiedade da familia Lissarrague.

O couto salmoneiro de Couso, máis coñecido como Xirimbao, pertence ao río Ulla. Conta cunha pasarela peonil de arame (recentemente restaurada) que une os concellos de A Estrada e Teo e dende a que se pode observar todo o couto e unha gran parte da aldea de Maíndo.

Lendas e tradicións

[editar | editar a fonte]

Cóntase que nesta parroquia naceu en 1835 Pepa a Loba, figura lendaria do bandoleirismo galego do século XIX.

Os entroidos dos Xenerais do Ulla están documentados dende 1780, coa mascarada da parroquia de Oca, dos que falaba o escritor Alfredo Vicenti. Seguiu esa tradición a través dos tempos, agás no período da guerra civil española. Durante a segunda metade do século XX celebrouse un entroido conxunto de varias das parroquias do Val de Vea (Couso, Santa Cristina de Vea e San Xurxo de Vea), celebrándose na actualidade por separado.

En Couso celébrase anualmente, normalmente o 14 de agosto, desde 1995, a festa de música folk As nosas músicas. Tamén se celebra a festa do escalo o primeiro domingo de agosto. Na mesma organízase un concurso de pesca do mencionado peixe, así como a posterior degustación do mesmo e doutros produtos típicos da zona.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Couso

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Couso no concello da Estrada (Pontevedra)

Barco | O Castro | Couso | Fontenlo | Maíndo | Sequeiró | A Veiga

Parroquias da Estrada

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]